Reunión 4° Infantil 2020/21 by Rosa R.

O comezo na escola é un paso moi importante na vida do voso fillo ou filla. Propoñemos unha serie de pautas para que sexa máis doado.
Adoptade unha actitude de tranquilidade e confianza. Confiade no que vos di a mestra. A separación é dificil e os nenas e nenas perciben as vosas inseguridades.

Mantede unha actitude positiva e real cara o colexio. Comentade co voso fillo ou filla o que vai facer no colexio, os compañeiros e compañeiras que vai atopar, os materiais cos que vai traballar.

Escoitádeo/a cando di que non quere ir á colexio. Falade e atendede as súas razóns.

Dádelle importancia ás actividades cotiás que vos conte.

Ao deixalo/a no colexio, non o/a enganedes, aínda que estea chorando. Pórase máis ansioso/a se pensa que estades no patio ou trala porta esperando. Insistide que na saída estaredes esperando por el/a e marchade con tranquilidade.

Acostumádeo/a a recoller e deixar as cousas no seu sitio.

Mantede un bo horario de comidas e de descanso ao longo de todo o curso.

Debe deixar o chupete e controlar esfínteres. Traballádeo no verán.

Poñédeo en contacto con outros/as nenos/as. Ir ao parque é unha forma de que se acostume a estar con outros nenos e nenas.

Fomentade a súa autonomía. Hai que darlle pequenas responsabilidades na casa: recoller xoguetes, comer pola súa man, acostumarse a abrir botellas e pechalas....

Linguaxe
Debemos respectar o ritmo da nena ou neno cando se expresa; non interompelo/a nin anticipar a resposta aínda que tarde en contestar.

Non regañar a nena ou neno polos erros na súa fala nin facerlle repetir o que dixo mal.

O máis recomendable é responderlle repetindo as súas frases do modo correcto.

Cando falemos co neno ou nena debemos poñernos á súa altura e míralo aos ollos.

Intentar non dirixir sempre a linguaxe dos nenos e nenas, deixar que comecen a conversa ou tema do que imos falar.

Favorecer que se exprese con outras persoas e noutros lugares. Acostumalo/a a que escoite e sexa escoitado/a.

PUNTUALIDADE: Tanto nas entradas como nas saídas. A Educación Infantil non é unha etapa obrigatoria pero no momento no que se escolariza, o alumno/a pertence a un centro que ten unhas normas que debemos cumprir.

SAÚDE: Cando o neno ou nena estea enfermo, con febre non o traigades ao colexio.

ROUPA E CALZADO: Poñédelle roupa e calzado cómodo e facil de manexar para eles/as. Evitade cinturóns, tirantes e calzado con cordóns.

ALIMENTACIÓN: Seguide as instrucións da titora á hora das merendas. Non larpeiradas. Avisade das intolerancias alimentarias.

TITORÍA: Confiade na titora e seguide as súas indicacións. Queremos que o neno ou nena se atope seguro/a , tranquilo/a e confiado/a.

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Avda Álvaro Cunqueiro s/n 15688
Sigüeiro - Oroso - A Coruña
Teléfono: 881996180

Titora: Rosa Raviña Díaz
ravina@edu.xunta.gal

Calendario escolar
A Consellería de Educación non publicou ata o momento o calendario escolar do curso 2020/21 onde se indica o comezo do curso así como a duración do período de adaptación para os alumnos e alumnas que se incorporan por primeira vez ao centro. No curso anterior foi de 10 días lectivos dende a data de inicio das clases.

Incorporación ao colexio
A incorporación en setembro dos nenos e nenas en educación infantil levarase a cabo tendo en conta as indicacións e protocolos que lle indiquen as diferentes administracións educativas competentes en materia educativa. De momento non están establecidas as normas, coñecense as declaracións da ministra de Educación, Isabel Celaá do 30 de maio, que indican que vaise priorizar a educación presencial para o alumnado de infantil e primaria.

Mandilón
O mandilón que utilizaremos será de cadros verde pistacho cos botóns grandes e co nome bordado na parte dianteira en letras maiúsculas.

Comedor escolar
O Concello de Oroso informa de que o prazo para nova solicitude de prazas de comedor será a partir do 3 de agosto.

"Bos Días Cole"
Para o servizo de conciliación "Bos Días Cole" o prazo é para novas solicitudes a partir do 3 de agosto.