Jobshadowing at the University of Westminster by Verónica Gaute

Son Verónica Gaute, profesora de inglés na EOI de Lugo e do 7 ao 18 de marzo visitarei a universidade de Westminster en Londres dentro do proxecto Erasmus+ GOAL da nosa escola e que está financiado polo sepie. 🤩

Durante estas dúas semanas observarei diferentes clases no departamento de inglés e linguas modernas desta prestixiosa universidade, irei reflexionando sobre o aprendido e compartindo con vos a miña experiencia nesta emblemática cidade.

Invítote a acompañarme nesta viaxe na que me embarco con moita ilusión e da que estou segura que aprenderei moito! Anímate a comentar as entradas que vaia publicando, facer preguntas ou aportar información relacionada coa miña estancia. 😎

Comezamos! ✈️

É unha universidade pública que foi fundada no 1838 co nome de Royal Polytechnic Institution e foi convertida en universidade no 1992. Esta prestixiosa universidade consta de 4 campus situados en distintas zonas da emblemática cidade de Londres: Fitzrovia, Marylebone e Harrow pero nesta observación visitarei a sede principal que está situada nunha das rúas máis concorridas da cidade: Regent Street onde se imparten estudos de Linguas Modernas, Inglés e Historia entre outros.

As actividades académicas da universidade están organizadas dentro de 7 facultades, dentro das cales hai 45 departamentos académicos. Conta con diversos centros de investigación a través dos diversos campos de estudo incluíndo comunicacións e investigación mediática.

En particular, observarei algunhas das súas clases de idiomas estranxeiros (español, francés, chinés, árabe e xaponés) e de tradución e interpretación para comparar metodoloxías, ver como enfocan a mediación e ademais experimentar o trato inclusivo a alumnos de tal diversidade.

Curiosidades sobre esta universidade:
- A Universidade de Westminster ten unha comunidade estudantil diversa, con máis de 19.000 estudantes de 169 países.

- Contén un cine no seu interior e está aberto ao público. Foi inaugurado no 1848 e é considerado como o lugar de nacemento do cine británico xa que nel se proxectou a primeira película no Reino Unido, organizada polos irmáns Lumière. Hoxe en día, proxecta películas independentes e de estudio.

- Os membros do famoso grupo de rock Pink Floyd estudaron arquitectura nesta universidade entre os anos 1962 e 1965. Roger Waters, Nick Mason e Richard Wright coñecéronse aquí e formaron unha banda orixinalmente chamada Sigma 6. Ensaiaban nunha sala no soto e deron varios dos seus primeiros concertos na universidade. Hoxe hai unha placa á esquerda da porta de entrada para conmemorar o nacemento desta mítica banda londiniense.

- En 1908, organizaron a cerimonia de abertura e clausura de os xogos olímpicos e tamén organizaron a maratón dese mesmo ano.

- Un dos seus alumnos graduados, Hussain Manawer, fará historia por ser o primeiro británico musulmán en ir ao espazo.

Interesante, non? 👌

A universidade de Westminster atópase no corazón de Londres en Regent Street.

Pincha na imaxe para ver algún dos sitios que visitei.

Anímaste a percorrer as rúas de Londres comigo? Algunha suxestión? 👣🗺🥰

Hoxe foi o primeiro día de observación na Universidade de Westminster. Día intenso pero moi interesante! 🤩 ⬇️⬇️⬇️

Specialised Translation 2: Spanish
A primeira clase que observei foi Specialised Translation 2: Spanish e forma parte dos cursos de Máster que oferta a universidade especializados en Tradución.

Puiden observar como traballan con textos ‘reais’. Por reais non me refiro a artigos de periódico ou publicacións senón textos que foron traducidos por empresas e/ou tradutores. O alumnado recibe unha copia do texto a traducir na lingua fonte (neste caso en inglés) e o texto xa traducido na lingua meta (castelán). Logo, traballan sobre a corrección do texto final e o editan, detectando erros ou cousas que se poderían ter mellorado. A tipoloxía de textos empregada é variada, desde textos legais, financeiros, médicos, literarios, etc.

Os/As profesores/as que imparten estes cursos do máster son todos tradutores profesionais que están en activo e  complementan o seu horario con ser profesor/a na universidade a tempo parcial. Isto ofrécelles ao alumnado unha visión real do que é a profesión e contacto directo con profesionais nese campo ademais de poder facilitarlles textos e exemplos de clientes reais.

Algo que me pareceu moi interesante e que se repetiu ao longo da clase foi a importancia da naturalidade no texto final. A raíz disto resultoume moi curioso ver as diferenzas nos textos e comentarios entre o alumnado con inglés como lingua materna e os que tiñan o castelán como primeira lingua. Mentres que os castelán falantes presentaban textos máis naturais, eran os que tiñan inglés como primeira lingua os que transmitían a información con máis precisión a pesar de carecer da mesma naturalidade.

Nas EOIs, xeralmente non traballamos a tradución como tal en clase, pero si puiden ver similitudes neste aspecto coas tarefas de mediación nas que lles pedimos que sexan precisos E naturais. Que creedes que é máis importante? A naturalidade ou a precisión da información? 🤔

Towards Professional Translation 1
A segunda clase de hoxe foi Towards Professional Translation 1 que impartiu unha alumna que está facendo o seu doutorado sobre o tema de Translating Blackness.

Na clase puidemos ver varios exemplos de textos escritos en inglés nixeriano logo traducidos ao francés estándar e como se perdían aspectos culturais de gran interese nesa tradución. A través de distintos xogos por parellas e en grupos, reflexionouse sobre distintas cuestións relacionadas co tema que suscitaron debates moi interesantes entre o alumnado, como por exemplo se debería existir un ‘manual’ de lingua negra; se é suficiente con saber sobre unha determinada cultura ou se é preciso formar parte dela para facer unha ‘boa’ tradución; se as traducións deberían ser tan xeneralizadas enfocadas a un público occidental e branco, etc.

Para esta parte de reflexión e debate, a relatora colocou follas nas distintas mesas: I agree, I disagree, I somewhat agree, I somewhat disagree, I strongly agree, I strongly disagree. Logo, proxectaba unha afirmación e o alumnado tiña que posicionarse (literalmente) ao lado da mesa que coincidía coa súa opinión e xustificar por que opinaba así.

Foi unha clase moi dinámica e interesante! 👌

Towards Professional Translation 2
Na segunda parte de Towards Professional Translation, o alumnado realizou unha sesión práctica nunha aula de informática na que crearon unha base de datos incluíndo terminoloxía específica relacionada cun ‘escenario’ proposto.

Para isto empregaron unha plataforma parecida á de IATE (Interactive Terminology for Europe), base de datos de términos da UE.

Spanish Advanced Seminar
A última sesión deste luns foi Spanish Advanced Seminar no que deu unha charla unha artista galega invitada: Belén Yánez.

Contounos un pouco sobre a súa traxectoria artística e os proxectos nos que está a traballar en Londres. Entre eles destacou o de Noras, un proxecto no que presenta imaxes de mulleres e nenas en espazos públicos.

Mañá, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inaugurarase no barrio de Lewisham en Londres.

Para máis información podedes consultar a súa páxina web: https://www.belenlyanez.com

Seguimos co segundo día de observación!

Como anécdota comentar que hoxe víronse interrompidas as clases a media mañá ao sonar a alarma de incendios. Despois de evacuar os seis pisos do edificio e con centos de persoas na rúa, informáronnos que fora unha falsa alarma e que era seguro volver ás aulas! 😎

Hispanic Studies Plenary
A primeira sesión do día de hoxe foi Hispanic Studies Plenary na que o tema  tratado foi ‘Race in the Americas’.

Tratáronse aspectos moi interesantes como a definición de raza como concepto social, como afectou a colonización das Américas na percepción deste concepto e as consecuencias que tivo dita colonización en Latino América. Tratouse tamén o tema do sistema de castas e a xerarquía de cor e como todo isto levou á discriminación que aínda é visible hoxe en día.

Na imaxe pódense ver parte dos distintos grupos sociais na América Latina colonial. Para máis información: https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-41590774

French Studies Plenary
Nesta clase tratouse o tema da segunda guerra mundial en Francia e como se viu afectada pola ocupación nazi e o impacto que esta tivo na sociedade nese momento.

Na última parte da clase, abriuse o debate sobre o tema de Colaboración vs. Resistencia na Francia ocupada.

Este tema deu pé a reflexionar sobre a situación actual no mundo. 🕊🇺🇦

Professional Development
Nesta clase de Professional Development pertencente ao máster de tradución no que tratan temas para guiar e asesorar profesionalmente ao alumnado, viñeron catro poñentes - todos eles relacionados co mundo da tradución e interpretación - e que falaron sobre as súas experiencias e tamén sobre as organizacións profesionais ás que pertencen.

Foron moitos os consellos dados, pero no que coincidiron todos é na importancia de crear redes de contactos e seguir o código de ética profesional. Compartiron moitas anécdotas persoais sobre os seus comezos neste mundo e tamén como tanto o Brexit como a pandemia trouxeron oportunidades pero tamén riscos para esta profesión. 🗣🎧

Os mércores na universidade non hai clases de grado nin de máster pero puiden observar dúas clases optativas e reunirme coa xefa de departamento de Polylang.

Complex Narratives
Hoxe observei a clase de Complex Narratives na que o alumnado traballou en grupos e prepararon unha presentación sobre a representación visual. Tiveron que elixir unha imaxe, anuncio, portada de revista ou similar e analizar diferentes aspectos centrándose sobre todo no eixe do módulo: ‘representation of difference’ and ‘othering’. Pedíaselles que fosen críticos e reflexionaran sobre todo aquelo que naturalizamos e consideramos axeitado na publicidade e que non sempre o é (como por exemplo a imaxe da muller obxecto, mensaxes sexistas, racismo, etc).

O alumnado viña preparado, equipados cada un co seu portátil persoal, con apuntamentos de clases anteriores e nuns minutos puxéronse mans á obra. Aproveitaron as dúas horas para planificar, facer as preguntas necesarias e analizar os distintos aspectos cos seus compañeiros/as.

É unha pena non poder asistir á seguinte clase e ver os traballos finais! 🤷🏻‍♀️

Meeting: Polylang Assessment
Hoxe puiden reunirme coa encargada (Course leader) de Polylang, un programa que oferta a todo o alumnado e profesorado da universidade de Westminster cursos de linguas desde o nivel A1.1 a B2.2. Estes cursos son optativos e complementarios aos seus estudos principais e os idiomas ofertados son árabe, castelán, chinés, italiano, francés, xaponés, alemán e ruso. Deben presentarse a un exame de nivel antes de matricularse para poder acceder ao curso que máis se adapte ás súas necesidades. Para máis información sobre estes cursos aquí.

A reunión xirou en torno á avaliación e o proceso de adaptación ao marco común europeo. Explicoume como ao longo de varios anos analizaron o marco e compararono co plan de estudos que xa tiñan na universidade e todo o proceso que seguiron para ir especificando os contidos e mínimos esixibles para cada lingua e nivel. É dicir, durante máis de tres anos a xefa de departamento en colaboración co equipo de profesorado que imparte estes cursos foron elaborando o que equivale ao noso currículo, os criterios de avaliación e as rúbricas! 😵

Os exames tamén están divididos en comprensión de textos escritos, comprensión de textos orais, produción e coprodución escrita e oral e integran a mediación na parte das expresións e cada unha destas partes ten un valor de 25 puntos. Ata aquí todo moi similar ao noso sistema de avaliar nas EOIs. 🤩

En canto ás diferenzas:
- as comprensións avalíanse a través da aula virtual (pero na universidade con todo o alumnado o mesmo día á mesma hora)

- os tempos máximos para as comprensións son de 25 minutos e varían lixeiramente en función do idioma, por exemplo os idiomas non europeos poden durar uns 5 minutos máis. Isto sorprendeume bastante e cando lle comentei que as nosas comprensións escritas duraban xeralmente unha hora e tiñan o mesmo número de tarefas que as deles comentoume que normalmente había moita diferenza entre as notas da comprensión escrita e o resto de actividades de lingua, que era a parte que máis fácil lle resultaba ao alumnado. Explicoume que canto máis tempo tiñan, mellores notas sacaban pero non reflectía o nivel real que tiñan. Curioso, non?

- teñen unha rúbrica xeral para as expresións baseada no marco - similar ás nosas táboas de avaliación - pero ademais teñen unhas especificacións moito máis concretas para cada apartado. Isto pareceume interesantísimo. Por exemplo, na columna de riqueza gramatical para cada apartado especifican con exemplos claros que estruturas teñen que usar correctamente e cales teñen que empregar para acadar 1 punto, 2 puntos, etc. Isto axuda a que as rúbricas non sexan tan subxectivas e baseadas na interpretación persoal da persoa examinadora facilitando deste xeito a estandarización. Algo sobre o que reflexionar! 😉

Spanish 4
Despois da reunión sobre avaliación dos cursos Polylang puiden observar unha destas clases. En concreto Spanish 4, que equivale a un nivel B2.1. Son clases como as que impartimos nas Escolas de Idiomas nas que se van presentando os contidos seguindo un enfoque comunicativo. Teñen tan só unha sesión presencial de 2 horas á semana e logo teñen que facer tarefas na aula virtual antes da seguinte clase.

Non traballan con libros de texto e o profesor/a comparte os materiais a través da aula virtual e os proxecta no encerado na aula.

Cada clase inclúe tarefas de comprensión escrita e oral, aspectos específicos de lingua como pode ser vocabulario específico, gramática, etc. Ao longo da clase o alumnado ten moitas oportunidades para dar a súa opinión e vanse alternando exercicios individuais, en parellas, en grupos ou de toda a clase.

Este grupo en concreto era de tan só oito alumnos, cada un dunha nacionalidade diferente pero todos cun obxectivo común: aprender esta lingua. 😎

Chinese beginners seminar
Hoxe comecei a mañá co Chinese beginners seminar para alumnado que estuda chinés combinado con outra especialidade (linguistics, international studies...). Era alumnado do primeiro ano de universidade pero o nivel xa era bastante esixente.

Comezaron cun test de repaso de clases anteriores e a continuación centráronse en vocabulario novo e tamén traballaron distintos aspectos gramaticais prestando especial atención á escritura dos caracteres e a súa pronuncia. 🇨🇳

French beginners seminar
A continuación puiden observar o French beginners seminar, tamén con alumnado do primeiro ano de carreira.

Esta clase estivo enfocada sobre todo á expresión oral e o alumnado participaba expresando a súa opinión sobre distintos aspectos relacionados coa tecnoloxía, o uso de apps, etc.

Quality assurance for Translators
Na sesión da tarde observei a clase de Quality Assurance for Translators onde analizaron un Quality Report que tiveran que entregar como preparación cara o traballo de final de curso (coursework). Esta tarefa consiste nunha recensión sobre os aspectos a mellorar nun texto xa traducido.

Comezaron reflexionando sobre as dificultades que atoparan á hora de facer a tarefa, os aspectos que debía incluír dita recensión e de novo falouse da diferenza entre revisar unha traducción desde o punto de vista dun nativo da lingua meta e o dunha persoa que a ten como segunda lingua.

Tras esta reflexión inicial, déuselles unha mostra dunha reseña e comentaron os aspectos positivos e negativos da mesma.

Para rematar a sesión, analizaron como mellorar a traducción inicial de varios dos parágrafos que máis dificultades presentaban, propuxéronse alternativas entre todos e finalmente fíxose fincapé na importancia de presentar sempre un traballo profesional e pulido. 📝

Spanish beginners seminar
A primeira clase que observei hoxe foi Spanish beginners seminar. Unha clase de dúas horas na que o alumnado do primeiro curso cun nivel A2 practicaron estruturas do imperativo e tamén o uso dos pronomes de obxecto en actividades comunicativas relacionadas co tema da gastronomía. Tamén fixeron unha comprensión lectora e unha comprensión oral de encher ocos e compartiron a súa opinión sobre o tema de xeito oral.

O grupo estaba formado por alumnado de distintas partes do mundo (de Alemaña, Sudán, Polonia, Gales, Holanda, Bangladesh, Francia...) e foi moi interesante ver os diferentes puntos de vista e as distintas costumes relacionadas coa comida e hábitos alimenticios.

Ao rematar a sesión dedicaron os últimos dez minutos a comentar e describir fotos que o propio alumnado había mandado por correo electrónico á profesora. Isto os motivaba a comentar e opinar. Unha actividade para fomentar a expresión oral moi sinxela pero moi atractiva para o alumnado. 👌

Translation: Spanish
Na sesión da tarde, observei a clase de Translation: Spanish do último curso do grado. Comezouse a clase revisando o texto que tiveran que entregar de deberes - un texto sobre un ensaio clínico. Fíxose fincapé na importancia de empregar vocabulario específico e aclaratorio pero que non asuste ao lector ao tratarse dun tema delicado relacionado coa saúde.

A continuación, fíxose unha introdución ao tema da tradución de obras de teatro ou textos pensados en ser representados mencionando aspectos como a espontaneidade, a inclusión de elementos xestuais, etc.

Para poñerse en contexto antes de comezar coa tradución do texto, proxectouse a primeira parte da obra de teatro en vídeo para familiarizarse co tema, ver o ton e o rexistro. Logo traballouse a tradución do castelán ao inglés do primeiro acto e reflexionouse sobre o estilo e a elección de determinado vocabulario para manter o humor e os matices do texto orixinal. A obra elixida foi a de Milagro en el convento de Santa María-Juana de Jean Pierre Martínez. 🤓

International Communication Seminar
A primeira clase desta semana foi Intercultural Communication Seminar. Un seminario moi interesante no que se explorou o concepto de identidade - avowed (como nos identificamos nos) e ascribed (como nos identifican os demais) - e como todo isto se reflicte sobre todo na linguaxe que empregamos.

Para comezar a clase, o alumnado por parellas foi presentado cunha lista de termos distintos vistos ao longo do semestre e tiveron que definir cada concepto sen empregar as palabras chave para que o compañeiro/a adiviñase de que termo se trataba. Entre os termos falouse de: ascribed/avowed identity, tolerance of ambiguity, low context, uncertainty avoidance, iceberg model, stereotyping, ethno-relative, power distance, linear active, etc.

Logo leuse un texto (ver imaxe) e en grupo reflexionaron sobre as preguntas relacionadas coa información presentada, a situación descrita e o efecto que tiña. Neste caso, vese como a linguaxe empregada polas rapazas servía para crear un vínculo de amizade e confianza entre elas e a empregan para intentar proxectar unha imaxe de poder ou superioridade mentres que a miúdo son percibidas polo resto de xente fora do seu grupo como irrespectuosas e maleducadas.

A continuación, proxectouse un TedTalk: Navigating life as a third culture kid e reflexionouse sobre as vantaxes e desvantaxes de ter varias identidades e como non están necesariamente relacionadas coa nacionalidade. Isto serviu de preparación para a introdución á tarefa final que terán que presentar a finais de semestre na que investigarán distintas identidades a través de entrevistas cos compañeiros/as da clase. Como introdución tiveron que facer unha listaxe de grupos de identidade aos que pertencían, por exemplo young adult, student, birth order, Londoner/foreigner, etc.

Polylang Japanese 3
Polylang: Japanese 3 equivale ao último curso de xaponés do nivel A2. A clase xirou en torno a saber dar consellos.

Comezaron facendo un repaso de vocabulario coa aplicación Quizlet - actividade que fixeron en grupos e que se repetiu varias veces para afianzar o vocabulario a repasar.

Logo, trala explicación gramatical empregáronse distintas imaxes para poder dar consellos sobre hábitos de vida, saúde, etc.

O alumnado desenvolvíase con soltura e participaba de xeito moi activo ao longo de toda a clase. 🇯🇵🤩

Un par de alumnas do grupo de xaponés está a realizar un proxecto sobre Origami para o cal crearon marcadores e postais coas imaxes feitas por elas. Mirade que beleza me levo de regalo! 🌸😍

Chinese Studies plenary
Hoxe tocou observar o Chinese Studies Plenary onde se tratou o tema sobre os estranxeiros residentes en China ao longo da historia desde a época anterior á República Popular China ata hoxe en día.

Falaron sobre como pasaron de segregar aos estranxeiros en concessions a irse abrindo pouco a pouco; como nas décadas dos anos 60 e 70 comezaron a asentarse cada vez máis estranxeiros; e como aumentou a ansiedade polo chamado 'spiritual pollution'.

Tamén se tratou o tema das dúas moedas que coexistiron ata o 1994: foreign exchange certificates e a moeda local, renminbi; sobre a significativa wealth gap que existe; como practicamente hoxe en día non se paga en efectivo senón a través de apps como WeChat Pay e AliPay, etc.

Toda esta información foi de gran interese para o alumnado xa que a gran maioría está á espera de poder pasar un ano en China - e que forma parte dos créditos cara a obtención do grado. 🇨🇳💴

Arabic Studies Plenary
Esta sesión xirou en torno ao Imperio Otomán. Falouse da súa orixe, a súa expansión e a súa interacción con Europa. Explicouse o rol dos sultáns otománs, dos imáns e como ao longo do século XIX o imperio foi perdendo territorios e comeza a súa decadencia ata chegar ao seu fin no século XX.

Developing Careers Competences
Nesta sesión de tarde, o alumnado de Developing Careers Competences está a preparar unha presentación sobre un produto/campaña/etc. existente no idioma que están estudando. Por exemplo, un grupo elixiu a campaña publicitaria de FNAC que é orixinaria de Francia e ten tendas en distintos países europeos pero non no Reino Unido polo que están a preparar unha presentación para publicitalo aquí.

Para isto, cada semana váiselles presentando un punto novo que deben incluír: market research, brief, target audience, channel, practicalities, brand personality, tone of voice, timeline and quality control.

A clase centrouse no aspecto do ton a empregar para persuadir, transmitir certas emocións, se pode ter un efecto negativo no público ao que vai dirixido, etc.

Pareceume unha clase interesante na que se promoveu a creatividade do alumnado e o traballo en equipo. Chamoume a atención como buscaban distintos slogans en francés (no caso de FNAC) e intentaban trasladar o ton, o humor, etc. ao inglés. Unha tarefa exixente pero coa que se divertiron moito buscando ideas en grupos na segunda parte da clase.  🤓

Conflicts and Culture
Comezamos o día coa clase de Conflicts and Culture, un módulo no que o alumnado é presentado cada semana con diferentes conflitos históricos relacionados cos distintos idiomas que se estudan na universidade.

Nesta sesión tratouse o tema da guerra contra o narcotráfico en México.

Comezouse cunha introdución sobre as orixes de dito conflito presente neste país e como se está manexando. Desde as medidas de arrasar os cultivos, ao envío de tropas a partir do ano 2006, ata hoxe en día – no que os niveis de homicidios e corrupción están no seu punto máis alto.

A continuación falouse da narcocultura e como é promocionada a través da música (narcocorridas) e de series de televisión e telenovelas.

Comparáronse varias producións americanas e mexicanas que tratan este tema. Tendo en conta como algunhas reflicten unha visión sensacionalista da situación real de violencia e gore vivida como por exemplo as series de Breaking Bad e Narcos ou como outras se basean na realidade que está a vivir e no efecto que esta guerra ten na poboación en xeral sen centrarse na figura moitas veces idolatrada dos capos – por exemplo a serie mexicana Somos.

Este tema deu moito sobre o que pensar. Un tema que quizáis pode ser de interese a tratar nas clases de EOI cos niveis Cs. 🤔

Principles and concepts of translation and interpretation
Esta sesión teórica tivo lugar online por videoconferencia - a través da aula virtual Blackboard da universidade.

A clase xirou en torno ao tema da domesticación e a estranxerización na tradución. Dous termos introducidos por Venuti pero que sempre estiveron presentes na tradución.

A domesticación consiste en adaptar os medios culturais da lingua de orixe a aquelas da lingua meta para que se perciba con naturalidade.

A estranxerización, por outra banda, consiste en manter ditos elementos culturais de xeito que o receptor perciba a lingua e cultura de orixe.

Falouse tamén dos perigos que isto pode supoñer, ben pola falta de coñecemento coa lingua de orixe ou ben ao elixir como representar a outra lingua ou cultura pode levar á parodia ou a estereotipos.

Comentouse que existe un extenso debate entre numerosos autores sobre cal dos dous métodos é o máis axeitado. Como conclusión, sempre vai a depender do tipo de texto a traducir, do público ao que vai dirixido, etc. E está nas mans do tradutor decidir cal é a mellor forma en cada caso - o cal é unha gran responsabilidade.

Comparto aquí a cita coa que rematou a clase. De novo, more food for thought: 'The reasonable man adapts himself to the world: the unreasonable one persists in trying to adapt the world to himself. Therefore all progress depends on the unreasonable man.' GB Shaw.

Gender matters
A última clase desta observación foi Gender Matters. Un módulo que é impartido por diferentes profesores que tratan un aspecto diferente e desde distintos puntos de vista en cada sesión semanal.

Nesta sesión, tratouse o tema de Postmodern masculinities in contemporary Arabic literature.

Comezouse cunha introdución ao contexto histórico e xeográfico sobre Oriente Medio, en como o colonialismo, modernización e nacionalismo foron chave no seu desenvolvemento non só a nivel político senón tamén a nivel cultural, relixioso e en como isto influíu nos roles de xénero.

Tratouse tamén o tema das primeiras figuras do feminismo no mundo árabe e musulmán (Hoda al-Shaarawi  e Zaynab al-Ghazali) e tamén como o uso do hijab moitas veces está politizado e non deixa de ser outro exemplo do patriarcado – tanto naqueles países nos que o seu uso é obrigado como naqueles no que está prohibido.

Na segunda parte da clase, falouse sobre como países como Syria e Exipto, trala independencia embárcanse nun proceso de modernización moi influenciada polos modelos europeos. E como empezan a xurdir numerosos autores que tratan nas súas obras estes temas a miúdo relacionando o concepto da masculinidade coa identidade nacional e a perda do seu país ou identidade coma un exemplo de emasculación.

Reflexionouse sobre como a consecuencia de todo isto, os roles de xénero normalmente son presentados como algo polarizado, fixado e inmutable. O cal levou a que na última parte da clase o alumnado en grupos reflexionase sobre unha serie de preguntas que resumían o contido visto ao longo da sesión de tres horas.

Trala última clase tocou despedirse e dar as grazas a todos por recibirme e permitir que puidera observar as súas clases.

Nesta foto estou con Olga Núñez Piñeiro, unha luguesa que leva xa moitos anos traballando na universidade de Westminster e con quen ao longo da miña estancia puiden reflexionar e comentar sobre o funcionamento dos departamentos de linguas na universidade e comparalo co das EOIs.

Por suposto, quedou invitada a visitar a nosa EOI de Lugo cando quixera!  🥰

Presentación das conclusións finais ao claustro