LECTURAS TRIMESTRAIS by aprofadegalego

A ladroa da biblioteca de Meirás, EVA MEJUTO.
SINOPSE:

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N. 978-84-1110-105-9

Publicación: 09/06/2022

Páxinas: 200

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, ANTONIO M. FRAGA.
SINOPSE:

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.

Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil.

Obra incluída na Lista de Honra IBBY 2022.

1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao destino, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: "Liber bestiarium scientificus". Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na Compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N.: 978-84-1110-612-2

Publicación: 13/02/2025

Páxinas: 208

Que me pare o corazón se te esquezo, ANDREA MACEIRAS.
SINOPSE:

Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón. Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N.: 978-84-1110-142-4

Publicación: 08/09/2022

Páxinas: 224

Penúltimas tendencias, CARLOS NEGRO.
SINOPSE:

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N.: 978-84-9914-607-2

Publicación: 06/02/2014

Páxinas: 80

Burbullas de calma serena, ANDREA MACEIRAS
SINOPSE:

Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.

Colección: Infantil

I.S.B.N.: 978-84-124586-2-6

Publicación: 2023

Páxinas: 228

As músicas viaxeiras, RAMÓN CARIDE.
SINOPSE:

En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños... Con todo, nin moitas das mulleres se resignaban ao seu destino nin todas as princesas se conformaban con non poder ver o mundo cos seus propios ollos. Aínda que daquela había homes ruíns nas encrucilladas e nas tabernas, ou en pazos baixo da terra, tamén había mozas que loitaban para poderen ser elas en liberdade. Esta é unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente como nolos contaban.

Colección: De 11 anos en diante

I.S.B.N.: 978-84-9121-962-0

Publicación: 09/09/2021

Páxinas: 144

Unha estrela no vento, LEDICIA COSTAS.
SINOPSE:

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto..

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N.: 978-84-8302-481-2

Publicación: 15/02/2000

Páxinas: 224

A raíña galega, XOSÉ DURÁN.
SINOPSE:

Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenza devecían por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do común escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, só o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras máis.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N. 978-84-9121-729-9

Publicación: 08/10/2020

Páxinas: 144

LECTURA ADAPTADA - A cuadrilla de Castro Rosa, Manuel Martínez. (AUDIO LIBRO)
SINOPSE:

En Castro Rosa vive un grupiño de nenas e nenos coñecidos no lugar como a cuadrilla de Castro Rosa: son Juan Carlos, Sonia, Beltrán, Gabriela e Tito. Cada día, de camiño a escola, ven pasar unha chea de xente cargada con mochilas e bastóns. Cando lles contan que son peregrinos que fan o Camiño de Santiago deciden unirse a eles e comezan a preparar todo para facer o tramo que pasa pola súa vila ese mesmo verán. Unha aventura á que se unirá o curmán mozambicano de Gabriela que lles fará vivir unha aventura que non esquecerán xamais.

Colección: AUDIO LIBRO

I.S.B.N.: 9788412160505

Publicación: 10/02/2020

Páxinas: 96

LECTURA ADAPTADA - Sobremesas sobre versos, RAQUEL CASTRO.
Ilustracións de Diana Pastoriza.

SINOPSE:

Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos.

Colección: Árbore a partir de 12 anos

I.S.B.N.: 978-84-1176-145-1

Publicación: 06/09/2023

Páxinas: 168

LECTURA ADAPTADA - FORMIG4S, misión Samaín, ANDRÉS MEIXIDE e PEPE TOBARUELA.
SINOPSE:

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun enigmático escaravello branco. Alí atópanse coa Santa Compaña e outros personaxes estraños. Nesta estarrecedora aventura no universo das tebras, o doutor Paumao pon a proba de novo a brigada especial. Cal será o desenlace? As FORMIG4S serán quen de volver ao mundo real?

Colección: Formigas

I.S.B.N.: 978-84-1110-698-6

Publicación: 05/06/2025

Páxinas: 112

LECTURA ADAPTADA - FORMIG4S, misión París, ANDRÉS MEIXIDE e PEPE TOBARUELA.
SINOPSE:

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. "Misión París", leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio parisiense asegura que viu como uns homes sinistros dispararan a unha rapaza e esta desapareceu!

Colección: Formigas

I.S.B.N.: 978-84-9914-731-4

Publicación: 14/09/2014

Páxinas: 112

A cidade do átomo, IRIA MISA.
SINOPSE:

Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrova, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?

Colección: DE 11 ANOS EN DIANTE

I.S.B.N. 978-84-9121-961-3

Publicación: 09/09/2021

Páxinas: 168

Recinto gris, LEDICIA COSTAS.
SINOPSE:

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N. 978-84-9914-608-9

Publicación: 06/02/2014

Páxinas: 160

As meigas de Lupa, MARÍA SOLAR.
SINOPSE:

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N. 978-84-9914-375-0

Publicación: 14/05/2012

Páxinas: 120

Cartas de amor, FRAN ALONSO
SINOPSE:

As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración... E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.

Colección: FÓRA DE XOGO

I.S.B.N. 978-84-9782-489-7

Publicación: 06/11/2006

Páxinas: 128