Análise de información na web social: Determinismo biolóxico e desinformación. by María García López

“O noso cerebro pode controlar o noso sistema inmunolóxico”
Maldita.es, o 8 de abril de 2020, desminte a mensaxe da influencer Miranda Makarov quen, a través do seu perfil de Instagram, pide que se nos ensine a que o noso cerebro controle o noso sistema inmunolóxico, confirmando que, de adquirir tal capacidade, podemos curarnos a nosotros mismos y mismas, bajo nuestro control y deseo.
https://maldita.es/malditobulo/20200408/cerebro-controlar-sistema-inmunologico-curarnos-miranda-makaroff/

"O feito de nacer varón, implica ser un violador en potencia"
En Maldita.es, o 2 de marzo do 2021, cualifica a  “EnfurecidaMujer” como conta de Twitter “fake” e consideran que é manexada por homes opresores. Desmentiuse un dos seus chíos, onde se dicía “me niego a tener a hijos si el Estado y la Seguridad Social no me garantizan que tendré una niña, no estoy dispuesta a ser obligada por el heteropatriarcado a criar un violador en potencia".
https://maldita.es/malditobulo/20210302/twitter-enfurecida-mujer-carla-angeli-feminista-no-tener-hijos-violador-en-potencia/

“Ser estranxeiro implica ser violador”
Antena 3, o 5 de novembro de 2019, fai pública a intervención de Iván Espinosa de los Monteros (portavoz de VOX) quen, a través dunha entrevista televisiva e dende a súa propia interpretación persoal, afirma que "un estranxeiro é 3 veces máis propenso a violar que un español".
https://www.antena3.com/programas/espejo-publico/noticias/espinosa-de-los-monteros-un-extranjero-es-tres-veces-mas-propenso-a-violar-que-un-espanol_201911055dc14bce0cf28db146c978a2.html

"As mulleres son inferiores a nivel físico-deportivo"
Xornais on-line como El Independiente (13 de abril de 2019) e La Razón (1 de marzo de 2021) publican que militantes dun partido político español cualificado como de extrema dereita como é VOX, cuxo presidente é Santiago Abascal, consideran que mulleres non deben participar na mesma categoría que os homes a nivel deportivo, chegando a xulgar o seu rendemento como inferior.
https://www.elindependiente.com/politica/2019/04/13/santiago-abascal-normalmente-la-mujer-no-puede-competir-al-mismo-nivel-que-el-hombre/ https://www.larazon.es/deportes/20210301/hxp73ruhhbdlxbzo7rbbbfkbme.html
https://www.larazon.es/deportes/20210301/hxp73ruhhbdlxbzo7rbbbfkbme.html

"Ter discapacidade limita o desenvolvemento do alumnado nas aulas"
Maldita.es, o 15 de febreiro de 2021, desminte que Trump publicou un chío o 14 de febreiro de 2017 apoiando este argumento: "os estudantes con discapacidade dificultan as clases".
https://maldita.es/malditobulo/20170215/no-trump-no-ha-dicho-que-los-estudiantes-con-discapacidad-dificultan-las-clases/

Evidencias que o desminten
Singh (2018) sostén que o determinismo biolóxico defende a superioridade masculina. Os homes terán unhas características exclusivamente masculinas e as mulleres, unhas femininas, xerando así relacións de xénero desiguais e opresión cara ás mulleres.

Esta “supremacía masculina non é “natural”, senón un sistema inxusto de poder e opresión”; referímonos a un discurso heterosexual hexemónico (Olavarría, 2001).

Tomando en consideración as ideas de León (2000) e Puig (s.d.), existen moitos factores (sociais, psicolóxicos, biolóxicos, políticos) que limitaron a presenza da muller no deporte, sendo hoxe en día superior a participación no caso masculino.

Atendendo á perspectiva biolóxica, é certo que, xeralmente, as mulleres adoitan presentar unhas características fisiolóxicas diferentes das dos homes, que afectan ao rendemento deportivo. Aínda que depende da persoa, do estrés, da etapa vital, de ser deportista de élite, etc.

Existe falta de respaldo ou apoio por parte de axentes de socialización como os medios de comunicación, favorecendo a comunicación sobre deportes masculinos.

Hermosilla (2016) comenta que existen disciplinas como a vela, o xadrez ou a equitación, onde compiten xuntos.

Existe respaldo legal: a Lei de Igualdade a nivel Estatal, a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, recolle que “Todos os programas públicos de desenvolvemento do deporte incorporarán a efectiva consideración do principio de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no seu deseño e execución”.

Segundo Gutiérrez (2020), atópase un interese político, “como unha arma de batalla política e ideolóxica” e o discurso de odio, que pretende reafirmar e avivar a desigualdade entre homes e mulleres no mundo deportivo.

Conclusión: existen certas características a nivel biolóxico que poden influír no rendemento deportivo segundo o sexo, mais, cómpre ter en conta outro tipo de factores ambientais (historia do deporte feminino, sistema hetero-patriarcal, falta de apoio por parte de axentes de socialización, etc.). Cabe destacar que existen deportes nos que compiten na mesma categoría e, incluso, xuntos, indistintamente do sexo.

Evidencias que o desminten
A parte consciente do noso cerebro non controla o sistema inmune (responsable de loitar contra as enfermidades) e, dado que non existe ningún biolóxico que así o permita, non é posible aprender a facelo. (Amanda Sierra, doutora en neurociencia e bioloxía)

O sistema inmune componse por células que se distribúen no corpo e se coordinan, a través dunha reacción automática, para recoñecer e eliminar os organismos invasores. En dito proceso, non existe intervención por parte do cerebro. (Rady Children’s Hospital)

O sistema nervioso vexetativo (que forma parte do noso cerebro), regula e controla determinadas funcións internas (dixestión, sudoración, respiración, etc.), desenvoltas de xeito automático a prol da nosa supervivencia. (PsicoActiva)

Conclusión: unha persoa non pode curarse nin controlar as súas propias células ou o seu sistema inmunolóxico coa mente pois, en primeiro lugar, este proceso é automático e non consciente e, en segundo lugar, durante dito procedemento a intervención do noso cerebro permanece ausente, o que vén a significar que non ten vinculación algunha co sistema inmune, sendo imposible a súa capacidade de control sobre o mesmo.

Evidencias que o desminten
Atribúe a responsabilidade dos conflitos sociais aos xens, obviando como factor influínte a dinámica social nos comportamentos das persoas (Guzmán, 2016).

Singh (2018) sostén que o determinismo biolóxico defende que “os homes son homes” e, por tanto, non teñen a capacidade de controlar o seu comportamento,  de aí que serán máis propensos a violar ou a delinquir. Desta forma, déixase entrever como se exerce supremacía masculina de forma natural.

Muy Interesante (s.d.) e SINC (2014), en base a un estudo de ADN, demostran que os homes poden ser máis propensos a comportamentos violentos.

Unicef (s.d.): “non hai evidencia clara de que existan causas xenéticas da violencia, pero pode haber predisposición no temperamento do individuo”.

Causas: educación pouco adecuada e ineficaz e debido á promoción de modelos e actitudes inapropiadas, sendo o seo familiar un contexto no que xeralmente se forman as actitudes violentas nos primeiros anos de vida (Unicef, s.d.).

Outras causas: vivir en sociedades con grandes desigualdades sociais, nas que os medios de comunicación adquiren un papel protagonista como influíntes e nas que tamén depende da concepción que ten esa cidadanía sobre a violencia. E económicas, nas que a pobreza, o paro e a falta de oportunidades de emprego poden desencadear un aumento de frustración, de baixa de autestima, de desesperanza e inestabilidade familiar (Unicef, s.d.).

Castillero (s.d.) este reafirma que a maior parte das violacións son protagonizadas por homes, pero non en todos os casos, e as vítimas adoitan ser mulleres.

Seleccionar o sexo do bebé pode ocasionar problemas a nivel legal: “En España, coma no resto da Unión Europea (UE), só se pode escoller o sexo do neno por indicación médica” (Lei 14/2006, do 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida).

Reafírmase o sistema machista no que nos atopamos con feitos como os que ocorren en Asia; moitas mulleres chegan a abortar por razóns de estatus: “o nacemento dun fillo varón faime subir de estatus”; chegando, incluso, a poñer en perigo a súa saúde e benestar.

Conclusión: o feito de nacer varón, non implica ser un varón en potencia, senón que depende dun conxunto de factores entre os que sobresae a educación no seo familiar e o sistema hetero-patriarcal que domina a sociedade (Velasco, s.d.).

Evidencias que o desminten
A pesar de que Leskanaris (s.d.) aborda que o determinismo biolóxico atribúe a categorías como a discapacidade (principalmente intelectual) dependentes da bioloxía, dos xenes; Sloan (2013) indica que ningunha investigación demostra a existencia dunha relación causal clara entre a variante xenética e o grao de habilidade cognitiva.

Inciden factores ambientais como pode ser a calidade da educación ou o coidado durante a infancia.

Excluír ás persoas con discapacidade das aulas de K-12 sería ir en contra da norma, pois, a ensinanza é obrigatoria en EE.UU.(Ministerio de Educación e Formación Profesional, s.f).

A educación inclusiva supón beneficios a nivel académico e social para o alumnado; traslandándoo a fóra das aulas como consecuencia (PoliEstudios, s.d.).

Quedan por conseguir algúns retos a nivel de formación por parte das persoas educadoras (docentes, familias...) e a nivel curricular.

Conclusión: unha persoa con discapacidade non limita o desenvolvemento do resto do alumnado na aula; todo o contrario, a educación inclusiva supón beneficios tanto dentro como fóra do centro escolar. O problema está nos retos, en conseguir verdadeiramente este tipo de educación, nunha sociedade caracterizada pola diversidade.

Evidencias que o desminten
Dun total de 2.342 condenas por delitos sexuais, 1.749 son cometidas por españois (máis da metade) (INE, 2018).

Referirse á poboación total dun país, implica non tomar en consideracións outros factores influíntes como a idade na que se comenten maior número de delitos (El Confidencial, 2019)

Elaborar afirmacións dende un punto de vista única e exclusivamente demográfico, dá lugar a unha comparativa falta de homoxeneidade (El Confidencial, 2019)

O partido de VOX inclúe no seu discurso unha serie de datos inexistentes, e polo tanto non oficiais, en relación ás cifras de delincuencia migrante e delitos sexuais cometidos (El Diario, 2019)

Segundo os datos oficiais, as cifras de criminalidade incrementan cando diminúen as cifras de poboación estranxeira e viceversa (El Diario, 2019)

Conclusión: froito da especulación e unha persoal interpretación de datos, Iván Espinosa de los Monteros (deputado do partido de VOX), afirma que os estranxeiros presentan unha tendencia 3 veces maior que os españois a cometer delitos de natureza sexual. Este político só ten en consideración á poboación total española, desbotando calquera outro factor influínte como poden ser a idade ou a situación de marxinalidade.

Proposta Educativa

Guión do vídeo "Determinismo biolóxico e desinformación"

Vídeo "Determinismo biolóxico e desinformación"

Argumentario