Cultura Islámica by Claudia López López

Mosaicos e xeometría
Os mosaicos islámicos son unha marabilla da xeometría, os cales, aínda empezando co círculo e o cadrado como base, a través dos séculos evolucionaron, e utilizaron recursos xeométricos complexos, adiantándose ao seu tempo, utilizando técnicas que non serían descubertas en occidente ata varios séculos despois, na década dos 70.

Considérase que, en lugar de facer representacións de Alá, facían referencia á perfección do seu deus. Os mosaicos partían dun círculo, considerada unha forma perfecta, e desprégase ao redor do centro.

A simetría case perfecta dos mosaicos islámicos é conseguida grazas a unha técnica coñecida actualmente como xeometría case-cristalina decagonal avanzada, a cal se descubriu 500 anos máis tarde observando a estrutura atómica dos case-cristais e o patrón de Penrose. Estes dous tratan de cubrir totalmente un plano sen deixar ocos e sen que se repita o patrón, e isto coa menor cantidade de figuras posibles. Os mosaicos islámicos utilizaban cinco figuras para facer isto: decágono, hexágono, pentágono, rombo e "lazo".

Isto demostra que os islámicos tiñan un coñecemento matemático moi avanzado e complexo.

Poesía
A poesía árabe é unha forma de literatura complexa, con moitas regras , estruturas e técnicas moi ríxidas, debido á riqueza da súa lingua.

Uns dos xéneros de poesía árabe máis comúns é a poesía que ten unha temática relacionada cos cumplidos, ou, como a coñeceríamos actualmente, poesía romántica.

Un dos textos de poesía romántica máis coñecidos é o texto de amor tráxico Layla e Majnun, similar a Romeo e Xulieta. De feito, a segunda inspirouse nunha versión en latín da primeira.

Un dos xéneros literarios máis curioso é a Maqama, o cal é unha mestura entre verso e prosa. Este tipo de literatura difumina a liña entre prosa e verso, creando unha especie de prosa con rima.

Tablas astronómicas
As tablas astronómicas eran compilacións de información celestial, e proporcionaban datos sobre a posición exacta de planetas, estrelas e otros corpos celestiais en certos momentos.

Un exemplo moi destacado é o Zij al-Sindhid. Escrito polo matemático e astrónomo Al-Juarismi, é o primeiro de moitos zijs árabes basado nos métodos astronómicos indios, coñecidos como Sindhind. Contenía datos sobre os planetas coñecidos, a Lúa e o Sol, e unha serie de tablas astronómicas para determinar as horas de oración e o momento de outros eventos relacionados co calendario.

Nestas tablas tamén había elementos trigonométricos.

Estas tablas actualizábanse ao largo do tempo regularmente a través de novas observacións e descubrimentos. Para actualizar estas tablas e ampliar os seus coñecementos, os astrónomos estaban sempre observando, e dec¡dicaaban moitísimo e tempo e recursos á observación.

Realizaban medicións precisas e as comparaban coas tablas xa existentes para correxir todo o que non era correcto nas próximas tablas.

Outra das formas na cal completaban os seus coñecementos sobre os astros era a colaboración con astrónomos estranxeiros para perfeccionar a comprensión dos corpos celestiais do ceo.

Medicamentos e botánica curativa
A farmacoloxía islámica centrábase moito no uso de herbas medicinales. Documentaron as propiedades das plantas medicinais, e realizaron moitos avances na identificación e clasificación destas.

Aparte da identificación das plantas, tamén realizaron avances en química para permitir a creación de medicamentos. Desarrolllaron técnicas de destilación e extracción para obtener os ingredientes necesarios das plantas, creando no proceso novos medicamentos.

Algunhas das plantas que utilizaban, xa sexa por separado ou combinadas para formar diferentes medicamentos con diferentes propósitos poden ser as seguintes:

Menta: a menta, ao ser refrescante e ter propiedades dixestivas era moi utilizada para aliviar dores de estómago e problemas respiratorios.

Hisopo: o hisopo fora moi mencionado en gran variedade de textos médicos. Era comúnmente utilizado para aliviar dificultades respiratorias, como tos ou un resfrido.

Almendra:  aparte de ser inxerida, tamen se aplicaba na pel para mellorar a saúde cutánea

Canela: apreciábanse as súas propiedades aromáticas. Médicamente utilizábase como estimulante e para tratar problemas dixestivos.

Espellos convexos
Os espellos convexos foron inventados polo matemático Ibn al-Haytham, o cal experimentou con espellos de formas poco convencionais para comprender as propiedades da reflexión e a refracción da luz.

O seu estudio trataba sobre a capacidade destes espellos para manipular o tamaño real do obxeto no reflexo. Esto influira no desarrollo de espellos convexos que logo serían utilizados en telescopios, microscopios e todo tipo de aparellos para mellorar a visión.

O método de investigación que Ibn al-Haytham utilizou nos seus estudos sobre a óptica é considerado o precursor do método científico utilizado actualmente para investigar