Compartimos a nosa lingua by Carmen Ferreira

Punto Verde. A2. Iván Fernández González
Eu quería compartir uns versos de Lois Pereiro, poeta galego dos anos 80 e 90 clasificado dentro do xénero da poesía "punk".
Estes versos pertencen á súa obra póstuma "Poesía última de amor e enfermidade" (este poeta faleceu con 38 anos de idade debido ao SIDA e a unha infección por inxesta de aceite de colza). Coñecíno en 2º de bacharelato por mor da miña profesora de galego e esta obra serviume un pouco de autoaxuda, xa que no momento en que a lin acababa de sufrir a perda dun ser querido e nesta obra o autor reflexiona sobre a morte e a fugacidade da vida. Tamén paréceme unha mostra de como as grandes obras da literatura galega non se limitan só aos clásicos do rexurdimento, senon que tamén se segue a facer unha boa literatura no noso idioma nestas últimas décadas e actualmente.
Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
ç

Ledicia. B1. Lara Moreira Rojo
Quero compartir este video de youtube cunha canción que me trae moitos recordos da miña escola e infancia, e que todavía me gusta a día de hoxe. Esta foi unha canción que nos ensinaron os profesores de primaria e que tiñamos que cantar todo o colexio xuntos na celebración do Día das Letras Galegas. Paréceme unha canción fermosa e que amosa alegría e para mín significa a unión de todos os meus compañeiros nese día especial.

Cigarróns. A2. Arón Coto Méndez
Eu quero compartir con todos vós, probablemente a canción en galego que marcou a miña infancia. As aventuras de Dragon Ball Z!
Quen non lembra a cabeceira que cada tarde, ás 17.30 horas, mantiña pegados ás súas televisións a milleiros de rapaces galegos?
Recordo que no recreo do colexio, ao día seguinte de cada episodio, só falábamos diso. Se daquela existira Twitter, sería trending topic!
Unha pena que os nenos e nenas de hoxe en día, non poidan disfrutar do Xabarín Club, quedando na actualidade condenado a un ostracismo no que aínda segue inmerso.

Punto Verde. A2. Alejandro Cuende Sanz
Quería compartir con vós a celebración do samaín que se facía na miña escola e marcoume moito porque era un dos meus días preferidos do ano escolar.
Durante esta celebración, queimábase a castaña xigante mentres todos os nenos comían castañas nuns cucuruchos previamente feitos na aula con follas de periódicos.
Nesta celebración tamén facíamos actividades de xogos tradicionais como as canicas, a peonza ou as chapas.
Tamén se bailaba ao son da música autóctona galega e a verdade, que era un momento de moita alegría na comunidade educativa no que se conseguía que os nenos deixasen de xogar durante semanas ao fútbol ou ao baloncesto e os xogos principais fosen os anteriormente descritos.

Ledicia. A3. María Lema Paz
Guadi Galego, nada en Cedeira e namorada da súa terra e do salitre da mesma, é unha das artistas máis relevantes no escenario galego.
Esta valiosa muller é un gran defensora da súa lingua e da súa terra e afirma que a maneira que temos de salvar a nosa lingua é convertindo o galego na lingua vehicular nas escolas.
Insiste que é unha necesidade imperiosa para Galicia e que está nas máns das novas xeracións conseguir esta realidade.

Gustaríame compartir un anaquiño do seu concerto na aldea de “O Couto”. Este vídeo é unha parte da súa canción “Só con amor” pertencente ao seu albúm chamado “Costuras”, cuxo título quere transmitirnos que as costuras están cheas de remendos e con estes remendos ímos facendo cousas máis grandes, xa que non debemos esquecer que “A vida está chea desos remendos que se van cosendo”.

Sapoconchos. A3. Alejandro García Rodríguez
No día de hoxe teño a oportunidade de compartir con todos vós as experiencias e opinións dun dos, para mín, mellores escritores que a lingua e literatura galega puido ter na súa historia.
Unha das miñas obras preferidas da literatura galega e deste autor é "Memorias dun neno labrego", na que Neira Vilas reflicte a realidade social dun período moi complicado, especialmente para a poboación rural española e a galega en particular.
Esta obra ten como protagonista a un rapaz chamado  Balbino, que conta as súas vivencias en primeira
persoa, polo que nos ofrece unha visión inocente da dureza e as inxustizas que este sofre na súa aldea en tempos de posguerra.
Sen dúbida, podería dicir que é o autor que máis me inspirou para falar o galego e defender o seu uso, xa que non soamente era escritor, senón que tamén daba os seus discursos baseándose na defensa do idioma galego. Neira Vilas sempre se posicionou a favor do uso do galego, tal e como dixo: "actualmente é unha loita contra a ignorancia, o galego é outro idioma que podemos usar noutros países como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique..." "O galego ten o valor do uso, de maneira que terá valor e vixencia no futuro na medida no que o utilicemos".
En definitiva, invítovos a ver con detemento o vídeo que adxunto co comentario, pois cita cousas bastante interesantes para o progreso do galego no futuro, así como analiza o presente e o pasado no que ao seu uso se refire, mesturándoo co libro mencionado anteriormente.

Follas Novas. A3. Daniel Harrán Bustelo
Bo día a todos/as. Hoxe vou compartir con vós unha das cancións máis famosas da infancia de moitas persoas. Doraemon, a famosa serie xaponesa coa que os nosos pais e avós creceron xunto con outras series de televisión. Ademais, é unha das poucas series que seguen emitindo na galega actualmente e que fixo disfrutar a moitas persoas cos problemas de Nobita e os tolos inventos de Doraemon. Penso que esta serie pode impulsar o uso do galego dada a súa fama e éxito e a súa atracción cara os nenos máis novos, ao igual que fixo comigo. Convídovos a que a escoitedes e recuperar un pouco da nosa nenez!

As Arroutadas. B2. Natalia Pereira Fery
Hoxe quero compartir con vos unha canción do grupo Tanxugueiras, a quenes descubrín fai un ano e medio e que, aínda que sexa pouco, marcaronme moito.
É un grupo de folk galego integrado por Olaia Maneiro, Aida Tarrio e Sabela Maneiro. Creáronno no 2018 e dende ese ano a súa música non deixa de crecer e estenderse polo mundo.
Defínense como "mulleres fortes, valentes e empoderadas" buscan a reformulación da música galega mezclando a tradición con sons contemporáneos.
A través da súa música buscan revivir a música tradicional galega pero dándolle perspectiva de xénero e sempre transmitilo dende a súa lingua.
Estas tres mulleres están a facerse un oco no mundo da música moi rápido e tanto é así que foron as favoritas na enquisa anual de Eurovisión España, onde participan os eurofans españois, chamada "La elección interna 2022".
A súa canción Figa, que é a que adxunto, é a que causou tanto furor entre os eurofans e, como en toda a súa música, podemos observar o seu compromiso coa música tradicional e a nosa lingua.

As Bolechas. A1. Antía Barral Martínez
Eu quero compartir esta nota de voz do meu irmá pequeno recitando o poema: “O que nunca estivo lonxe” de Rosalía de Castro.
Este poema é importante para min porque cando marchei a estudar fora botaba de menos a miña casa. O meu irmá aprendeu na escola este poema e fixo un vídeo adicandomo. Fíxome moita ilusión que fora o seu primer poema aprendido xa que tamén foi o meu. Ademais, a letra do poema recordame moito a miña casa e iso amosame moita alegría, paz e tranquilidade.

A familia.B3.Raquel Rodríguez Rodríguez
Eu quería compartir con vos esta fotografía do entroido que facíamos na miña escola. Todos os compañeiros e compañeiras do meu curso nos  poñíamonos de acordo para ir disfrazados iguais e preparábamos nos mesmos , coa axuda dos pais e nais e de algún docente,os nosos disfraces.
Era a miña celebración favorita e estaba sempre desexando que chegase esa fecha.
O ano que máis me gustou foi en segundo de primaria xa que fomos disfrazados de peregrinos e fixemos os disfraces con bolsas de basura e cartulina.
Pasabamolo moi ben todos os anos pero ese en especial foi o mellor.

Hoxe eu queríavos compartir este cadro do pintor Fermín González Prieto quen foi criado en Viveiro.
Escollín esta imaxe porque reflicte o paisaxe galego o cal eu tanto admiro. Ademais, ten moita carga emocional  xa que grazas a este cadro sentinme un pouca máis no exterior cando nós estivemos en cuarentena no 2020.

Os galego-falantes. B2. Alba Redondo Quintana
A min gustaríame compartir esta canción que fala sobre a Terra galega. Xa sei que é moi típica e que todo o mundo que é galego a coñece case seguro, pero a min persoalmente transmíteme un montón. Sempre que a escoito recórdame aos meus avós e me emociono. Cando era pequena a soía cantar moito nas festas de pobo coa miña familia. É unha canción moi bonita e invítovos a ver o vídeo con todas esas fermosas paisaxes galegas. Seguro que vos transmite moitas cousas coma min.

Heroes sen aumento. B2. Pedro Roca Castelo
Quería compartir este video, o cal eu penso que non precisa de presentación xa que creo que todos vós o coñecedes de sobras.
Para min este é un dos videos "cómicos" máis fermosos do galego, xa que a pesar de empregarse para un anuncio, fai referencia a todo o que nos fai sentir tan orgullosos aos galegos.

As Arroutadas. B2. Paula Pombo Santos
Eu quería compartir esta canción da coñecida cantante galega Sés, xa que para min supuxo unha maior achega ao galego, neste caso no ámbito musical, posto que nunca amosei interese pola música galega ata que unha mestra nola amosou no instituto, e posteriormente nola deixaba escoitar un pouco todos os venres como "regalo". Penso que é unha referencia, xa que ensina o galego dunha forma máis "moderna", tamén con outras cancións que posúe que son bastante recoñecidas e dun estilo de música menos "lento", e que vai máis alá das cantigas ou cancións clásicas que xa coñecemos, contando así cunha letra moi especial adicada a todos os galegos e especialmente ás galegas, xa que fai unha síntese entre o difícil que pode chegar a ser ser unha muller galega pola situación que se vive dende hai anos, e ao mesmo tempo chamando a que valoremos o idioma tan único que posuímos, aínda que teñamos que seguir loitando e aturando moitas "tempestades de sal", como indica o título.

As Meninas. B1. Edurne Mota Bouzamayor
Boas! Eu quería compartir con todos vós esta lámina que elaborou miña tía fai trinta anos para conmemorar o Día das Letras Galegas en 1991. Nese ano, o concello de Narón realizou un concurso para seleccionar a ilustración que sería a que figuraría no cartel de promoción. Este foi o grabado ganador. A técnica que empregou foi o puntillismo, e, como se pode discernir, recolle os famosos versos do poema "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro, autor galego ao  que se lle dedicaba o día.

Durante anos vin esta ilustración colgada na casa da miña avoa, e sempre que pasaba diante dela, parábame un tempo a ler eses versos. Gustábame como soaban e transmitíanme calma e tenrura.

Convídovos a que leades esta composición, e espero que vos transmita sensacións semellantes ás que sentín eu.

Miriam Iglesias Romero. A3
Acórdome que na primaria sempre facíamos coma unha especie de karaoke onde os alumnos cantábamos varias cancións en galego por grupos, cousa que nos facía conectar co idioma dunha maneira divertida.

Os heroes sen aumento. B2. Carmen Río Goás
Comparto este video do cada día maís coñecido grupo galego Verto. Este grupo está formado por dous rapaces estudantes de mediciña en Santiago e teñen a totalidade das súas cancións en galego. Esta foi a primeira canción que coñecín deles, é unha canción moi rítmica cunha letra que fai retorica sobre os estereotipos e prexuízos que teñen o resto de españois sobre os galegos. Eu son galego falante dende sempre, na miña vila todo o mundo fala en galego e por eso a miudo relacionaba o galego ca vila, como se nono se puidera extrapolar a outras situacións.
A partir do coñecemento deste grupo dinme conta de que o galego está en todos lados, mesmo na música pop, e por iso temos que intentar incentivar o seu uso, para que siga medrando e chegue moi lonxe.

Ledicia. B1. Lucía Méndez Cernadas.
Eu quero compartir con vós un poema que escribín para un certame de poesía en galego que había no colexio en 2º da ESO.
A temática era: "o mes de Maio, as flores e María" Nunca pensei gañar o concurso, pero así foi. Dende ese día todos os anos participaba no certame de poesía galega.

Adxuntoo a continuación:
Que nos din os rumorosos, como escribía Pondal, cando chega o sol de maio da nosa María Nai?

Pois na costa e nas montañas, ata que brila o luar, as árbores e os paxaros cantan por vela chegar.

María chega nas flores, na auga fresca do mar, no sorriso dun pequeno e en cada paso que das.

A Virxe trae alegría para os que saben mirar. Nestes días sen abrazos, María tamén é a amiga a quen queres abrazar.

Espero que vos guste!

Ledicia. A3. Lucía Iglesias Martínez
Eu quero compartir esta fermosa canción titulada "Nai". Escrita por Sabela Ramil, unha concursante de OT 2018, a cal levou Galicia e ao Galego sempre por diante  durante todo o programa.
Cantou varias veces en galego, e conseguiu visibilizar o idioma a nivel nacional, ensinando a todos e todas o fermosa que é a nosa lingua. Sempre é sido moi fanática de OT, e síntome moi orgullosa de que o galego tivera tanta importancia no programa grazas a ela.
Nesta canción fala de Galicia, "a nosa nai", destacando toda a fermosura da nosa terra.

Pequenos Morriñentos do Galego. B3. Elena Sánchez García.
O último ano de Secundaria, a miña profesora de Lingua Galega e Literatura dérame un papel cuns versos que fixeron reflexionar moito en min. Gustaríame compartilos con todos vós, pois é unha lembranza moi especial que teño e, dende ese día, valorei positivamente a poesía:

"Hai unha voz sen verbas.
A que todos ouvimos no silencio."

Estos versos están escritos por Luz Pozo Garza, unha poetisa española que formou parte da Real Academia Galega.

A maiores, compártovos un cuadro que chámase "El carro de Heno", pintado por Constable. Entroume nun exame que tiven que facer en Bacharelato e sentínme moi cómoda ao comentar a imaxe, pois a via como unha paisaxe galega; máis familiar.

Sapoconcho.A2.Duna Fernández Joga
Quero compartir a versión desta canción galega. É unha canción que escoitaba moito co meu pai. Paréceme preciosa e faime sentir orgullosa de ser galega.

As bolechas. A1. Diana Almirón Miragaya
Boas, gustaríame compartir a derradeira parte do primeiro poema pertencente a unha colección de poemas soltos, titulada "A volta ó lar" e cuxa autora é Rosalía de Castro:
[...]"Deixá que imaxine auroras,
craridás que o luar minte.
Todo, na terra mimosa,
tan querida, tan fresca e tan fermosa,
en ti deixei ó te deixar, ¡coitado!
Da vida a primeira rosa
é o pracer máis cobizado.
E alá están cos meus padecerdes,
i as miñas esperanzas sempre vivas...
Deixame partir, mulleres,
cas ansias miñas cativas."

Empreguei este fermoso fragmento no concurso "Mail Art" que organizou fai un ano o meu instituto polo día de Rosalía de Castro, co cal tiven a sorte de obter o primeiro premio. Nesta actividade tivemos que facer un debuxo nunha postal e, pola parte posterior, incluir un poema breve ou parte dun poema de dita escritora. Eu decidín escoller este porque considerei que ambos, debuxo (que realicei baseándome nunha foto dunha paisaxe que saquei nunha viaxe que me marcou moito) e mensaxe do poema, dalgunha maneira, compenetrábanse á perfección, como se o un estivese feito para o outro.

Os galego-falantes. B2. Marcos Piñeiro Guillermo
Ola boas!
Quería compartir a canción usada como intro da serie Dragon Ball Kai. Considero que a calidade é moi boa e que se pode extraer unha mensaxe de esperanza para o futuro do galego: a nosa lingua non é inútil e nós, os falantes, temos recursos e somos capaces de producir contido de calidade para nos representar ante o mundo

As bolechas. A1. Loreto Abuelo Gutiérrez.
Quero compartir esta canción que é a que cantamos nunha actuación do colexio cando rematamos sexto de primaria.
Dame nostalxía ao pensar que xa deixamos esa etapa de ir ao cole atrás pero con ilusión de volver algún día como mestra.

LVAN. A2. Alba Folgueira Corral
Eu quero compartir con todos vós un traballo audiovisual, sobre Manuel María, que realizamos no meu instituto na materia de música. Recórdame moito á miña etapa no instituto, gravando este vídeo os meus compañeiros e mais eu pasámolo moi ben. Este é o poema Canto ao idioma meu, ao que nós lle puxemos música. Ademais, paréceme un poema que transmite moi ben os sentimentos da lingua galega, lingua da que moitos se senten avergonzados.
Canto ó idioma galego

Idioma meu, humilde, nidio, popular,
labrego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do pobo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sen mágoas nin tristuras.

Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a pobreza i o delito,
fala do emigrante e do maldito:
só resoas nos lares
das xentes populares.
¡Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
para erguer noso futuro
de pobo absoluto e verdadeiro!

Ledicia. A3. Natalia Gómez El Akhal
Eu quería lembrar as tardes de pequena na aldea dos meus avós xogando cos meus amigos a xogos populares galegos como "A pita cega" mentres cantabamos:
– Pita  cega, que perdiches?
–  Unha  agulla e un dedal.
–  Dá tres voltas ó redor
que xa os atoparás.
Unha, dúas e tres.
Como futura mestra creo que é moi importante ensinar aos nenos os xogos tradicionais de Galicia para que coñezan a súa cultura, xa que os xogos tamén forman parte do noso rico patrimonio cultural.

As bolboretas. A1. Clara Alonso Gayoso
Boas!
Eu queria compartir con todos vós esta versión do poema de Rosalia de Castro que chamase "Negra sombra" interpretada por Luz Casal e Carlos Nuñez.
Este poema, o cal marcou a miña infancia, tráeme moi bos recuerdos do meu profesor de galego no colexio, recordo que a cantabamos a todas horas. Agora cando acórdome dela dame moi nostalxía.
Anímovos a que a escoitedes se non a coñecedes.

Bolboretas. A2. Nuria Casas Rey
Eu quero compartir con todos vós un poema de Manuel María que coñecín en 4º da ESO. Para min, este poema representa en profundidade á terra galega dende o máis fermoso ( o mar ou a paisaxe ) ata o máis duro (labregos cargados de traballo). Este poema representa a Galicia, non só polas persoas que a conforman, se non tamén polo sentimento das súas romerías, os seus costumes, a súa natureza...

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente máis a fala.
Se buscas a galicia
en ti tes que atopala!"

As contacontos. B2 . Lucía Patiño Ledo
Hoxe gustaríame compartir con todos vós esta lamina que pertence ao coñecido escritor galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Estamos acostumadas a que na escola nos falen da obra literaria de Castelao, coñecemos moitas das súas composicións como: Os dous de sempre, Cousas, Retrincos... E moitas veces esquecemos a súa outra faceta artística que é a de pintor.
Decidín escoller este tema xa que no último ano comecei a interesarme moito pola pintura e tamén pola arquitectura e escultura grazas a miña profesora de Historia da Arte.

Bolboretas,A2,Nerea Castro Carro
Boas, a min gustaríame compartir esta foto que saquei cando fixen o Camiño de Santiago porque foi unha experiencia que lembro con moito agarimo e na que aprendín moitísimo. Ademais serviume para visitar lugares en Galicia que non visitara nunca e coñecer a persoas marabillosas.

As contacontos. B2. Laura Rodríguez Caneiro
Eu quero compartir con todos vós esta fermosa canción dunha artista do meu pobo que ten coma referencia as mulleres. Para min é unha canción que emociona porque ademáis de ser marabillosa, foi unha canción que tivo moita fama. Isto supón que a música en galego está collendo o seu lugar dentro do mundo musical e tamén que o papel das mulleres é recoñecido, xa que fala sobre o papel delas no pasado e como estas axudaron.
Ademáis tamén trata sobre todos os medos e preocupacións polas que tiveron que pasar as nosas antepasadas.
É unha canción espectacular que se non coñecedes, debedes escoitar porque vós vai encantar, e así tamén entenderedes o aprecio que lle teño eu.

Fillos de Breogán. B1. Diego Novo Vigo
Escollín este vídeo sobre a emigración galega entre os anos 1880 e 1975 xa que foi unha das etapas máis duras para a sociedade galega. Non só para os miles de persoas que abandonaban a súa terra, tamén para maioritariamente as mulleres que quedaban soas ao cargo da familia, do gando, dos fillos... Destaco no vídeo o fragmento dun poema de Rosalía de Castro no que describe as penurias da emigración:

Tés en cambio,orfos e orfas

e campos de soledad,

e nais que non teñen fillos

e fillos que non teñen pais.

E tés corazóns que sufren

longas ausencias mortás,

viudas de vivos e mortos

que ninguén consolará.

Xoaniñas . B3 . Sara Villamor Iglesias
A min gustaría compartir este arrollo que me cantaba a miña avoa e a miña nai para durmir cando era pequena.
Tráeme moi bos recordos da miña infancia e, sobre todo, das siestas e tardes acompañada da miña avoa que foi a que me coidou durante toda a
miña nenez.

Música do Xabarin Club. B2. Miguel Ángel Rama
Xabarín Club é moi recordado polos seus dobraxes, principalmente de anime. Sen embargo, en Xabarín Club tamén se emitían cancións musicais propias que considero que deberían ter maior recoñecemento. Recordo ver algunhas de neno, coma a que adxunto ao documento, e parecerme estrañas, pero con un encanto propio moi especial. Son todas moi experimentais, empregando distintas técnicas e estilos que as dotan dunha diversidade que non deixa indiferente. É un pequeno fragmento da nosa produción audiovisual algo absurdo, pero que considero que merece a pena conservar.

A gaita. A1. Ana Ameijeiras Chas
Como galega que son gustaríame compartir con todos vos o son que mellor representa o noso pobo, as nosas raíces, os nosos oríxenes: a gaita
Especialmente a nosa galega máis internacional no ámbito de música, quen soupo modernizar e darlle novos aires ao noso son máis representativo achegándoo ao público máis novo.
Recordo que acompaña os acontecementos moi tradicionais, de nosa terra de antaño e dos nosos días; romarías, bailes, folclore...
Seguro que a máis dun faille recordar con nostalxia momentos vividos e a de moitos aínda por vivir

Sapoconchos. A3. David López Cao
Hoxe quero compartir con vós o que para min foi o mellor libro en galego que leín e que máis me chamou a atención.
A Esmorga é un libro escrito por Eduardo Blanco Amor, publicado en Bos Aires en 1959 y en Galicia en 1970. Esta novela ten unha gran importancia debido a que foi unha das primeiras novelas galegas de postguerra, facendo historia dentro da literatura galega.
A Esmorga narra a festa de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas e Aladio o Milhomes, que están de borrachera un día enteiro, e que acabará co falecemento de dous de eles e o asesinato do terceiro a mans da Garda Civil Española.

LVAN. A2. Valeria Facal Martínez
Eu quero compartir con todos vós un vídeo sobre a muiñeira, que é un baile tradicional galego.
Este baile recórdame a miña etapa no colexio onde algúns dos meus compañeiros mais eu íamos a actividades extraescolares, como baile galego. Alí formamos un grupo e ensaiábamos as distintas cancións para poder tocalas nos festivais xunto coa pandeireta.
Ademais, tamén íamos a festas do pobo onde actuábamos xunto con outros gaiteiros.

As contacontos. B2 . Claudia Rey Gayoso
Boas, quería compartir e que lembrarades esta serie infantil de libros en galego chamada “Os Bolechas” que eu lín cando era pequena e encantábame. Narran as aventuras dunha familia de ficción. Estos libros chegaron a todos os ámbitos culturales e de ocio relacionados coa infancia e co idioma galego.

Considero que estos libros tiñan una boa calidade, mais tamén era unha excelente fonte onde pasar un bo rato lendo en galego e aprendendo os contidos que trataban estes libros. Porén, os debuxos animados e a literatura infantil en galego xa non teñen tanta demanda. É triste atoparse nesta situación onde o galego case non se use agás nos ámbitos familiar e pouco máis.

En conclusión, os debuxos animados serían una esperanza de recuperar o galego nalgúns ámbitos pero para iso sería preciso a nosa axuda e non abandonar e desprezar o noso idioma.

Follas Novas. A3. Victoria López Calvo
Boas, gustariame compartir con vós unha imaxe da festa do magosto, xa que ao meu parecer é unha festa moi caraterística do outono galego na que se preparan as castañas. Ademais de que os castiñeiros forman parte da nosa paisaxe.
Esto recordame a cando de pequena iba cos meus avós a recoller castañas á aldea e o ben que o pasaba.

As bolboretas. A1. Marta Amor Villar
Boas! Eu quero compartir con todos vós unha das miñas cancións favoritas, a cal descubrín a través dunha actividade da escola.

Cando estaba na ESO todos os cursos tivemos a oportunidade de acudir a un pequeno concerto de Rosa Cedrón que tivo lugar nun auditorio ao lado do noso colexio. Nas clases de galego pasamos días investigando sobre esta artista e escoitando as súas cancións, polo que cando chegou o momento do concerto desfrutamos moito da súa música.
Foi unha maneira moi entretida de acercarnos máis a nosa lingua e a súa cultura.

As Arroutadas. B2. Paula Ramallo Domínguez
A min gustaríame compartir con vós un libro que lin este ano en 2º de Bacharelato que encantoume e pareceume moi interesante xa que o autor quería contar como era o estilo de vida dun rapaz labrego nunha aldea galega nos anos corenta.
O neno protagonista vai contando as súas vivencias do día a día e ten que bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega. Neste libro pódese ver a realidade da sociedade naquela época.
É un libro que recomendo que leades todos.

LVAN. A2. Laura Cazón Pérez
Como vilalbesa que son quería compartir con todos vos a Torre dos Andrade que está situada a carón da praza da igrexa de Santa María en Vilalba, un pobo da provincia de Lugo. A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico do emprazamento xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña. A Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI.  No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade.

"O sabor das margaridas". B1 Sara Marco Andrade
Boas a todos e todas, gustaríame compartir con vós esta serie de Netflix en versión orixinal por supusto (en galego) a razón pola que me decanto por este arquivo é que foi a miña primeira serie en galego e ENCANTOUME, descubrina por unha das súas actrices, Rebeca, unha moza de vigo, influencer, actriz ademáis de escritora e serviume moito de axuda para a selectividade coa colocación do pronome átono.

@rebecastones

Grupo Nós. B2. Javier Parcero Cañás
Gustaríame compartir a interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes" feita por Amancio Prada.
Achego esta interpretación en honor a Rosalía De Castro, escritora deste poema, a cal loitou tanto polos dereitos e liberdades do galego, coma pola libertade das mulleres.
Elexín este poema en concreto porque a nosa profesora de sexto de primaria poñíanola moitas veces na clase para que tod@s a cantaramos. Paréceme un poema moi bonito no que Rosalía De Castro conta o que representa a moitos emigrantes que teñen que abandonar as terras galegas camiño á América, para esto fai unha descripción das fermosas paisaxes que se foi encontrando na súa vida e que lle xeran un gran recordo.

Quinteto. A1. María Arnoso Meizoso
A min gustaríame compartir con vós un vídeo dos xogos tradicionais que practicábamos todos os anos no meu antigo colexio, o CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela. Estes xogos practicáronse dende os anos 70, cando se fundou o colexio, ata a actualidade. Durante a miña etapa no colexio todos os meses nenos e nenas de centros de toda Galicia acudían ao noso centro para aprender eses xogos, e eramos nós os monitores que lles axudábamos a apreder. O proxecto chamábase Brinquedia e era moi interesante posto que ademais de aprender a xogar nós, e ademais de aprender vocabulario sobre xogos da nosa terra, tamén tiñamos a oportunidade de vivir a experiencia de ensinar a outra xente que non sabía da existencia destes xogos. Se algún ou algunha de vós ten curiosidade de saber máis sobre isto tamén pode ver este vídeo no que saímos no programa "Ben falado" https://youtu.be/8A5vg7OSLqo

Quinteto. A1. Francisco Abelenda Pose
Escollín esta canción porque no instituto, a nosa mestra de galego introduciunos na cultura musical galega máis moderna con esta cantante e, para o meu abraio, resultou ser moito máis interesante do que agardaba. A medida que pasaban as clases, acabei por aficionarme a ela e sobre todo a esta canción xa que trata da miña terra.

Maxia. A1. Gabriel Blanco Mata
Gustaríame compartir con vós este vídeo de Ana Kiro, unha das mellores cantantes galegas. Escollín este vídeo porque é moi representativo para min, debido a que en primeiro da ESO, a miña profesora de galego poñía unha parte da canción en cada clase co obxectivo de que nos concienciaramos da mala situación que viviu Galicia,  e así dar un paso adiante para revertir esta situación e que o galego e os galegos non volvamos a quedar na sombra.       Paréceme unha canción que reflexa moi ben a antiga realidade galega, a situación de emigración e de silenzo, e penso que todos debemos loitar para que non volva a pasar.

Grupo Nós. B2. Paula Rico Alvite
A min gustaríame compartir con vós esta canción chamada "Eu queriame casare" de Ana Kiro porque é unha das moitas cancións galegas que me cantaba a miña ávoa cando era pequena e de feito foi unha das primeiras cancións galegas que lembro ter escoitado e aprendido. Recórdame moitas cousas pero sobre todo momentos da miña infancia e tamén na actualidade faime reflexionar sobre aqueles tempos e pensar en como unha canción puido marcar esa etapa.

Os Rosalíos. A3. Yadira Fuertes Crego
A min gustaríame compartir con todos e todas unha historia que, ao meu parecer, é preciosa.
Eu tiña un familiar que coñeceu á súa muller en Alemania, e ela é de alí, polo que casaron e foron vivir xuntos a Alemania.
Eles falábanse en alemán, xa que o meu tío aprendeu a falalo por ela, pero tamén ensináballe palabras en castelán e en galego, para, que cando viñan de visita a España, poder falar connosco.
Pero o máis bonito desta historia é que cando querían mostrarse afecto, dicíanse “Quérote moito”, é dicir, utilizaban o galego no canto do alemán e do castelán. Ela sempre nos dicía que lle gustaba moito vir a Galicia e que quería aprender a falar galego, porque é unha lingua moi bonita.
Agora hai case dous anos que o meu tio avó morreu, e paréceme un xeito moi bonito de recordalo, e tamén á súa muller, que, pola pandemia, aínda non puido vir a España nestes dous anos, e bótoos moito de menos.
Por iso, decidín poñer unha foto desta oración, xa que é algo que vou recordar toda a miña vida, e creo que é moi emotivo. Agardo que tamén vos guste a todos e todas.

Que me queres amor?
Os Cigarráons.A2.Pablo Fernández Segurado

Eu quero compartir con vós este libro de Manuel Rivas. Un libro que lin nunha época no que un xa empeza a ser consciente do mundo en que vive e ,polo tanto ,  a interesarse pola Historia e pola  cultura tamén. Dentro deste libro, que son un conxunto de relatos , destaco "A lingua das bolboretas" .Anos despois faríase unha película deste relato, a cal está entre as miñas cinco películas favoritas hoxe en día. E non vos conto máis, así que anímovos a que ledes o libro e vexades a peli!!

Grupo Maxia. A1. Marta Abucide Corral
Esta son eu nunha das etapas da miña vida que máis achegada estaba a nosa lingua e a nosa cultura. Quero compartir esta fotografía con vós para que tamén reflexionedes sobre a sorte que temos de ter tradicións como o baile galego, as romarías de cada día do verán ou mesmo de ter unha lingua propia que nos fai diferentes e especiais.
Lembro o son das gaitas, os aplausos da xente e os rostros da miña familia observarme nas miñas actuacións cada vez que miro esta imaxe.
A pesar de que a día de hoxe xa non practico esta actividade gardo doces recordos dese tempo e sigo admirando a xente que adica a sua vida a manter vivas os nosos costumes.

Os Rosalíos. A3. Pablo González Cendán.
Hoxe gustaríame compartir convosco esta imaxe de Xosé Antonio Touriñán, que a parte de ser un dos mellores humoristas da nosa terra e un dos nosos grandes actores actualmente no panorama nacional, tamén é un persoa que promove e defende o galego coa cabeza moi alta alí onde vai.
A min persoalmente despois dos meus avós e dalgunha docente que me impartiu clase, é a seguinte persoa na que me apoio para visualizar o galego e quitarnos eses prexuizos de averñarnos do noso idioma e das nosas orixes.
Para finalizar quero engadir que Touriñán provome o galego de unha forma moi cercana a min e por iso o vexo coma un referente, xa que o fai a través de redes sociais, a través do deportivo da coruña é a través do seu traballo, facendo obras teatrais cómicas en galego.

Quinteto. A1. Carla Boizán Pardo
Decidín escoller esta canción chamada "Lela" de Dulce Pontes para compartir con todos vós. Ao meu parecer, trátase dunha canción fermosa cargada de sentimento,que aínda sendo de tristura,consegue chegar aos nosos corazóns.
Eu coñecín esta canción da mán da miña mestra de galego en 2º da ESO. Chamoume a atención cómo ela mesma chegaba a emocionarse na propia clase ao escoitala, aínda que só algúns nos decatásemos, e dende entón "Lela" quedou grabada na miña memoria.
Esta mestra foi unha das primeiras en falarnos sobre a nosa cultura e raíces, e fixoo mediante esta canción galega. Dende aquela, comezamos a ter maior conciencia sobre o tema e a valorar a nosa terra.

Pequenos morriñentos do galego. B3. Álvaro Varela Castiñeira
A min gustaríame compartir con todos vos unha das series que marcou a miña infancia. A serie do famoso Sin Chan que votaban na galega todas as tardes tíñame moi enganchado.
Pode parecer unha tontería pero esta serie traducida á nosa lingua fixo que tivera moita máis interese en aprender a falar galego con soltura, ata o punto que chegaba a falar eu galego coa miña familia na casa cando toda a xente coa que convivo é castelán-falante.
Non sei se son eu o único que o pensa, pero estas series tan virais traducidas ao galego fomentan a que a xente aprenda o nos idioma e a que poidamos mantelo fronte á lingua dominante, o castelán.

Sapoconchos. A3. Alicia González Bedoya
Sen dúbida, unha actividade que recordo con moito agarimo e nostalxia foi a celebración do Día das Letras Galegas en 2017 no que preto de mil estudantes de Primaria e Secundaria gravamos xunto a cantante galega Guadi  Galego, un dos seus temas, " Chea de vida" baixo a batuta de Ramón Bermejo nunha das naves do estaleiro Navantia.

Esta iniciativa tivo como obxectivo fomentar o canto coral nos colexios e institutos e estimular a súa creación a partir do repertorio de músicos galegos actuais. Foi un acto organizado a mans do Centro de Formación e Recursos de Ferrol quen argallou un curso chamado "O coro escolar como actividade integradora". Grazas a este curso, sacamos un intre do nosos tempo escolar e incluso dos recreos para aprendernos a letra desta fermosa canción estudándoa verso a verso.

Foi unha experiencia inolvidable que disfrutamos en gran medida tanto os meus compañeiros coma min. Penso que foi un acerto xa que serviu coma forma para incitar o uso do galego de forma oral cousa que na meirande parte de Ferrolterra non se ve con normalidade.

Cigarróns. A2. Tania Eduardo Vieira
Boas! Eu quero compartir con todos vós este fermoso libro que se titula "O Principiño", foi un agasallo que me fixo unha profesora de galego e que marcou moito ese ano a miña vida.
Este libro esta cheo de maxia e cada vez que penso nel véñenme dous recordos, o primeiro foi o achegamento que tivo esa profesora comigo, e o segundo lémbrame a un gran amigo da infancia.

Midasami. A3. Miguel Ángel Formoso Hombre
Ola a todos e a todas. A min gustaríame compartir con vós este gran libro da tan coñecida Ledicia Costas. Sí é certo que a lectura non é a miña maior paixón, polo que non acostumo  ler a diario, pero si me tivera que quedar con tan só un libro de todos os que lín, este sería o elexido sen ningún tipo de dúbida.
Non quero contar moito por se alguén aínda non o leu pero, na obra "Unha estrela no vento" nárrase unha historia moi emotiva, na que está como protagonista Miguel Foz, un rapaz cunha vida un tanto complicada, que acabaría vendoa dun xeito distinto grazas ó seu curmán Abel, quen padece unha minusvalía física, e a Reina, unha moza xitana que vende rosas.
Decidín elixir esta obra polo moito que me gustou, pero sobre todo polo tanto que me fixo reflexionar sobre a vida.

Quinteto. A1. Elena Beceiro Calvo
Esta canción é de Saraibas, un grupo que naceu en San Sadurniño e que sempre intentou loitar polos dereitos da terra galega e do idioma propio a través das súas cancións.
Miña nai, quen formou parte deste grupo durante varios anos, foi a que me ensinou estes temas e moitos outros clásicos da música galega.
Cada vez que escoito unha destas cancións faime lembrar momentos de cando era pequena con moito agarimo.

Midasami. A3. Daniel González Robles
Boas a todos, eu quero compartir con vós este libro que foi o primeiro que lin en lingua galega, grazas a miña antiga profesora de primaria que foi quen mo recomendou.
Grazas a ela e á lectura deste libro intereseime máis pola súa asignatura e  comecei a ver a nosa lingua doutra maneira, xa que conseguiu transmitirme a súa paixón polo galego.

Cigarróns. A2. Lucía Castro Rocha
Cando alguén me pregunta por un libro para nenos en galego o primeiro que chega ao meu pensamento é este sempre. Ota quere voar, de Ánxela Loureiro. É o único libro que lembro que cando era pequena lía unha e outra vez. É por isto que compártovolo a vós, desta maneira se tedes algún irmán ou irmá pequeno/a ao que vos gustaría ensinarlle un libro en galego, optedes por esta opción.
Penso que nunca esquecerei esta pequena novela infantil, na que unha pequeña gaivota fala do que sente dende o momento de nacer, ata a súa madurez.

Punto verde. A2. Eva Cotelo Pérez
De primeiras amosa ser unha foto como tantas outras da Coruña. Non obstante, ten o seu significado detrás. Esta foto tomeina o primeiro día que rematou a corentena.
Para algunhas personas non facía tanto tempo que non pisaban a súa terra. O meu caso era distinto.
Hai dous anos, marchei a Estados Unidos a estudar primeiro de bacharelato. Isto significaba deixar a miña terra, familiares e amigos detrás. O primeiro mes xa botaba en falta o verde de Galicia, os seus pobos e a súa xente. Por mor da pandemia, decidín volver antes do previsto. O meu regreso non foi o esperado, sen amigos esperándome no aeroporto, sen apertas nin bicos. Por iso, depois de algo máis dun ano sen poder ver A Coruña ansiaba saír e poder ver a miña cidade (aínda que soamente fora nun radio dun quilómetro).

Os Rosalíos. A3. Pablo García Ortiz
Ola a todos, eu quixera facer unha publicación bastante personal, en memoria do meu querido avó. Xa hai uns cantos anos que non está connosco e o recordo con moito amor e nostalxia. Sempre que ía á miña aldea, el estaba alí para recibirme cunha sonrisa de orella a orella. Penso que xamais esquecerei as nosas conversacións en galego, cando me contaba anécdotas da súa xuventude, e falábamos de cousas do seu interese. Sempre foi unha persoa moi curiosa e disposta a aprender, algo que sen dúbida admiro del.

Ledicia A3. Zaira López Fernández
Ola a todos e todas! Hoxe quero compartir este video con vós. É un videopoema de Arancha Nogueira. Para min é especial xa que coñecín a esta poeta polo meu mestre de galego dos últimos dous anos. No pouco tempo que estivo fixo todo o posible para que nos achegásemos ao galego. Recordo  con moito cariño a ese mestre, sempre nos tiña presentes a pesar da situación que vivimos. O vídeo foi filmado durante a corentena e provócame moitas emocións xa que foi unha etapa moi dura. Cada vez que o vexo lembro esa experiencia tan dura, pero tamén lembro as cousas positivas que me deu. Espero que vos guste. É moi breve pero creo que nesos segundos transmite todo o que se pode transmitir.

Sapoconchos. A3. Belén Lamas Valdés.
Rosalía de Castro é unha das autoras máis destacadas na historia do galeguismo. Acórdome de que o primeiro poema que coñecín dela foi "Negra Sombra" nunha clase de galego en 2 da ESO. Nesa clase descubrín a dura vida que tivera que vivir e a angustia existencial que sufría; nin cando as cousas lle ían ben se sentía feliz, porque tan só pensaba en que iso se ía acabar nalgún momento. Tivo que soportar a morte de dous fillos e unha eterna enfermidade, pero, aínda así, sempre se esforzou por defender a nosa cultura e a nosa lingua. O día das Letras Galegas celébrase en honor da publicación do seu poemario "Cantares Gallegos" o 17 de maio. Luz Casal decidiu dar voz ao poema anteriormente nomeado en forma de homenaxe e decidín escollelo, xa que para min Rosalía representa unha muller forte e loitadora que reivindica ante toda inxustiza á nosa terra, Galiza.

Follas novas. A3. Laura Lomba Sánchez
Este é o tráiler dunha das miñas películas favoritas de cando era nena. Trátese dun filme de Ánxel da Cruz e Manolo Gómez, feita en galego, unha mágoa que non pudiera encontrar nada en galego na plataforma de YouTube.
Eu coñecín esta película xa que a daban no periódico, na Voz de Galicia. Ademáis votábana ás veces na Televisión de Galicia pero eu sempre a vía co meu reproductor CD.
Debo dicir que teño moi bos recordos vendoa coa miña familia os días pretos a San Xoán, nas Navidades, ás veces no Magosto...
Debo dicir tamén que sempre a vin en galego, e tendo en conta que aínda de saber falalo nunca lle din moito uso, gozar de obras audiovisuais neste idioma axudoume moito a non perder o contacto, polo que reflexionando, e pensando no futuro, na miña labor coma docente animarei aos meus alumnos a consumir ademáis de libros, películas e de máis obras audiovisuais en galego.

Maxia. A1. María Carreira Carreira
Boas a todas e todos! Quería compartir con vós un dos libros que nos encomendaron ler no instituto como lectura obrigatoria en 4º da ESO. Teño que dicir que foi un dos que máis me gustou sen dúbida algunha. É unha novela de case 300 páxinas de Carlos Vila Sexto publicada en 2009 que mestura o crime co misterio, o cal que se podería dicir que se mantén ata o final. A historia comeza no piso do protagonista (Xacobe), o cal ten unha visita inesperada dun home ferido. Este entrégalle un pergamiño, di unhas palabras, que sorprenden a Xacobe, e logo morre. A partir de ahí, Xacobe experimentará unha serie de peripecias que semellan doutro mundo mais ocorre todo en terras galegas. Ademais, contará coa axuda dalgúns personaxes como Natalia ou Ricardo para descubrir a verdade e ata ahí conto para que quededes coa intriga. É unha novela que volvería ler máis veces porque dende o primeiro momento enganchoume e non podía para de ler pero tamén é especial porque chegou a miña vida nun etapa moi boa para min, por iso sempre a recordarei con moito agarimo.

Bolboretas. B3. Carla Valdés Estévez.
Bo día! Quería compartir con vós unha canción que creo que todos coñecemos e nalgún momento cantamos, a cal a min especialmente trasládame a miña infancia, sobre todo a segundo de primaria, onde a miña tutora, Felisa, cantábanos todos os días 10 minutos antes de rematarar a súa clase, unha canción típica galega durante unha semana, e ao final desta xa todos a tiñamos mais que aprendida. Recordo cada vez que a escoito esa felicidade de cantar con todos os meus compañeiros  esas cancións que nos enriquecían. Ademáis de esta composición tamén cantábamos outras como "Miudiño", "Pousa", "A saia da Carolina"... Pero elexín este tema porque ademáis de recordarme a esa etapa da miña vida na escola tamén me recorda a miña aldea, ca miña familia e amigos de alí, cantando nas festas esta obra. Por ese agarimo e esa morriña que me transmite esta canción decidín mostrárvola. Un saúdo!

Bolboretas. A2. Sofía Fernández Souto
Eu quero compartir con todos vós esta versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro interpretada por Lucia Pérez.
Escollín este poema porque en primaria íamos á radio galega todos os anos a recitar poemas de diferentes escritores galegos e dedicábamos unha clase á semana para preparalos e recitalos. Aos meus amigos e a mín gustabanos moito este poema de Rosalía e pasabamos todo o día cantando esta versión de Lucía Pérez.

Bolboretas. B3. Ángela Vázquez Mesías
Bo día a todos e todas! Quería publicar una fotografía sobre o meu bisavó. É unha das persoas máis importantes na miña vida. Sempre que vou visitalo á súa casa, sentámonos nunhas cadeiras e comeza a contarme historias de cando era pequeno, e a darme consellos. Ás veces, acompáñoo a pasear polo monte, que é onde vai todos os días pola mañá. É unha persoa moi positiva e enriquecedora, non hai día que non aprenda algo del.

As Meninas B1. Andrea Meana Ramón
Bo día! eu quería compartir esta fermosa canción a piano chamada "Lela", que cantei dende moi noviña no meu coro e sempre espertoume moitas emocións cando a cantabamos. Para min, posúe unha das melodías máis bonitas e especiais que existen, e os seus versos son de Castelao, pertencentes a súa obra "Os vellos non deben namorarse". Apertas.

As Contacontos B2. Nerea Quintela Velay
Eu quería compartir esta actuación desta artista galega, Sabela Ramil, a cal durante o seu paso polo programa Operación Triunfo dou unha gran visibilidade a nosa lingua.
Escollín concretamente esta canción porque a miña avoa sempre a cantaba e ademais a letra é un poema de Rosalía de Castro que se encontra en “Cantares Gallegos”. Rosalía foi un gran referente para Galicia xa que loitou e defendeu non só os dereitos galegos como terra se non tamén os da súa lingua e da súa xente.

Fillos de breogán, B1, Laura Mato Rey
Eu quería compatir con vos esta marabillosa película chamada A lingua das bolboretas  que é unha adaptación do libro dun gran escritor ao que admiro moito chamado Manuel Rivas. Esta película lémbrame a unha das mellores profesoras de galego que tiven xa que foi ela quen púxonos a película na clase. O protagonista é un neno de oito anos chamado Moncho que comeza a escola e atópase cun moi bo mestre chamado Don Gregorio, persoa que será un gran referente para Moncho, incluso chegan a facerse amigos.

A familia. B3. Silvia Vázquez Presedo
Ola a tod@s, eu quero compartir con vós esta imaxe do meu avó, unha persoa moi especial para min, e que por desgracia xa non está dende hai case un ano. Eu co meu avó pasaba tardes moi entretidas porque el contábame historias do seu pasado, como por exemplo as súas vivencias aquí en Galicia, durante a Guerra Civil, a cal viviu dende o principio ata o final pois naceu en 1924. Tamén me contaba, con morriña, a vida da súa infancia que foi moi complicada. Penso que estas historias fan referencia, non só ao galego senón que tamén a Galicia porque todas estas anécdotas relatábamas ao lado dunha lareira, algo típico da nosa terra.

Fillos de Breogán. B1. Andrea Núñez López.
Bo día a todos! Eu quero compartir con vós un poema de Celso Emilio Ferreiro. Foi adicado a súa muller e os seus versos foron considerados parte dun dos poemas de amor más relevantes da poesía europea.

Para min é un texto moi importante que me transporta a unha etapa moi significativa da miña vida. Sempre que o leo esperta moitos sentimentos e a súa lectura e moi especial.

Cando quero vivir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando semento a espranza.

Digo Moraima

e ponse azul a alba.

Cando quero soñar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a noite é pechada.

Digo Moraima

e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a anguria me abafa.

Digo Moraima

e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a mañá é crara.

Digo Moraima

e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer

non digo nada.

E mátame o silencio

de non decir Moraima.

Xeitura. B3. Laura Sande Sande
Boas a todos e a todas!
Gustaríame compartir convosco un programa que marcou a miña infancia, trátase do Xabarín Club!

Aquel programa que sendo pequena e sen darme conta estaba facendo que aprendese a nosa lingua e sentira o gusto de falala que a día de hoxe prevalece en min e do que, por suposto, fun socia (seguramente como moitos e moitas dos que me estades a ler).

Non podo evitar velo e que non me traia todos os recordos da miña infancia, que en todos eles se encontra algunha das cancións que eran parte do meu repertorio musical favorito e tamén dos meus amigos e amigas.

Xeitura.B3.Andrea Santalla Paredes
Boas a todos e todas!
Eu quero compartir con vós unha canción de Luis Emilio Batallán basada nun poema de Álvaro Cunqueiro, un gran referente na literatura galega.
Para min esta canción é moi especial a parte de que é unha versión cantada polos meus tíos, transpórtame a miña infancia, e sobre todo recórdame moito as xuntazas na aldea coa miña familia, que ao final é o mais importante que temos. Ademais, sempre recurro a ela nos malos momentos porque transmíteme moita paz e calma.
Todas as cancións galegas que cantan os meus tíos achéganme ao galego, pero sinto que esta pode ser menos coñecida e así a descubrides.

As Bolechas. A1. Nuria Ares Varela.
Bo día! Eu vou compartir un libro dunha escritora moi recente chamada Ledicia Costas. Este libro foi sen dúbida o máis entretido que tiven que ler ao longo da miña traxectoria escolar. A historia que narra xira entorno a unha desaparición de dúas rapazas e ao misterio que se esconde detrás desta. A verdade é que este thriller conseguiu terme enganchada ata ao final sen poder parar de ler cada unha das páxinas del. Apertas.

A Familia. B3. Rocío Vázquez Ocáriz

Escollín este debuxos para compartir con vos porque foron os primeiros que vin en galego cando era pequena. Fai xa moitos anos, pero aínda lembro a letra da canción porque gustábanme moitísimo. Contaba historias dunha vila pequena a través da vida do carteiro e do seu gato, e, non sei se porque falaban en galego, ou porque o pobo era pequeniño, a min recordábanme a aldea dos meus avós, onde era moi feliz. Ademais, nesa época non había moitas canles e eu podía presumir cos meus primos de fora de que aquí tiñamos mais debuxos na tele.

O galego MOLA. B2. Carla Quintián Otero.
A min gustaríame compartir esta canción do grupo SonDaRúa, grazas a ela achegueime mais ao galego pero sobre todo no seu ámbito musical, xa que anteriormente non coñecía moitos grupos galegos ou artistas que cantan en galego, e agora a raíz disto coñezo moitos. Todo isto foi grazas a un mestre que me amosou nunha sesión escolar este tema, a clase estaba  dedicada aos prexuízos lingüísticos, e disto é do que fala a canción; exemplifica moi ben todos estes prexuízos que están presentes arredor do galego. Fíxome ver que o galego non é lingua de parvos, que non es diferente se soo a falas ti no teu arredor.

galegos ou artistas que cantan en gale

As meninas B1. Carlota Novo Rebollo.
Bo día! A min gustaríame compartir esta imaxe do último día das festas da Guadalupe na praza de Castelao en Rianxo, a vila dos meus avós e onde paso todos os veráns, onde todo o pobo unido canta "A rianxeira" con bengalas na man, un momento verdadeiramente emocionante para mín.  Decidín compartir isto xa que rianxo é o pobo natal de moitas figuras relevantes relacionadas coa lingua galega como Manuel Antonio, Rafael Dieste e  Castelao que dicía "se aínda somos galegos e por obra e gracia do idioma"

Os Rosalíos. A3. Hugo Hoyas Ruiz
Bo día a todos e todas !
Hoxe gustaríame compartir esta foto tan representativa da nosa cidade.
Para mín ten un valor especial xa que de pequeno acudía sempre cos meus avós a visitala e contábanme as súas lendas. Sempre me recordaban o bonito que é a lingua galega e as preciosas terras que ten Galicia.
Escollín a Torre de Hércules porque ademais vivo preto dela e sempre que teño un día malo paso por os camiños da torre e reláxame moito.
Son unas paisaxes preciosas coma toda a terra galega e encántame vela todos os días co mar de fondo.
Para mín a Torre de Hércules representa o galego e a familia.
Recoméndovos visitala cun bonito anoitecer, non os arrepentiredes !

AS BOLBORETAS. A1. Carmen Abalde García
Boas, quería compartir esta canción do grupo galego Verto composto por Alberto Mira e Fernando Peleteiro. Escollín esta canción porque cando a escoitei sentínme moi contenta de escoitar música en galego que fose do estilo de música que adoito escoitar normalmente. Pareceume que estes mozos fixeron unha tarefa de promover e normalizar o galego realmente importante xa que coas súas cancións os adolescentes poden cantar en galego do mesmo xeito que o fan coas cancións de reggaeton ou as cancións en inglés.

Sapoconcho. A2. Brenda Durán Carrera.
Ola a todos, a min gustaríame compartir esta canción, que é moi importante para min, xa que era a que máis cantaban  no grupo de baile galego no que estaba aos 11 ou 12 anos. Realmente gustábame moito tanto bailar como tamén cantar con eles ás veces, alí pasei moi bos momentos polo que me trae bos recordos, ademais, tamén foi alí onde máis contacto tiven co galego, porque a maioría de persoas do grupo falábano.

Xoaniñas. B3. Carlota Rodríguez Martínez.
A min gustaría compartir con todos vós unha imaxe moi representativa do meu pobo, Zas.
A Carballeira de Zas é unha das festas Folk máis importantes de toda Galicia. Ademais, é un dos festivais máis lonxevos de música Folk que se celebra dende 1983 e con máis de 35 edicións. A música en vivo rodeada das carballeiras fan que o recinto sexa máxico é un dos mellores de música celta, tradicional e folk. Asimesmo, tamén se pode gozar de especialidades gastronómicas: polbo, pementos de Padrón ...

Elexín esta imaxe dun grupo chamado Perfusión. Está formado por oito integrantes: 4 mulleres e 4 homes os cales mesturan a música e o baile galego coa danza africana. Preguntárdesvos, porque coa danza africana?  Pois un estudo recente dá USC e dá Universidade de Oxford revelou que o 12% do compoñente xenético da poboación teñen orixe africana.
Coa súa proposta, que se basea na unión de culturas a través da arte e do espéctaculo, é unha ferramenta moi poderosa para promover a empatía e a solidaridade entre os pobos do mundo.

Sapoconcho. A2. Mateo Feal Pena
Ola, bos días a tod@s. Gustaríame compartir con vós esta canción do grupo "Fuxan os ventos".
O motivo da miña escolla é que esta canción é unha das que o meu avó poñía todos os días pola mañá ao erguerse e mentres almorzábamos xuntos. Por iso, esta e outras tantas cancións deste grupo achéganme recordos moi bos de cando, de pequeno, me quedaba a durmir na súa casa.
Tamén teño bos recordos das cancións deste grupo por que no colexio, no entroido, empregábamos as bases rítmicas e musicais das cancións deste grupo para cambiar as letras por outras de carácter satírico e cantalas no salón de actos cos compañeiros.

QUINTETO. A1. Sara Baz Varela
Ola! Eu quero compartir con vós esta colección de pequenos relatos didácticos e progresivos en lingua galega para nenos noviños. Elixín "Leo con Bubela" xa que foron os primeiros contos en galego dos que teño recordo no cole e que me lía miña nai. Ademáis, parécenme unha ferramenta moi práctica e divertida para que os pequechos aprendan a ler e coñezan os distintos sons e grafías a través de nomes de parentesco, de animais ou de cousas que ven no día a día. Como mestres, considero que é moito máis divertido e interesante ensinar e transmitir a nosa lingua e cultura mediante sons, contos ou calquera recurso que lles chame á atención.

Cando sexa profe sen dúbida recomendareillos aos meus nenos e nenas e traballarei con eles na clase!

As súpernenas. B1. Laura Noya Araújo.
Ola a todas e todos!
Comparto con vos esta imaxe, un fotograma da adaptación
cinematográfica da obra de Manuel Rivas A lingua das bolboretas. Escollín esta imaxe xa que transpórtame ao momento
no que vin por primeira vez esta película e marcoume para sempre. Esta obra e a
súa película correspondente son dignas dunha maior apreciación e de ser lida e
vista por todo o mundo. Deixoume marca; vivín coma se fose miña a relación
entre Don Gregorio e Moncho. Provocoume unha sensación entre tenrura e tristeza, un sabor agridoce. Ademais, o marco histórico no que acontece a obra e para min un dos períodos máis interesantes (e tristes) da nosa historia. Como comportábase a xente, as vidas ocultas, a tensión polo novo futuro inminente. Reflicte unha das realidades da Galiza e da España e de como viviron ese final da república e o estalido da Guerra Civil. Faime conectar ca nosa historia.

Esta historia fixo que me achegase máis ao galego e que unha peza na nosa lingua deixase marca na miña vida

Recoméndovos que leades o libro ou vexades a película, merece moito a pena. Desexo que os guste tanto como a min.

As Meninas. B1. Mara Martínez Permuy
https://youtu.be/81fcyIOvnP0

Ola! A mín gustaríame compartir esta imaxe do último concerto que fun da cantante bergantiñá, Sés. Escollín esta foto xa que se trata dunha cantante que me gusta moito, non só a súa música se non tamén o significado e a loita que hai tras cada canción. Ademáis, engadín o enlace da súa canción máis coñecida, "Tempestades de sal", e a miña favorita pois ten un significado moi especial para mín pola forza que transmite. Dedica os seus concertos sempre para amosar a súa contra ante diversas inxustizas sociais como o racismo, o machismo, o malestar da época franquista, os presos políticos… xunto cunha gran reivindicación e implicación do uso do galego, pois como di ela en todos os concertos, “o único galego que se fala mal é o que non se fala”.
Recomendo moito escoitar as súas cancións e máis aínda asistir a algún concerto seu porque é unha muller increíble que impacta moito, tanto pola súa forma de ser como polas súas cancións e letras.

As súpernenas. B1. Andrea Mato Loureiro.
Ola a todas e a todos!
Eu quero compartir con vós a imaxe da miña terra; da miña vila. Malpica de Bergantiños.
Escollín esta fotografía porque o que se ve é a praia da vila( o meu lugar favorito do mundo) e a balea do Lugrís, un símbolo que representa a cultura galega.
Urbano Lugrís era un pintor galego que deixou na cofradía de mariñeiros de Malpica cinco cadros nos que se pode ver representada a balea. Os gobernantes do concello decidiron rendirlle homenaxe colocando esta estatua no mirador do porto.
Para min Malpica é o lugar onde me sinto na casa, segura e en paz conmigo e co meu entorno. É un lugar cunha natureza espectacular e cunha xente agarimosa, boa e realmente especial.
Recoméndovos que se podedes visitedes este lugar algún día xa que non deixa indiferente a ningúen e merece moitísimo a pena.
Agardo que vos guste!

Pequenos Morriñentos do galego. B3. Vera Varela Freire
Boas a Tod@s!
A min gustaríame compartir con todos vós esta canción chamada "Festa Malandrómica" do grupo Ataque Escampe.
Esta canción resúltame especial, xa que un dos cantantes, Miguel Mosqueira, foi o meu profesor de Lingua Galega en 4º da ESO.

Con él aprendín moitos coñecementos, de carácter oral e escrito, xa que as súas clases eran moi dinámicas e facían que fora unha asignatura moi amena grazas a súa forma de explicar as cousas. Pasábamolo en grande!

Téñolle moito aprecio a canción porque tráeme moitos recordos daquel ano xunto aos meus compañeiros e amizades, a parte de que é moi marchosa e pegadiza!

Heroes sen aumento. B2. Adriana Rey
Ola a todas e todos! A min gustaríame compartir esta fotografía da Torre de San Sadurniño con vós. Esta atópase no meu pobo, Cambados, e é o lugar máis especial para min. Cando era pequena, meus pais traballaban todo o día entón os meus avós ocupábanse de min . Meu avó sempre me levaba a pasear ata a Torre, íamos andando, merendábamos e contábame historias, sempre en galego. As miñas preferidas eran as do seu pai na guerra , sabíaas de memoria. A miña favorita sempre será a seguinte: cando empezou a guerra, un día a Garda Civil foi a súa casa a buscar ó seu pai máis o seu tío, mandáronos a Ferrol en autobús e de Ferrol a Zaragoza en tren, coa escusa de ir coller trigo  . Unha vez chegaron alí viron que había ambulancias e xente ferida, dándose así de conta de onde realmente estaban. Alí separáronos en distintos batallóns de Franco, non polos seus ideais senón por obriga e díronse un abrazo esperando volver a verse algún día. Meses  máis tarde dous batallóns atopáronse, o pai do meu avó preguntou en alto se estaba alí Xosé Ramón Bugallo, foron preguntando e preguntando e alí mesmo atopábase o seu irmán. Díronse o abrazo máis emotivo da súa vida como eles contaban e despedíronse esperando volver a verse. Por iso a Torre é o meu lugar preferido recórdame ao galego, a miña infancia e sobre todo ao meu avó.

Bolboretas. A2. Silvia Corbeira Álvarez
Ola a todos e todas!

Cando a nosa mestra explicou en que consistía esta tarefa, non se me veu a cabeza nin un poema nin unha canción nin un lugar… Apareceu ela: a miña avoa paterna, unha gran muller e unha gran galega. Dende ben cativa medrei escoitando os contos e lendas da nosa terra que ela mesma contaba, as panxoliñas de Nadal que aprendera na súa mocidade ou as cancións tradicionais que cantaba durante a vendima.

A maior parte da miña familia emprega o castelán como lingua vehicular. Ben é certo que parte dela desenvólvese en galego, mais sempre percibín algo especial na miña avoa. Esa gheada tan característica súa, as paragoxes nas formas verbais (“Neniña, ven comere”) e, como non, esas expresións coa súa entoación particular (“Non vaia ser o demo!”).

Desgraciadamente, dende o falecemento do meu avó comezou a perder facultades, e hai uns anos os médicos diagnosticáronlle demencia; esa indesexable enfermidade que vai borrando todo o que un pensa, todo o que un sente, todo o que un é. Sen embargo, sorprendentemente, no caso da miña avoa a lingua permanece; é unha delicia escoitala. Moitas cousas cambiaron, pero o galego debe de estar adherido a algo que vai máis alá dos límites do seu intelecto: verdadeiramente, está fixado no seu corazón.

As dúas imaxes adxuntas correspóndense cunha fotografía súa e cunha lámina pintada por ela hai uns meses. Como dicía ao comezo, unha gran muller; nin unha doenza deste calibre pode roubarlle a súa arte!

Midasami. A3. Sara Liñeira Rey
Eu escollín este fragmento por varios motivos. O primeiro é que foi e segue sendo un dos poucos libros que lin por obriga no instituto e que de verdade gustoune moitísimo. Tamén grazas a estes libro descubrín a Agustín Fernández Paz o meu autor favorito; e tamén volveume a gustar ler por diversión. Outro motivo da miña escolla é que aínda que emprego o castelán a maior parte do tempo, cando leo case sempre é en galego o que fai que esta lingua este mais presente na miña vida e que faga un maior uso dela, e todo grazas a esta obra literaria.

FOLLAS NOVAS. A3. Lucía García Villada
Eu elixín esta actuación  porque é do programa Luar. Este programa chegou ao meu grazas ao meu avó, que lle gusta moito velo e tráeme un bonito recordo. Desde sempre vin como o o ve en casa e é algo que me achega á lingua galego. Aínda que na familia non sexamos galegos, os meus avós son dun pobo preto do Barco, polo que algo de galego saben.

O sabor das margaridas. B3. Carla Teixeira León.
Ola a todos e a todas, eu quería compartir esta serie en galego "O sabor das margaridas" que vin fai 3 anos coa miña familia na casa e fixo que me acercase máis ao ámbito da lingua galega.

Esta serie conta co mérito de que é a primeira serie en galego incorporada a Netflix e dende a miña opinión fai que nos desenvolvamos máis na lingua , xa que a pesar de que na plataforma Netflix está só en castelán, eu vina primeiro na TVG en galego.

As bolboretas. A1. Judith Caamaño Regalado.
Moi boas a todos e todas!

Hoxe gustaríame que disfrutarades igual que o disfruto eu, unha das tantas cancións que me canta a miña avoa.

Amalia é sinónimo de loitadora, de alegría, de todas aquelas cousas bonitas que se vos veña á cabeza, esa é miña avoa!

Desta maneira, é como aprendín o galego, xa que Amalia e mais eu temos pasado tardes e tardes cantando e contándome ela historias da sua infancia.

Esta canción en concreto fai referencia a unha das romarías máis coñecidas da miña zona, A Barca, que pertence a Muxía.

Así é como eu me involucrei co galego, ca miña lingua, cultura... con Galicia! E así é como disfruto eu do meu tempo libre, cos meus da casa, e ca miña lingua da casa.

XOANIÑAS. B3. Candela Vázquez Iglesias.
Ola a todos e todas! Gustaríame compartir con vós a serie Os Bolechas, que seguro que xa é ben coñecida por todo o mundo. No meu ámbito familiar, aínda que se fala máis o castelán que o galego por norma xeral, os meus pais tratan de que podamos entender coma falar e desenvolvernos nas dúas linguas. Así, cando o meu irmán e máis eu eramos pequenos, eles ocupábanse de lernos moitos libros en galego, sobre todo ás noites antes de ir a durmir.

Os libros destes personaxes tamén coñecidos como Os Bolechas, eran dos seus preferidos. Lémbrome desta serie e destes libros de contos con moito agarimo, xa que introducían uns valores moi educativos contados desde unha perspectiva humorística. Por este motivo, encantaríame compartilos cos meus fillos nun futuro.

Por outra banda, no ámbito escolar, algo que me une moitísimo á nosa lingua e do que gardo un recordo extraordinariamente importante para min son as cancións en galego da miña escola de educación infantil. Alí foi onde comecei a ter contacto coas cancións populares galegas e as nosas tradicións, moitas veces transmitidas a través destas cancións populares. Tiñamos un pequeno coro onde cantabamos moitas cancións en galego nos festivais de Nadal, o Entroido, as Letras Galegas, ante os nosos pais e familiares.

Ollos de auga. B2. Alicia Prieto López
Ola a todos e todas!
Eu quería compartir con vos este libro chamado "Ollos de auga" de Domingo Villar. Non foi o primerio libro que lín en galego, pero foi o primeiro que me apasionou. Recomendoumo miña nai, que é galego-falante e gustoume moito porque me encantan os libros de misterio.
Como me gustou tanto este autor decidín seguir lendo máis obras súas, como "A Praia dos Afogados" que puiden decidir ler para clase de lingua galega en 3º da ESO.
Pareceme moi importante que autores como Domingo Villar creen obras que se adapten á lingua galega para normalizala no ámbito educativo, sobre todo nos adolescentes.

Bolboretas. B3. Andrea Ruiz Fraga.
Boas a todos e a todas, a min gustaríame compartir con vós a introducción dunha das series que marcou a miña infancia, que é “A Abella Maia”. Esta famosa serie, a cal moitos de vós seguro que tamén veíades, era emitida na galega fai xa bastante anos, pero aínda lembro a letra da súa canción perfectamente.
É unha serie orixinalmente xaponesa que se traducíu a moitos idiomas incluido o galego. Esta serie traducida á nosa lingua fixo que tivera moita máis interese en aprender a falar galego con soltura, de feito de pequena era galegofalante e esta serie fixo que me acercase aínda máis ao ámbito da lingua galega sen darme de conta.
Ademáis eu sempre veía algún capítulo que tiña en DVD e leía os seus contos, os cales eran unha excelente forma de pasar un bó rato lendo en galego e aprendendo cousas novas.
Debo dicir que teño moi bos recordos vendoa coa miña familia. Esto fíxome reflexionar sobre o triste que é a escasa emisión de series, películas ou libros en galego, comparado co castelán.

En conclusión, debería haber máis debuxos animados e literatura infantil en galego porque é unha boa forma de recupéralo neste ámbito, pero para isto é preciso da nosa axuda. Ter estes recursos audiovisuais influíume positivamente no meu desenvolvemento en galego, polo que nun futuro pensó animar aos meus alumnos e alumnas a leer libros e ver películas nesta lingua na miña labor como docente.

Xeitura. B3. Zaila Varela Ferreira
Ola a todos e a todas!
Gustaríame compartir con vós a miña canción favorita en galego. O baile tradicional  foise transmitindo de xeración en xeración na miña familia polo que me uniu moito co galego e, sobre todo, ca nosa cultura. Levo practicando o folclore dende que era cativa e o cantante deste video, Xabier Díaz, foi un dos profesores que ensinou a tocar a pandeireta na nosa asociación.

Ademáis, o estribillo “Bailade nenas, bailade que o voso bailar me alegra, se o voso bailar non fora non estaba nesta terra” representa o que me transmite praticalo no meu tempo libre: a diversión en grupo e a unión con Galicia.

Grazas a todo isto, aprendín as raíces galegas e a disfrutar dos nosos cantares que espero que nunca se esquezan!

LVAN.A2.Noa Fariña Fernández
Bo día! Quería compartir esta canción do grupo Ailá. A coñecín por unha amiga da miña nai que nola ensinou porque a cantante é a súa sobriña. Gustoume moito pola mestura de tradición e modernidade.

Ledicia. B1. Nerea López Souto
Ola a todos e todas, quero compartir con vós esta imaxe moi persoal na que aparecen os meus avós, dúas persoas esenciais para min. Con eles é imposible aburrirse, cóntanme anécdotas sobre cando eran nenos, sobre como se coñeceron e o que facían a miña nai e o meu padriño cando eran pequenos .
Os meus avós son un pilar fundamental para min, son coma os meus segundos pais. Eu dende pequena pasaba moito tempo cos meus avós, pasaba tanto tempo con eles que incluso algunas veces ía traballar coa miña avoa polas mañás en verán. Outras veces quedábame co meu avó e iamos á leira, onde ten plantado tomates, cebolas, pementos,… a el encántalle explicarme todo sobre o campo. Son dúas persoas maravillosas que calqueira querría ter na súa familia.

Bolboretas.B3.Victoria Santos Bernárdez
Ola a tod@s!!! Quería compartir convosco esta fotografía feita por min no meu momento favorito do día. É na “Ventá ao Atlántico” situada no Portiño (A Coruña). Este sitio é moi especial para min, xa que é un mirador precioso para ver o atardecer, un plan que me encanta pola paz que me transmite ese momento. Encántame a miña cidade e Galicia en xeral dende que me din conta de que é un sitio fermoso e especial para vivir. Ademais, o meu sono é recorrer todas as praias de Galicia en autocaravana, xa que me encanta a natureza e a miña terra.

Punto verde. A2. Darío Cepeda Ferreiro
Bo día! Quería compartir con vós o meu libro preferido da infancia.
Titulase "O coelliño branco" e chegou as miñas mans como agasallo por parte da miña avoa, quen  mo regalou polo mero feito de ter animais debuxados e acabou por resultar sendo a mellor elección posible.
Coma a gran maioría de libros infantís tratase dunha narración breve sobre a amizade.
Non é o primeiro libro que lin en galego, nin é dos máis coñecidos e probablemente non sexa o mellor conto infantil, mais, si é o que máis veces teño lido e sobre todo o que marcou un antes e un despois na miña nenez por espertar en min o lecer pola lectura.

Fillos de Breogán. B1. María Meilán Rodríguez
Ola a todos e a todas, quería compartir con todos vós esta imaxe, a cal corresponde ás festas do Arde Lvcvs. Trátase dunha celebración cunha gran importancia na miña vida pois, dende ben cativa os meus pais levávanme xunto cas miñas irmás. Esta festividade ten un claro obxectivo; rememorar a fundación da cidade de Lugo recreando o seu pasado romano e castrexo. Nestos momentos nos que non me atopo no meu fogar, observar esta imaxe provócame un sentimento de morriña.

Grupo Nós. B2. Noa Pérez Iglesias
Boas , a min gustaríame compartir con vós o libro que máis me marcou cando estaba en 4º de primaria. Recordo que o meu profesor estaba moi contento a hora de ensinarnos este libro.
Estaba contento porque lle gustaba que un dos libros máis famosos e populares entre os/as nenos/as o traduciran ao galego.
Facíamos clase de lectura na cal leíamos ata onda él nos marcaba, cando rematamos o libro, recordo que fixemos un pequeno debate de si nos gustara o libro ou non e porque.
A todos/as nos gustara moito o método que nos propuxo para leelo porque ao rematar o libro, planteounos facer unha representación teatral diante dos/as alumnos/as da outra aula de 4º de primaria.
Recordo que o pasaramos moi ben a hora de ensaiar para a obra e facer todo o material coa súa axuda.
O principiño a parte de ser unha obra para nenos/as é un libro cheo de filosofía e de metáforas.

As súpernenas. B1. Teresa Lorenzo Portela.
Ola a todos e todas!
Eu persoalmente a relación máis forte que teño có galego é no ámbito da música. Na miña casa nunca falouse galego pero sempre dixéronme o importante que é que sepamos falalo ben e o orgullosos que temos que estar de ter un propio idioma xa que é algo moi bonito.
Desde pequena sempre gustoume moitísimo a música e estou acostumada a ir a concertos có meu pai. En 2010, fun con el ao meu primer concerto de Guadi Galego e desde entón creo que xa vimos 12-15 concertos dela. Grazas a escoitar a súa música aprendín palabras en galego que non coñecía e ao cantalas tamén collín más soltura ao falar en galego.
Deixovos aquí está canción que é das máis coñecidas que ten e a letra e súper bonita.

As bolboretas. A1. María Barca Pensado.
Ola!
A min gustaríame compartir con vós esta peza de Treixadura que me pon de tan bo humor.
Fai algúns anos descubrín o mundo das foliadas e hoxe non podo imaxinar como unha actividade que me fai sentir tan ben estivo sempre tan preto e á vez tan oculta para min. Ata o de agora é unha das formas máis bonitas e sinceras de querer á nosa lingua e á nosa cultura que atopei. Ninguén o pasa mal nunha foliada, a felicidade contáxiase; encántame o ambiente de compañeirismo e orgullo que se respira cando todos e todas os presentes compartimos e celebramos o noso ben común máis prezado.
Non fai falla ir acompañado, pois vaite sacar a bailar calquera, nin saber o baile nin a peza, pois non hai ridículo posible. Así que, por se alguén aínda non as descubriu, eu anímovos a buscar a que vos quede máis cerca. Sempre hai algunha pola volta!

Pequenos Morriñentos do Galego. B3. Sara Valcárcel Martín
Ola!
A min gustaríame compartir con vós esta canción chamada "Bicos de nai" do grupo THE TETAS'VAN.

Esta canción resúltame especial pois a cantante principal foi a miña profesora de Inglés cando eu estaba en primeiro da ESO.

Grazas a ela comezou a espertar en min certo interese pola música galega, xa que cada día, chegaba a clase cunha nova canción para recomendarnos.

Unha das suxerencias que aínda sigo escoitanto é á banda Furious Monkey House. Estes nenos/as foron ex-alumnos seus e estaba moi leda de ver que tan lonxe puideron chegar.

Esta é unha das mellores lembranzas que teño dela, recordo como chegou á aula orgullosa da súa actuación e desexando poñela na nosa clase.

Os galego-falantes. B2. Lola Ozores
Ola a todos e a todas!
A mín gustaríame compartir esta canción de Guadi Galego con todos vós. É unha cantante galega que fai a súa música en galego. Antes de escoitar as súas cancións, non adoitaba escoitar música en galego xa que non atopaba ningún cantante ou grupo que me gustara pero o estilo desta cantante namoroume. Comparto esta canción en particular xa que, aínda que me gustan moitas máis, esta en especial traeme recordos xa que foi a que me ensinou unha boa amiga miña e foi a canción coa que descubrín a Guadi e a través da cal comecei a escoitar o resto dos seus temas.

NAO- Cultura Crítica Ft. (SonDaRúa e Tanxugueiras) B2. Iago Porto Vázquez
Ola a todos e todas!
A mín gustaríame compartir con vós esta canción, que fai 2 anos a miña profesora de Lingua Galega nos ensinara a mín e a miña clase.

Un dos motivos polos que eu queroa compartir con vós é que é unha canción na que mestura 3 correntes musicais como o Hi-Hop, o Rock e Folk galego, moi diferentes entre sí pero que nesta canción compleméntanse sorprendentemente ben.

Ao mesmo tempo, a letra encántame ,xa que os 3 grupos musicais fan unha crítica sobre a importancia do castelán en parte da poboación galega e ao mesmo tempo buscan  que valoremos unha cultura galega propia e libre do castelán.

Para rematar, quérovos recomendar o grupo de Hip-Hop "SonDaRúa", no que a meirande parte dos seus temas crítican o comportamento da poboación galega e  a española, provocada polos estereotipos e prexuízos que hai en Galicia e o resto de España.

Os heroes sen aumento. B2. Camila Pardo Pazos
Ola a todos e todas!

Eu quero compartir con vós este cómic chamado "Asterix e os normandos".
Meu pai sempre foi moi fan de Asterix e Obelix, polo que na miña casa sempre tiven  peliculas, videoxogos e libros sobre estes personaxes. A mín sempre me fixeron  gracia, e solía acompañar ao meu pai.

Fai un ano tiven que facer un traballo sobre algún libro, non sabía de que facelo ata que atopei este antigo comic na biblioteca da miña casa. Fixome moita ilusión xa que era dos poucos que tiña en galego desta saga.

Facía moitos anos que non lía nada relacionado con estes persoaxes e alegreime moito ao atopar o cómic e recordar a infancia e adolescencia do meu pai.
Grazas por ler, un saludo.

Xeitura. B3. Laura Salgado Pardal
Bo día! Quería compartir con vós un vídeo que gravei este verán camiñando cos meus amigos polo Monte Iroite en Porto do Son. Para min, é un lugar especial porque pódese ver a ría e o Monte Louro, un lugar moi fermoso. Este sitio lémbrame a todas as vacacións da infancia e aos veráns disfrutando do mar, do sol e dos meus amigos. Sempre que vou alí son capaz de relaxarme ao completo e descansar.

Himno de Galicia. B3. Mauricio Rosa Arias
Para min o rasgo identificativo de Galicia e da lingua galega que me gustaría compartir é o propio himno da comunidade. Sempre que escoito esta canción, lémbrome das veces que fun ó Estadio de Riazor para ver xogar ó Deportivo contra o Celta, no derbi galego, cos meus amigos. É por isto que esta canción faime recordar unha boa época de mi vida entretida na que compartín momentos con persoas importantes para min, cantando esta canción antes de comenzar cada encontro de este estilo.

As súpernenas. B1 Jessika Quintero
Ola a todos e todas!

Ao principio non sabía que compartir xa que non son galega e non se dá moito a súa cultura, nin a súa tradición. Quero contarvos un pouco a miña historia.

Lembreime desta canción e gustaríame compartir con todos vos é moi importante para min, xa que era a que máis cantaba miña avoa; era portuguesa, ela emigrou co meu avó a Venezuela en tempos de guerra, tiña 23 anos e estaba embarazada de miña nai, así pasaron os anos, ela fixo a súa vida. e namorouse daquel país que os recibiu cos brazos abertos! A miña avoa, á que boto moito de menos, era unha persoa moi feliz e encantáballe esta canción, supoño que lle recordaba a súa terra natal.