MOUCHAS B1 by Paula Lopez Blanco

Esquelete da historia
O galo Quirico quere ir á voda do tío Perico.

Polo camiño come un verme que está enriba dunha bosta, entón mancha o peteiro

O galo Quirico non pode ir co peteiro cheo de bosta á voda do tío Perico.

Polo camiño pídelle á herba que lle limpe o peteiro pero ao mentirlle sobre o verme, queda sen limpar.

Máis tarde atópase coa ovelliña e, o galo Quirico pídelle que se coma a herba, xa que non lle limpou o peteiro pero, ao mentirlle sobre o verme, a ovelliña non a come.

Logo atópase cun lobo, o galo Quirico pídelle que coma á ovella xa que esta non quixo comer a herba pero, ao mentirlle sobre o verme, o lobiño non a come.

A continuación, atopa un pau e Quirico pídelle que lle pegue ao lobo, xa que non quixo comer a ovella pero, ao mentirlle sobre o verme, o pau non lle pegou.

Cando Quirico ve lume no bosque, pídelle que queime o pau, xa que non quixo pegar ó lobo pero, ao mentirlle sobre o verme, o lume non o quemou.

Despois, atópase cun río e o galo Quirico pídelle que apague o lume, xa que non quixo queimar o pau, pero ao mentirlle sobre o verme, o río non o apagou.

Para terminar coas peticións, o galo Quirico pídelle a un burriño que beba auga do río, xa que non quixo apagar o lume pero, ao mentirlle sobre o verme, o burro non bebeu da auga.

Ao burro lle pareceu tan mal que o galo Quirico lle dixera unha mentira que lle remangou un couce.

O galo caeu por unha lameira e acabou no río, de alí saíu tan enlamado e mollado que non puido ir á voda, primeiro por larpeiro e despois por mentireiro.

Ideas para a adaptación
Na nosa versión o galo Quirico en lugar de atoparse cunha bosta e comer o verme de enriba, atópase co pastel da voda do tío Perico e come un gran trozo del. Por culpa disto, quédalle o peteiro manchado mais o galo non se dá conta.

No camiño á voda, atópase con moitos dos animais invitados (o lobo, a ovella, o burro, a raposa, o gato e a pata) que lle preguntan se sabe algo do pastel da voda, xa que apareceu  cun anaco comido. A todos eles contestoulles:

-Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contades. Voume que teño presa, vémonos alí!.

Estes enfadáronse co galo e chamáronlle mentiroso na cara, porque estaban vendo cos seus ollos o peteiro do galo Quirico cheo de restos do pastel.

Cando por fin chegou á voda, levou unha sorpresa cando non lle deixaron entrar. Esperando na porta da voda, apareceu o tío Perico e preguntoulle polo pastel e, o galo, volveu mentir. A voda celebrouse sen el.

Se o galo Quirico lle dixera a verdade e lle pedise perdón ao tío Perico, daríalle un voto de confianza e podería gozsf con todos pero, como mentíu ata o último momento, non foi así.

Coa mentira non se chega a ningún lado e é por iso polo que sempre temos que dicir a verdade , xa que “As mentiras teñen as patas moi curtas”.

O GALO QUIRICO

Conto adaptado(final)
Este conto que vos vou contar vai do galo máis festeiro de todo o galiñeiro. Éche o conto do galo Quirico que ía para a voda do tío Perico.

Chegouche o día da voda e o noso galo ergueuse moi cedo. Lavouse, arranxou as plumas... púxose como nunca se puxera! Todo elegante! Daba gusto velo! Pouco a pouco foise indo pola corredoira que levaba á casa do seu tío Perico.

Cando xa levaba un bo cacho andado atopouse de súpeto, co gran pastel da voda do tío Perico. Que delicia! Que apetitoso! E entón chegou a dúbida:

—Pico ou non pico? Se pico vai faltar un cachiño, e se van dar conta na voda do tío Perico. Pero se non pico, coa fame que teño non vou dar chegado á casa do tío Perico.

Despois de moitas dúbidas non puido resisti-la tentación e picou. Vaia se picou, que todo o peteiro emporcou! E claro, agora máis dúbidas:

—Que vou facer co peteiro como o teño? Así non podo chegar á casa do tío Perico.

A noticia do pastel chegara xa a tódolos invitados e mais ó tío Perico, polo que todos se preguntaban quen podería ser o que fixera tal cousa.

Todo preocupado, cheo de pena e co peteiro cheo de pastel, o galo Quirico foi indo ata que chegou a un prado e alí viu á señora Pata. Ó vela, o galo intentou pasar desapercibido, mais a señora Pata, que ía tamén de camiño á voda,  viuno e inmediatamente o parou:

—Enterácheste do que pasou co pastel da voda? Quen podería ser o que comeu o anaco que falta…

—Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contas!

—Tes o peteiro cheo de pastel, fuches ti mentireiro!

—Ti toleas! Voume que teño présa, vémonos alí!

O galo Quirico foise todo cheo de razón coma se con el non fose a cousa…

Seguiu o seu camiño e atopouse co señor Burro e, ao velo, o galo volveu intentar pasar desapercibido, mais o señor Burro, que ía tamén de camiño á voda,  viuno e inmediatamente o parou:

—Enterácheste do que pasou co pastel da voda? Quen podería ser o que comeu o anaco que falta…

—Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contas!

—Tes o peteiro cheo de pastel, fuches ti mentireiro!

—Ti toleas! Voume que teño présa, vémonos alí!

O galo Quirico marchou outra vez todo cheo de razón coma se con el non fose a cousa…

Na metade co camiño, atopouse co señor Gato e a señora Raposa e, tamén volveu intentar pasar desapercibido, mais o señor Gato e a señora Raposa, que ían tamén de camiño á voda,  víronno e inmediatamente o pararon:

—Enterácheste do que pasou co pastel da voda? Quen podería ser o que comeu o anaco que falta…

—Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contades!

—Tes o peteiro cheo de pastel, fuches ti mentireiro!

—Vos toleades! Voume que teño présa, vémonos alí!

E o galo Quirico volveu marchar todo cheo de razón coma se con el non fose a cousa…

Chegando á voda,  atopouse co señor Lobo e a señora Ovella e tamén volveu intentar pasar desapercibido, mais o señor Lobo e a señora Ovella, que ían tamén de camiño á voda,  víronno e inmediatamente o pararon:

—Enterácheste do que pasou co pastel da voda? Quen podería ser o que comeu o anaco que falta…

—Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contades!

—Tes o peteiro cheo de pastel, fuches ti mentireiro!

—Vos toleades! Voume que teño présa, vémonos alí!

Despois de todos os seus encontros e mentiras polo camiño, chegou á voda. Mentres esperaba na porta para poder entrar, apareceu o tío Perico:

—Sabes quen puido ser o que comeu un anaco do meu pastel?

—Eu? Eu que vou saber, non teño nin idea do que me contas!

—Fuches ti, agora por mentireiro non che vou deixar entrar á miña voda!

O galo Quirico volveu mentir, cando o seu tío sabía que fora el, xa que aínda tiña todo o peteiro cheo de pastel.

Se o galo Quirico lle dixese a verdade e lle pedise perdón ao tío Perico, este daríalle un voto de confianza e Quirico podería disfrutar con todos, mais como mentiu ata o último momento, non foi así.

Coa mentira non se chega a ningún lado e é por iso polo que sempre temos que dicir a verdade , xa que “As mentiras teñen as patas moi curtas”.

E aí vai o noso conto contado, onde o galo Quirico minte moito máis do que zampa.