Cousas de ler by Noa EOI PTV

Laura no deserto - Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2011=
A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria.

Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.
http://editorialgalaxia.gal/produto/laura-no-deserto/

Brasil no centro - Xavier Rodríguez Baixeras (Galaxia, 2011)
Se en 'Diario de comidas', o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro.

A partir do ano 2006, en que Rodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser "outro" durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir outra roupa ou gustar comida diferente.

Amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, Salvador de Bahía. "A acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- de novidade, de asombro inaugural", escribe Rodríguez Baixeras na nota aclaratoria inicial. Para o autor de 'O pan da tarde', ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora dun estraño feitizo.

http://editorialgalaxia.gal/produto/brasil-no-centro/

Corredores de sombra - Agustín Fernández Paz (Xerais, 2006)
O descubrimento dun esqueleto no Pazo dos Soutelo no verán de 1995 dará un xiro á vida de Clara Soutelo, que indagará no pasado da súa familia para coñecer as identidades do morto e do asasino. Asimesmo, atopará o seu primeiro amor e tamén descubrirá as diferenzas sociais daquela época.

É unha lectura interesante pois narra a situación da Galicia rural daqueles tempos, coma o caciquismo e a división social.
A narración mestura de forma clara as experiencias vividas pola protagonista no pasado e no presente, variando o punto de vista.
Polo tanto, unha boa lectura, con narración sinxela e doada de comprender.

https://www.xerais.gal/libro.php?id=1161682

O club da calceta - María Reimóndez (Xerais, 2006)
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

https://www.xerais.gal/libro.php?id=1276641

A praia dos afogados - Domingo Villar (Galaxia, 2009)
O inspector de policía Leo Caldas investiga un posible suicidio, descubrindo que en realidade é un asasinato. Atopa que esta misteriosa morte está relacionada cun naufraxio doce anos atrás. Os mariñeiros locais non llo van poñer sinxelo, pese a seus intentos, pois son reacios a falar.

Ten unha trama de intriga  que engancha máis a partir da metade do libro, cun final ben enlazado e xustificado. Boa narrativa descritiva dos lugares onde acontecen as situacións. Sen embargo, sobroume a relación amorosa do protagonista, non me aporta nada na lectura do libro ni na resolución do enigma (pode que teña algo que ver coa primeira entrega da saga que non lin).
Ten moito vocabulario, algún descoñecido para mín, pero non impide a comprensión da lectura.

http://editorialgalaxia.gal/produto/a-praia-dos-afogados/

Que me queres, amor? - Manuel Rivas (Galaxia, 1995)
O autor ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas.
Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de  dezaseis relatos supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Unha ollada dura e, ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén.

Como son relatos curtos pódese ler en varios días. O libro ten boas críticas pero a verdade, é que a mín, non me gustou. (Non entendín o final dalgunhas historias e noutras, non atopei un final).

http://editorialgalaxia.gal/produto/que-me-queres-amor/

Erros e Tánatos - Gonzalo Navaza (Xerais, 1996)
"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender."Erros e Tánatos" é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e acontecementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable.

Ten un vocabulario sinxelo e as historias son doadas de ler xa que son curtas, divertidas, curiosas,  e moi ben contadas. Sorprendeume gratamente!

https://www.xerais.gal/libro.

Cartas de inverno - Agustín Fdez. Paz (Xerais, 1995)
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

O texto inclúe elementos da novela de terror como casas antigas enmeigadas ou seres estraños.
Tamén inclúe elementos da cultura galega como arquitectura románica ou petroglifos e mitos como a Santa Compaña.
Ben narrado e entretido de ler, mais o final non me convence...

https://www.xerais.gal/libro.php?id=5400000

A neve interminable - Agustín Fdez. Paz (Xerais, 2015)
Un equipo de guionistas de tres mulleres e dous homes recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI.

Libro ideal para ler nunha ou dúas tardes cunha narración sinxela de varias historias. Nos diferentes relatos podemos atopar diversos personaxes e situacións que me gustaron. Coma noutro libro do mesmo autor, novamente falloume o final.

https://www.xerais.gal/libro.php?id=3924049

O misterio dos fillos de Lúa - Final Casalderrey (1995)
Sergio Pascual conduce este percorrido sonoro por 'O misterio dos fillos de Lúa', de Fina Casalderrey: unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico.

https://vinte.praza.gal/

Infamia- Ledicia Costas (Xerais, 2019)
Emma Cruz trasládase a unha pequena localidade chamada Merlo para impartir a materia de Dereito Penal na universidade e alí descobre que hai dúas irmás desaparecidas hai 25 anos, entón comeza a investigar pola súa conta ata que se percata que os habitantes de Merlo teñen moitos segredos entre eles e que nada é o que parece. O final do libro é aberto e pide unha segunda parte.

Herba moura - Teresa Moure (Xerais, 2005)
"Herba Moura" de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil -nunha perspectiva inédita do filósofo- e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novo contexto. "Herba Moura" é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas.

https://www.xerais.gal/libro.php?id=948892

Scórpio - Ricardo Carvalho Calero (Sotelo Blanco, 1987)
Este libro conta a historia dun rapaz desde que nace en Ferrol en 1910 até a participación na Guerra Civil. Así, cóntase a infancia ferrolana, as familias, os estudos en Compostela, as amizades, os primeiros amoríos, os primeiros poemas, a proclamación da República, o nacemento do Partigo Galeguista, etc. O libro divídese en dúas partes: a primeira vai desde o nacemento até a chegada ao Madrid pre-golpista e a segunda parte é a propia Guerra Civil. Scórpio é unha novela estruturada en 135 capítulos breves.

Fonte: https://www.atraves-editora.com/wp-content/uploads/2017/10/Unidade_didatica_Scorpio.pdf

Para coñecer mellor a figura de Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano: https://carvalho2020.gal/?lang=gl

Pepa a Loba
Carlos G. Reigosa (Xerais, 2006)

Pepa A Loba, é un dos personaxes máis representativos do bandoleirismo da nosa Galiza. Neste libro, Carlos G. Reigosa, xoga un pouco coa mestura de datos "históricos" e fabulacións novelescas que, por otra banda, danlle un contido trepidante ao seu libro. Tamén aproveita para facer e recrearse nunha fermosa descrición de como era a sociedade do século XIX no páis galego. Asemade resalta o papel da muller do noso país como unha gran loitadora.
Ao fin, co paso dos anos, Pepa, reflexiona sobre se paga a pena seguir nunha loita que non ten fin. Quizais precise dunha tranquilidade e estabilidade que, co tempo, todos buscamos.

Fernando Gonzalez Graña.
(curso B2)

Morning Star - Xosé Miranda (Xerais, 1998)
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.Morning Star foi definida por Xosé Luis Barreiro Rivas, un dos membros do xurado de lectores do Premio Xerais 1999 como "unha novela que gosta sen adovíos, que resulta agradable de ler, que retén a atención de principio a fin, e narra historias e aventuras como todos sabemos".

Fonte: https://www.xerais.gal/libro.php?id=47936#

Diario dun enterro-Gonzalo Hermo(Galaxia, 2019)
Diario dun enterro, cóntanos a historia que lle acontece a un escritor mozo que vive en Barcelona, pero que é nativo dunha vila galega.
O relato transcorre arredor da nova da morte do avó materno do protagonista e de como compara a vida dunha cidade coa dunha aldea galega. A súa homosexualidade bate de fronte contra a cultura tradicional e pechada do seu entorno familiar. Todo isto vai surxindo e desenvolvéndose, a xeito de diario, no acontecer dos preparativos do enterro. O autor aproveita tamén para reflectir as distintas personalidades que hai na súa familia.
Penso que é un libro áxil e fácil de ler. Foi Premio Narrativa Breve Repsol 2019.

F.G.G.

Os vellos non deben namorarse-Castelao(Galaxia, 2007)
Esta é unha fermosa obra de arte teatral dun dos pais da nosa Literatura. Nela, o seu autor, fainos viaxar por un fermoso mundo cheo de picarescas, sátiras e retrancas na que, o tema principal xira ao redor de dous dos piares máis importantes nas nosas vidas: o amor e a morte.
Castelao  consegue facer neste texto unha mofa sutil daqueles vellos que, tendo fortuna material, pensan que teñen dereito a mercar os bens do amor.
Non é ningún segredo, nin descubrimento, dicir que esta é unha alfaia da nosa Literatura e, tamén, afirmar que, aínda que a fin derradeira da escrita teatral é  a súa posta en escena, neste texto podemos atopar un bo entretemento para o lector.

F.G.G.

O tempo entre as mans-Xosés Luna Sanmartin (Edicións Fervenza, 2020)
"O tempo entre as mans," é unha libro de poemas no que o autor conta as súas vivencias dun tempo xa pasado que tenta recuperar. Coller as lembranzas que asolagan o seu maxín pero, como realidades inmateriais que son, non é quen das suxeitar. Escorréganlle por entre uns dedos que loitan por apreixalas, sen seren quen de levalos cara a actualidade. Cara un presente que, en breve, tamén se converterá nun efémero pasado.
"Naquela primaavera
(airexina de deligras)
un brado mainiño percorre
baixo o tépedo aloumiño de dor
a cicatriz do tempo,
a memoria dos lugares amados,
o remol dos ceos en ti......."

Unha obra gañadora da XXIV edición do Premio Avelina Valladares, feita para ler devagariño.

F.G.G.

Cadencias-Manuel Portas (Xerais, 2020)
A historia transcorre en Barcelona, onde un dos protagonistas partira dende a súa vila natal en Amieiro coa fin de estudar unha carreira universitaria que, logo do tempo, tiña abandonada.
A trama xira ao redor dun triángulo amoroso entre o seu personaxe masculino e dúas mulleres: Elisa, prostituta de profesión, e unha veciña deste que tamén fora vivir a Barcelona coa intención de cursar o seus estudos universitarios.
Atopámonos neste relato pendurados no gume da dificultade de saber cando se está a falar de amor ou de sexo,
se é que se pode trazar unha líña imaxinaria entre un e o outro ou, se pola contra, son inseparábeis.

F.G.G.

TROBAR DO AR- Xosé Manuel Lobato (Medulia Editorial, 2021)
Neste libro atopámonos diante dunha historia de carácter fantástico na que o seu autor ensalza e resalta de xeito peculiar, a magnificencia do seu tan querido e admirado Pico Sacro. Para relatar todos istos extraordinarios episodios crea o personaxe chamado Aires Ulla do Pico, o trobador da montaña, que vai ser o encargado de levarnos e transportarnos por todo ese mundo mistura de realidade e ficción.

F.G.G.

Xela Arias
Poesía reunida
(1982-2004 Xerais, 2018)

Atopámonos diante dun libro que fai unha recompilación do traballo póetico da escritora Xela Arias. Podemos destacar que xa no limiar desta edición de 2018 di: "Transcorridos quince anos do seu pasamento, a poesía de Xela Arias está a ser reivindicada e o seu nome proposto, até o momento sen fortuna, para o Día das Letras Galegas." Estamos a ver como, poucos anos despois, no actual 2021, ao fin se vai recoñecer e aceptar esta iniciativa.
Sen dúbida unha proposta literaria para ler devagar e mergullarse nun fermoso mundo máxico cheo de sentimento.

F.G.G.

A historia interminable (“Die Unendliche Geschichte”), Michael Ende (1979)
Este libro do autor alemán Michael Ende, supuxo para min o paso de ler contos a ler novela.

Ademais, téñolle un agarimo especial xa que foi o punto de inicio do meu amor pola lectura, de descubrir que a través dos libros podíamos vivir incontables aventuras e coñecer lugares e personaxes inimaxinables.

O argumento do libro xira arredor da historia da Emperatriz infantil, dun guerreiro de nome Atreyu e de Gastián, un neno  que le con paixón un libro máxico. A supervivencia do reino de Fantasía, onde moran os protagonistas principais, vai depender da capacidade imaxinativa deste cativo.

Así, a lectura desta novela, amosoume a importancia que a imaxinación e a fantasía teñen nas nosas vidas.

Gabarrón Cabero, Rosa María (Galego B2 - Curso 2020/2021)

Rebeldes (“The Outsiders”), Susan E. Hilton (1967)
A lectura deste libro da estadounidense Susan E. Hilton marcou o meu paso da nenez á adolescencia.

O argumento desta novela sitúase nun barrio norteamericano dos anos 50 no que viven un grupo de mozos e mozas que se enfrontan á precariedade socioeconómica e ao seu propio camiñar cara á vida adulta.

Este libro sería para min o primeiro de moitos que devorei nunha soa noite e, polo tanto, a descuberta da sensación de non poder abandonar a lectura dunha boa historia.

Gabarrón Cabero, Rosa María
(Galego B2 - Curso 2020/2021)

O lobo e os tres porquiños
“O lobo e os tres porquiños” é un dos contos máis populares e, á vez, aparentemente máis tenros e sinxelos da historia da literatura universal. Porén, para o meu xeito de pensar na miña etapa de cativo supuña un trauma insondable, unha traxedia familiar e humana que eu non podía asimilar.

En primeiro lugar, nada máis comezar o relato, aos tres porquiños expúlsanos de xeito cruel da casa familiar e, malia que a tristura e o desacougo se reflicte neles, a firme realidade acaba por ser a de ter que partir cara ao descoñecido, fóra da protección do seu fogar.

Para alén disto, temos neste conto un caso claro de escravitude infantil, xa que os personaxes logo de seren abandonados polos seus proxenitores, vense na obriga de traballar para facer as súas propias vivendas.

En segundo lugar, xorde na historia a terrible figura do “asasino”, o lobo. Un matador en serie, xa que logo non tenta quitarlle a vida só a un porquiño, senón que a súa intención vén sendo a de liquidar aos tres.

Nesta tentativa, vemos como o malvado lobo destrúe dúas da propiedades dos protagonistas e vólveos deixar de novo sen refuxio, tendo que pedir “asilo político” na casa do maior dos irmáns.

En terceiro lugar, abrolla outro dos pecados capitais, a mentira. O pérfido lobo chama á porta dos porquiños facéndose pasar por carteiro para que lle abran e así conseguir atrapalos. Neste mesmo apartado poderiamos dicir, a mais, que hai acoso.

A seguir, imos ter, claramente, un intento de entrada forzada na vivenda cando o lobo acaba por penetrar a través da cheminea. Con todo, cómpre salientar que o asasinato prodúcese, pola contra do agardado, cando os porquiños, con planificación e premeditación, queiman ao seu perseguidor.

Xa por último, os tres porquiños deciden construír un edificio de tres andares e faio sen licenza municipal e nun terreo do que, ben seguro, non son propietarios.

En resumo, coido que esta historia do lobo e os tres porquiños non é a idónea para ser contada a uns cativiños que, como queira que sexa, irán medrando nunha morea de traumas e pensamentos encontrados.

González Graña, Fernando (Galego B2 – Curso: 2020/2021)

Made in Galiza-Séchu Sende (Editorial Galaxia, 2007)
Atopámonos diante dun libro composto por corenta e dous relatos curtos centrados basicamente no estudo e descrición da lingua tanto falada como escrita.

O autor fai unha defensa aberta e decidida cara a defensa do idioma galego. Para isto emprega tanto a sutil retranca como, directamente, a crítica cara aqueles que, por unha causa ou por outra, avergóñanse do so seu propio idioma preferindo empregar para o seu xeito de comunicarse o castrapo.

Penso que estamos diante dun dos libros de literatura moderna máis sobranceiros do noso país.

De lectura áxil e sinxela. Imprescindible nas nosas bibliotecas, e nas nosas vidas.

F.G.G.

Darío a diario-Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia, 1996)
Este poemario da homenaxeada polas Letras Galegas neste ano 2021 está adicado ao fillo da autora como unha experiencia vital da maternidade.
"Nunha entrezona da miña barriga había un rato pequeniño/.................................................................................era un centímetro de soño lindo que había ser desta e daquela maneira./
Para min, Darío, corazón,
eras tin en min,

Cun ratiño unha vez fun universo."

Unha historia tan sinxela como profunda dos sentimentos e desexos dunha nan cara o seu fillo.

F.G.G.

Vento ferido-Carlos Casares (Editorial Galaxia, 2004)
Este libro de Carlos Casares foi publicado por primeira vez no ano 1967 marcando o comezo dunha narrativa innovadora. Atopámonos diante dunha historia de historias, é dicir, unha composición que consta de doce relatos totalmente independentes, mais cun fío común: "a violencia, a soidade e o fatalismo."  O autor foxe deste xeito dos acostumados remates felices dándolle unha volta ás súas historias para decatarmos de que a vida non sempre é un conto de fadas.
Sinxelo e de fácil lectura, lévanos a unha realidade ás veces cruenta, mais porén, precisa.

F.G.G.

O PESO DO CEREBRO
Xesús Constenla(Edicións Xerais de Galicia, 2021)

"O peso do cerebro", non é, nin máis nin menos, que un fermoso percorrido por ese mundo interior e descoñecido do que acontece no noso maxín cando, aparentemente, o corpo está fóra de control. Cando a suma da idade avanzada co enfermidade van deteriorándonos ata crearmos un mundo paralelo e invisible aos ollos dos que, máis "cordos" ca nós, nos rodean.
Xa non somos quen  de nos valer por nós mesmos. Precisamos do alento e os coidados familiares para seguirmos "vivos". Realmente  paga a pena este tipo de vida?
Neste libro, o autor, crea dous personaxes paralelos á historia introducidos dun xeito xenial empregando os pés de páxina, xa que logo, estas dúas mulleres encargaranse de ir comentando os feitos que van acontecendo.
Extraordinaria novela con apartados que ben puideran ser de dramaturxia do profesor de inglés do Xunqueira II de Pontevedra.
Parabéns!!!

F.G.G.