Sabores e saberes no Castro da Uz by Castro da Uz

Iniciando o camiño 🛤️
Arrincamos o camiño cara á saúde a través da nutrición na escola.

Para comezar este proxecto realizamos un cuestionario inicial entre o noso alumnado para saber o punto de partida e comezar a crear en consecuencia.

Estes son os resultados obtidos, con algunha sorpresa positiva xa que os/as estudantes teñen certos coñecementos xa adquirido, e analizando as debilidades para que este plan sexa o máis eficaz posible. Esperamos que vos guste!

Celebrando o día Mundial da Alimentación
O 16 de outubro celébrase o día Mundial da Alimentación e o alumnado de 3ºESO preparou esta exposición cunha proposta de pratos saudables que han modelado con plastilina, cartolinas e outros materiais. Queda exposta no biblioteca para que todos teñades oportunidade de vela; e logo no corredor do laboratorio.

Esperamos que vos guste!

Magosto no Castro! 🌰
Hoxe celebramos o Magosto no Castro!!

As castañas teñen unha importancia cultural e gastronómica fundamental en Galicia, onde forman parte de tradicións ancestrais e festividades populares como a que festexamos hoxe, o Magosto, unha celebración típica de outono na que se reúnen familias e comunidades para asar castañas e compartir comidas ao aire libre.

Máis aló do seu valor simbólico, as castañas son un ingrediente esencial na cociña galega, utilizadas en pratos tradicionais como o caldo de castañas, os doces típicos e acompañando guisos ou sobremesas, reflectindo a riqueza rural e o aproveitamento dos recursos naturais da rexión. Así, a castaña non só nutre, senón que tamén fortalece o tecido social e cultural de Galicia.

Moitas grazas ao ANPA por organizar esta actividade tan bonita e saudable.

Animádevos a vir!

Saída micolóxica! 🍄
Hoxe tivemos o pracer de realizar unha saída micolóxica ao Monte de Forgoselo! O alumnado de 1ºESO foi recoller cogomelos en colaboración co concello das Pontes. Nesta saída aprendemos a importancia dos cogomelos tanto ecolóxica como gastronómica.

A nosas/os estudantes encántalles un bo prato de cogomelos e é importante aprecialas en tempada.

Os cogomelos son un alimento moi nutritivo, baixo en calorías e graxas, pero rico en proteínas vexetais, fibra, vitaminas do grupo B e minerais como ou potasio e ou fósforo. Ademais, conteñen compostos antioxidantes e antiinflamatorios que poden contribuír a fortalecer ou sistema inmunitario e previr diversas enfermidades.

Champiñóns con taquitos de xamón
Estreamos o receitario da man do noso chef Hugo que se animou a compartirnos esta marabillosa receita. O outono é tempada micolóxica e é importante aproveitar o que nos ofrece a terra en función das estacións do ano, así que virán unha chea de receitas relacionadas cos cogomelos que esperamos que vos gusten.

Neste caso o noso cociñeiro Hugo ensínanos a preparar os champiñóns con xamón, que son unha combinación deliciosa e nutritiva que achega proteínas de alta calidade e minerais esenciais. Ademais, a súa mestura de sabores potencia o apetito e favorece unha dieta equilibrada e baixa en graxas.

Marcapáxinas con Antotipias Naturais 🌿
Este ano, polo Mes da Ciencia na Biblioteca, os cativos de 1º ESO fixeron unha actividade moi especial: creamos marcapáxinas empregando a técnica das antotipias, un proceso fotográfico natural no que utilizamos pigmentos vexetais para revelar imaxes sobre papel.

Quixemos, ademais, darlle unha segunda vida a produtos que xa non eran aptos para o consumo, e así reutilizamos e reciclamos verduras de tempada como as espinacas e a remolacha, e tamén empregamos cúrcuma para conseguir diferentes tonalidades de cor.

Sabías que...?

As espinacas son ricas en ferro, calcio e vitaminas A e C, que axudan a manter os ósos e o sistema inmunitario fortes.

A remolacha contén antioxidantes e favorece a circulación sanguínea.

A cúrcuma, pola súa banda, destaca polas súas propiedades antiinflamatorias e dixestivas.

Así, aprendimos sobre produtos cercanos que podemos consumir nesta época e que teñen propiedades moi beneficiosas para nós.

Ademais, unimos arte, ciencia e sustentabilidade, demostrando que a natureza tamén pode ser unha marabillosa paleta de cores e colaborando coa Biblio! 📚 🎨✨

Un científico no supermercado!
En 3ºESO estivemos lendo un fragmento do libro Un científico en el supermercado, no que se falaba da remolacha e das moitas curiosidades que agocha: desde o seu uso como alimento ata a súa importancia como fonte de aditivos e pigmentos naturais. A partir desta lectura, traballamos diferentes actividades relacionadas con este curioso vexetal e cos aditivos que se obteñen del.

Próximamente subiremos algunhas das tarefas que fixeron os alumnos sobre a remolacha e os aditivos alimentarios, así como unha actividade práctica cos pigmentos naturais da remolacha.

👀 Estade atentos, que o resultado é ben interesante!

Níscalos guisados
Seguimos aproveitando os sabores do outono cun prato delicioso e moi tradicional da man da nosa chef Marta: níscalos guisados. Esta receita sinxela e reconfortante é perfecta para os días de frío, cando o monte nos regala un dos seus mellores tesouros: os níscalos (ou Lactarius deliciosus).

Ademais de saborosos, os níscalos son unha excelente fonte de nutrientes:
🍄 Conteñen fibra, que axuda ao bo funcionamento dixestivo.
💪 Son ricos en vitaminas do grupo B e en minerais como o ferro e o potasio.
🧠 Teñen un baixo contido calórico e graxo, o que os fai ideais para manter unha dieta equilibrada.
💚 Tamén aportan antioxidantes naturais, que contribúen a coidar o sistema inmunitario.

Non perdas esta receita de tempada e anímate a probar este guiso cheo de sabor e propiedades saudables.

🫒Día Mundial da Dieta Mediterránea 🐟
Hoxe celebramos o Día da Dieta Mediterránea, un modelo de alimentación recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

O noso alumnado de 3ºESO estivo traballando sobre ela e agradecer a Erea e Matías por estes preciosos carteis divulgativos.

A Dieta Mediterránea, máis que unha simple forma de comer, é un estilo de vida saudable e equilibrado, baseado en produtos frescos e de tempada: froitas, verduras, legumes, cereais integrais, peixe, aceite de oliva e un consumo moderado de carne e lácteos.

Seguir a Dieta Mediterránea axúdanos a:
✅ Previr enfermidades cardiovasculares
✅ Manter un peso saudable
✅ Coidar o medio ambiente
✅ Promover a convivencia e o pracer de compartir a mesa

💚 Hoxe é un bo día para lembrar que coidar o que comemos é tamén coidar de nós mesmos e do planeta.

🥗 Remolacha: Un Final de Tempada Cheo de Vitaminas
📄 Hoxe compartimos algúns dos maravillosos traballos elaborados polo alumnado de 3º ESO (Xoel, Pablo F. e Daniela), no que recollen información moi completa sobre a remolacha: as súas características, beneficios para a saúde, formas de consumo e tamén a época de cultivo.

A remolacha é unha hortaliza moi interesante pola súa riqueza en vitaminas, minerais e antioxidantes. Destaca pola súa capacidade para mellorar a circulación, aumentar os niveis de enerxía e contribuír a unha boa saúde dixestiva grazas ao seu contido en fibra. Ademais, é un ingrediente versátil que podemos empregar tanto en pratos doces como salgados.

📅 Acabamos de rematar a tempada, así que é un bo momento para valorar todo o aprendido e o traballo realizado polos estudantes.

Dentro de pouco subiremos algúns traballos relacionados con máis usos da remolacha, neste caso como aditivo!

🧪 Cores Naturais: Descubrindo o Aditivo E-162
Compartimos tamén algúns traballos dos/as estudantes (Anxo, Vega, Lois) sobre o aditivo E-162, un colorante natural extraído da remolacha, responsable do seu característico ton vermello violáceo. Neles explícase de maneira clara para que serve este aditivo, en que produtos aparece e por que se considera unha alternativa máis natural fronte a outros colorantes artificiais.

O E-162 destaca non só polo seu poder colorante, senón tamén porque procede dunha fonte vexetal, polo que é frecuente atopalo en alimentos como iogures, sobremesas, bebidas ou doces que buscan unha cor atractiva sen recorrer a aditivos sintéticos.

Estes traballos súmanse ao que vimos facendo arredor da remolacha agora que acabamos de pechar a tempada, ofrecendo unha mirada máis científica e curiosa sobre os seus usos.
Parabéns a todos polo rigor e a claridade das presentacións!

Cogomelos de allos
Non vos podedes imaxinar canto gustan os cogomelos no Castro! Para esta semana ensinamos esta receita da nosa chef Fabiola: cogomeloos de allos.

Os cogomelos con allos son unha das receitas máis tradicionais da nosa cociña. Destacan pola súa sinxeleza e polo protagonismo absoluto dos produtos de tempada, que ofrecen o mellor sabor nesta época do ano.

A combinación de cogomelos frescos e allos dourados crea un prato aromático, perfecto tanto como tapa como acompañamento. Ademais, é unha preparación rápida, saudable e que respecta o sabor natural dos ingredientes.

🌱 Por que destaca esta receita?

Pon en valor os produtos locais e de tempada, máis saborosos e sostibles.

É unha receita tradicional, transmitida xeración tras xeración.

Perfecta para calquera ocasión: rápida, económica e chea de aroma.

Esperamos que vos guste!!

Sombreiriños de cogomelos recheos de xamón e queixo
Continuamos con este bloque de receitas con cogomelos, a piques de chegar ó final. A chef María é moi creativa e propónos esta receita: sombreiriños de cogomelos recheos de xamón e queixo.

Os sombreiriños de cogomelo recheos de xamón e queixo son unha proposta deliciosa que fusionan a tradición culinaria coa presentación moderna, utilizando cogomelos frescos de tempada, cando están no seu mellor momento de sabor e textura.
É unha receita ideal como aperitivo ou tapa quente, sinxela de preparar e perfecta para poñer en valor os produtos locais.

🌿 Por que paga a pena esta receita?

Destaca o uso de cogomelos de tempada, saborosos e de proximidade.

É unha receita sinxela pero vistosa, perfecta para sorprender na mesa.

Combina ingredientes tradicionais galegos como o xamón e queixo, creando un aperitivo irresistible.

🍊🍏 Volven as Merendas Saudables ao Castro da Uz!
Boas novas! Este mes recuperamos as merendas saudables nos recreos, unha iniciativa pensada para coidar a alimentación do alumnado e fomentar o consumo de froita fresca de tempada. Nesta primeira quenda contamos con plátanos, mazás e mandarinas, todas elas procedentes de hortos de proximidade, o que garante maior sabor, menor impacto ambiental e apoio ao comercio local.

🍌 Por que son importantes estas merendas?

Achegan enerxía e vitaminas no momento do día en que máis se precisa.

Promoven hábitos alimentarios saudables desde a infancia.

Apostan por produtos locais, frescos e sostibles.

Reducen o consumo de snacks ultraprocesados nos recreos.

🍏 E cal é a froita favorita do alumnado?

Aínda que todas teñen éxito, as mazás levan vantaxe nas eleccións do recreo. Parece que este ano están a converterse nas claras favoritas… e non é de estrañar: son prácticas, refrescantes e perfectas para comer en movemento.

Setas reencheas de parmesano e allo
🍄 Presentamos outra das nosas receitas estrela da man da chef Carolina: setas reencheas de parmesano e allo, unha combinación aromática e deliciosa que aproveita ao máximo estes produtos de tempada. As setas, tan presentes na nosa gastronomía nesta época, ofrecen unha base perfecta para recheos saborosos e moi versátiles.

E como sempre, lembramos que podemos adaptar a receita usando queixos da terra, como o queixo San Simón, que lle achega un toque afumado espectacular.

🌱 Os/As nosos/as estudantes están moi cociniñas e participan con entusiasmo nesta iniciativa. Cada receita convértese nun momento de aprendizaxe, creatividade e posta en valor dos produtos de tempada e da terra.
É unha marabilla velos experimentar, probando novas combinacións e descubrindo sabores tradicionais.

Crema de remolacha
Hoxe presentamos unha proposta nutritiva e chea de cor da man da chef Irea: crema de remolacha. Un prato sinxelo, saboroso e perfecto para estas semanas frías, nas que algo quente sempre senta de marabilla.

A remolacha, ademais de dar unha cor preciosa, é un alimento moi interesante polo seu contido en nitratos naturais, que poden contribuír a reducir a presión arterial, favorecendo unha boa circulación. Unha receita saudable e reconfortante ao mesmo tempo.

❄️ Esta crema conxélase perfectamente, polo que podemos preparar máis cantidade e gardar racións para outro momento. Así temos sempre á man unha opción saudable, deliciosa e lista para quentar cando máis apeteza.

Smoothie de remolacha
Hoxe traemos unha bebida refrescante e chea de propiedades grazas a nosa "cocteleira" Valeria: smoothie de remolacha, unha bebida vibrante e nutritiva que combina vitaminas, fibra, minerais e antioxidantes.
Este batido non só mellora a dixestión, senón que tamén axuda a coidar o corazón, sendo unha opción perfecta para empezar o día cun extra de vitalidade.

🍹 Queres innovar? Inténtao!

Pódese mesturar con froitas de tempada para crear sabores novos e sorprendentes:

Laranxa ou mandarina para un toque cítrico.

Un chisco de cenoria.

Arandos ou framboesas cando estean dispoñibles.

Incluso un pouco de kiwi para un contraste refrescante.

As posibilidades son infinitas… e deliciosas!

Entre turróns e reflexións: que lle fai o azucre ao organismo
Durante as festas do Nadal, o alumnado de 3º da ESO investigou e reflexionou sobre os efectos do consumo excesivo de azucre no funcionamento do corpo humano. A partir das súas achegas, elaborouse este texto no que se recollen as principais consecuencias que pode ter o abuso de produtos azucrados na dixestión, na saúde xeral e no benestar diario.

Este traballo axudounos a comprender que, aínda que o azucre nos dá enerxía rápida, consumilo en exceso pode provocar desequilibrios no organismo. A reflexión final anímanos a gozar do Nadal con moderación e a tomar decisións máis conscientes sobre a nosa alimentación.

Que teñades unas Boas Festas e Feliz Aninovo!

Vasitos de chocolate e plátano
De volta das vacacións de Nadal, volvemos con sabor doce!
O noso alumno Mario comparte con nós unha receita deliciosa e moi sinxela: vasitos de chocolate e plátano. Unha combinación que nunca falla 😊

O chocolate, ademais de estar boísimo, axúdanos a mellorar o ánimo e dános enerxía para comezar o trimestre con ganas. O plátano, pola súa banda, é unha froita moi completa: achega potasio, é saciante e perfecta para coidar o corpo despois dos excesos do Nadal.

Unha receita doce, equilibrada e feita con moito cariño, ideal para compartir e desfrutar xuntos nesta volta á rutina. Grazas, Mario, por endozarnos a volta ao cole! ✨

Tableta de froitos secos
Seguimos compartindo sabores do Nadal!
A nosa alumna Vega tráenos unha proposta riquísima: unha tableta de froitos secos, unha opción perfecta para quen quere algo doce pero máis saudable.

Os froitos secos achegan enerxía, graxas saudables e moitos nutrientes, polo que son unha excelente alternativa ao turrón ou ao chocolate cando nos apetece picar algo doce. Ademais, substituíu o azucre por eritritol, un edulcorante de orixe natural que achega sabor doce sen apenas calorías e non eleva o nivel de azucre no sangue, sendo así unha opción máis saudable para coidar a nosa alimentación. Vega probouna durante as vacacións de Nadal e… quedou todo o mundo encantado!

Unha receita sinxela, nutritiva e ideal para desfrutar en familia. Grazas, Vega, por compartir con nós esta idea tan rica e equilibrada 🌟

Salmón ó forno con costra de froitos secos e granada
Nesta ocasión compartimos unha deliciosa receita de Nadal elaborada por Erea e Irea: salmón ó forno con costra de froitos secos e granada. Un prato saboroso, vistoso e moi saudable para celebrar estas datas ✨

🐟 O salmón é un peixe moi completo: achega proteínas de alta calidade, é rico en omega-3, que axuda a coidar o corazón e o cerebro, e tamén contén vitaminas como a D e do grupo B, fundamentais para a nosa saúde.
A granada é unha froita típica do outono-inverno, polo que consumila nesta época é apostar por produtos de tempada, máis saborosos e nutritivos. Ademais, é rica en antioxidantes, vitaminas e minerais, axudando a reforzar o sistema inmunitario ❤️
Os froitos secos, tamén moi presentes nesta época do ano, aportan graxas saudables, enerxía e minerais como o magnesio ou o calcio.

Esta receita é un bo exemplo de que se poden facer pratos festivos e especiais usando ingredientes saudables e de tempada, coidando a alimentación sen renunciar ao sabor 😋

🥗 Lectura das etiquetas dos alimentos
Que estamos a comer realmente?

En 3º da ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, puxémonos mans á obra para aprender a ler e entender as etiquetas dos alimentos que adoitan traer ao recreo ou consumir no seu tempo libre: chocolatinas, refrescos, patacas fritas…

Analizamos a información nutricional (azucres, graxas, sal, calorías…) e, despois, valoramos cada produto poñéndolle unha nota segundo o saudable que era. Algúns resultados sorprenderon bastante 😲

Esta actividade axudou ao alumnado a pensar sobre os seus propios hábitos alimentarios e a darse conta de que non todo o que parece inofensivo o é tanto. O obxectivo foi aprender a escoxer mellor o que comemos, sendo máis críticos e responsables coidando a nosa saúde.

Brocheta de mozzarella, tomate e albahaca
Nesta entrada compartimos un entrante sinxelo e moi saboroso elaborado por Pablo: brochetas de mozzarella, tomate e albahaca. Unha opción perfecta para calquera celebración con familia, amigos ou encontros especiais, xa que é fácil de preparar e gusta a todo o mundo. Os ingredientes teñén moitos beneficios:

🍅 Tomate: achega vitaminas e antioxidantes, especialmente o licopeno, que axuda a protexer o noso organismo. Ademais, é refrescante e lixeiro.

🧀 Mozzarella: aporta proteínas e calcio, importantes para os ósos e os músculos. Consumida con moderación, é unha boa opción dentro dunha dieta equilibrada.

🌿 Albahaca: aínda que se usa en pouca cantidade, dá moito sabor e aporta propiedades antioxidantes e dixestivas.

Este entrante demostra que con ingredientes sinxelos e naturais pódense facer pratos atractivos, saudables e ideais para compartir. Unha receita rápida, fresca e chea de sabor 😋

Lubina ó forno con herbas
Continuamos disfrutando dos peixes, Daniela e Anxo prepararon unha receita sinxela, aromática e moi saudable: lubina ó forno con herbas. Un prato perfecto tanto para unha comida especial como para o día a día, xa que combina sabor e alimentación equilibrada

🐠 O consumo de peixe é fundamental nunha dieta saudable: achega proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais, e axuda a coidar o corazón, o cerebro e o sistema nervioso. Ademais, é un alimento lixeiro e fácil de dixerir.

En concreto a lubina é un peixe branco moi apreciado polo seu sabor suave. É baixa en graxas, rica en proteínas, vitaminas do grupo B e minerais como o fósforo ou o selenio, que contribúen ao bo funcionamento do organismo.

📅É un peixe de tempada de inverno, atópase no seu mellor momento de sabor e calidade. Consumir peixe de tempada axúdanos a aproveitar produtos máis frescos e nutritivos, ao tempo que fomentamos hábitos de consumo máis responsables e respectuosos co medio mariño.

Unha receita perfecta para os meses fríos, saudable e chea de sabor 😋

Salmón o forno con laranxa
Como vedes, o noso alumnado é moi fan do salmón e con este prato rematamos as propostas de peixe do Nadal, Álvaro propón unha receita saborosa e orixinal: salmón ó forno con laranxa, un alimento que, como xa comentamos noutras entradas, é fundamental dentro dunha alimentación saudable, especialmente o salmón, polos seus múltiples beneficios nutricionais.

🍊 A laranxa achega frescura e un toque cítrico perfecto para acompañar o salmón. É unha froita rica en vitamina C, que axuda a reforzar o sistema inmunitario, especialmente importante nos meses de inverno. Ademais, contén antioxidantes, fibra e auga, polo que contribúe á boa dixestión e á hidratación.

📅É unha froita típica do outono e do inverno, polo que este prato aposta polo consumo de produtos de tempada, máis saborosos, nutritivos e respectuosos co medio.

Unha receita sinxela e equilibrada para pechar o Nadal demostrando que o peixe tamén pode ser variado, saudable e moi apetecible 😋🎄

Mazás con canela
Podemos finalizar o noso menú con Pablo e Lois que prepararon un postre sinxelo, saudable e cheo de sabor: mazás con canela e noces. Unha opción perfecta para rematar unha comida ou celebración cun doce natural, sen necesidade de engadir azucre 🍯❌

🍎 A mazá é unha froita moi completa: achega fibra, axuda á dixestión e contribúe a manter unha alimentación equilibrada. Ademais, é unha froita de tempada no outono e inverno, polo que consumila nestes meses permite aproveitar todo o seu sabor e valor nutritivo.

🌿 A canela aporta un aroma e sabor doce de forma natural, o que permite reducir ou eliminar o uso de azucre. Ademais, ten propiedades antioxidantes e pode axudar a regular os niveis de azucre no sangue.

🌰 As noces achegan graxas saudables, proteínas e minerais, sendo beneficiosas para o corazón e o cerebro. Consumidas con moderación, completan este postre facéndoo máis nutritivo.

Un exemplo perfecto de que se poden facer doces saborosos e saudables, apostando por produtos naturais e de tempada 😋✨

🍊Corre que se van as vitaminas!
🧪 Vitamina C nos alimentos – Clube de Ciencias

No clube de ciencias o alumnado de 1º e 2º da ESO estivo investigando a cantidade de vitamina C presente en distintos alimentos. Analizamos froitas e verduras como a laranxa, o limón, as espinacas, o pemento, a mazá e o kiwi, xa que son alimentos habituais na nosa dieta e coñecidos polo seu contido vitamínico.

Ademais, quixemos comprobar se había diferenzas entre un zume recentemente exprimido e outro zume exprimido dende primeira hora da mañá. Tras realizar o experimento, observamos que apenas notamos diferenza na cantidade de vitamina C entre ambos, polo que o zume preparado con antelación conserva case as mesmas propiedades.

🍊 Beneficios da vitamina C
A vitamina C é moi importante para a nosa saúde, xa que:

Axuda a fortalecer o sistema inmunitario.

Contribúe á cicatrización das feridas.

Axuda na absorción do ferro.

Actúa como antioxidante, protexendo as nosas células.

Este experimento axudounos a comprender mellor a importancia dunha alimentación equilibrada e o valor das froitas e verduras no noso día a día.

🥗💬 Alimentando a curiosidade: o que queríamos saber sobre nutrición 🍎✨
O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de entrevistar a Carmen Mendoza Paredes, nutricionista de ABAC Coruña. Aproveitamos o encontro para facerlle preguntas sobre alimentación, hábitos saudables e cousas que realmente nos preocupan no día a día.

Carmen respondeu a todas as dúbidas de forma moi clara, próxima e interesante, axudándonos a aprender máis sobre como comer mellor e coidar a nosa saúde.

👉 Non perdas a entrevista e descubre consellos útiles para o teu día a día.

⚡“Enerxía ou espellismo?⚡
Que levan realmente? Que fan no noso cerebro e no corazón? Compensan o “subidón” se despois pasa factura no sono, no humor ou na concentración?

O alumnado de 3º ESO investigou o impacto das bebidas enerxéticas no organismo, especialmente na adolescencia, e as conclusións son claras: non todo o que promete máis enerxía xoga ao noso favor.

💥 Antes de abrir a lata🥫… mellor abrir os ollos. 👀

🥣 Recreos con enerxía! ✨
No noso instituto, os recreos saben a saúde! 🍶
Grazas ao programa Nutriescolas, o alumnado pode desfrutar de almorzos saudables con leite, cacao, cereais, avea...

Unha maneira deliciosa de coller forzas, manter a concentración e seguir a xornada con enerxía… sen esquecer a importancia dunha alimentación equilibrada.

Porque coidarse tamén forma parte de aprender! 💚

🌱 Comeza abril… e comeza a festa na horta!
Co mes de abril chega o sol que quenta, o ánimo que medra e os sabores que xa están chamando á porta.

Na horta escolar do instituto poñémonos mans á terra outra vez, preparados para plantar, regar e, sobre todo, rir un pouco mentres vemos como todo vai brotando.

Comezou o alumando de 4ºESO pero todos pasarán a plantar: fresas, tomates, calabacíns, xudías verdes, berenjenas e ata patacas.

Agardamos unha colleita tan boa que ata o espantallo queira facerse un selfie con ela. Agora só falta que as plantas medren con xeito… e que os caracois non se apunten á festa antes ca nós!

Roteiro Saudable polo Monte de Forgoselo
Hoxe fixemos un roteiro saudable polo Monte de Forgoselo e a verdade é que foi unha experiencia xenial para desconectar, mover o corpo e descubrir cousas novas da nosa contorna.

Durante o camiño falamos de hábitos saudables e tamén dos produtos típicos da zona. Vimos o gando vacún que caracteriza esta área:

A rubia galega, da que se obtén a carne con IGP Ternera Galega, recoñecida pola súa calidade e polo seu aporte de proteínas de boa calidade.

A frisona, máis ligada ao leite, que permite elaborar queixos con DOP, manteigas e outros lácteos que forman parte dunha alimentación equilibrada.

Estes produtos non só están boísimos, senón que tamén axudan a manter vivas as explotacións familiares e o rural galego.

Outro momento top do roteiro foi atopar os cerezos silvestres en flor. Son o aviso de que a tempada de cereixas está ao caer. As cereixas son unha froita chea de vitaminas e antioxidantes, perfectas para recargar enerxía de forma natural.

En resumo, foi unha saída para aprender, gozar da natureza e valorar os produtos locais que temos tan preto e que contribúen a unha vida máis saudable.

Os microbios que nos alimentan
Este trimestre investigamos dous alimentos fermentados moi especiais: o kimchi e o kéfir. Descubrimos que están cheos de microorganismos beneficiosos que poden mellorar a nosa saúde e que, ademais, son fáciles de preparar na casa.

🥬 Kimchi

Aprendemos como se fermentan as verduras e como este proceso potencia o sabor e a conservación. O mellor: é rico en probióticos, vitaminas e fibra, perfectos para coidar a dixestión.

🥛 Kéfir

Coñecemos como se forma esta bebida a partir dos "fermentos" e o leite. Destaca pola súa capacidade para equilibrar a microbiota intestinal, mellorar a dixestión da lactosa e achegar calcio e proteínas.

Por que incorporalos á dieta?

Porque son naturais, nutritivos e axudan ao noso benestar dixestivo.

Aquí vos deixamos estes traballos para que valoredes que son...

pequenos microbios, pero grandes aliados.

Nutrición en tempos de desenvolvemento I
O alumnado de 3º ESO estivo investigando un tema moi actual: como a alimentación pode influír no inicio da puberdade.

A partir dun texto científico en inglés, analizaron como a dieta moderna —con máis alimentos ultraprocesados, bebidas azucradas e snacks moi calóricos— pode aumentar a graxa corporal durante a infancia. O texto explica que este aumento de graxa pode facer que o corpo produza máis leptina, unha hormona que envía sinais ao cerebro indicando que hai suficiente enerxía para crecer e desenvolverse. Cando isto ocorre antes do habitual, o organismo pode iniciar a puberdade e a menarquia a unha idade máis temperá.

Tamén reflexionamos sobre por que isto é importante: aínda que a puberdade é un proceso natural, cando comeza demasiado cedo pode traer retos emocionais, sociais e físicos para moitas rapazas, que ás veces teñen que afrontar cambios no corpo antes de estar preparadas a nivel emocional.

Unha actividade para conectar a ciencia co día a día e entender mellor como os hábitos de vida poden influír no noso desenvolvemento

Nutrición en tempos de desenvolvemento II
Hoxe, o alumando de 3º ESO, continuaron traballando sobre a alimentación durante o desenvolvemento e como os hábitos alimentarios poden influír na saúde reprodutiva.

Analizamos como os alimentos ultraprocesados, as bebidas azucradas e o consumo excesivo de alcohol poden afectar negativamente ao organismo, neste caso aos espermatozoides!

Tamén vimos que unha dieta equilibrada, rica en alimentos naturais e nutrientes como vitaminas, antioxidantes ou omega-3, pode axudar a protexer a saúde.

A conclusión principal foi que non existe un alimento “milagre”, senón que o importante é manter hábitos de vida e alimentación saudables no conxunto do día a día.

Unha actividade que nos axudou a reflexionar sobre como as nosas eleccións alimentarias poden influír na saúde a longo prazo.

Mª Rosaura Leis Trabazo
Na nosa aula tamén houbo tempo para a investigación. A alumna Daniela, de 3º, realizou un traballo sobre a científica galega María Rosaura Leis Trabazo, catedrática de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora no ámbito da nutrición, o crecemento e a saúde infantil.

Durante a súa investigación, Daniela descubriu algunhas das achegas máis importantes desta científica, especialmente os seus estudos sobre os beneficios da dieta atlántica. Este modelo alimentario, baseado en alimentos tradicionais como peixe, marisco, froitas, verduras, patacas ou aceite de oliva, está asociado a múltiples beneficios para a saúde.

As investigacións nas que participa Leis Trabazo mostran que seguir a dieta atlántica pode mellorar os hábitos alimentarios, reducir o peso corporal e diminuír factores de risco cardiovascular, ademais de contribuír á prevención de enfermidades como a diabetes ou a síndrome metabólica.

Esta actividade permitiunos coñecer mellor o traballo dunha investigadora galega destacada e reflexionar sobre como a ciencia e a alimentación están moi relacionadas coa saúde e o benestar da poboación.

Marmelada de amorodos
Despois dun pequeno parón… retomamos as nosas receitas saudables! E non podiamos volver cunha proposta máis deliciosa e de tempada.

Nesta ocasión, Emma e Xabi prepararon unha riquísima marmelada de amorodos caseira. Aproveitamos que comeza a tempada dos amorodos, unha das froitas máis apetecibles da primavera. Ademais de estar boísimos, os amorodos están cheos de beneficios: son ricos en vitamina C, teñen antioxidantes, axudan a reforzar o sistema inmunitario e son unha opción doce e saudable para engadir ás nosas merendas ou almorzos.

Con ingredientes sinxelos e moito entusiasmo, Emma e Xabi demostraron que cociñar saudable tamén pode ser divertido e moi saboroso. O resultado… unha marmelada natural perfecta para acompañar torradas, iogur ou froita.

👏 Parabéns aos dous polo gran traballo!
Seguimos descubrindo receitas saudables e deliciosas xuntos.

Quen se anima coa próxima receita?

Ensalada tépeda de espárragos, amorodos e queixo de cabra
Un prato de primavera cheo de cor, sabor e produtos de tempada

A nova proposta de José Blanco Seoane é unha ensalada tépeda que combina espárragos verdes, amorodos, queixo de cabra, rúcula e noces. Un prato sinxelo pero moi completo, perfecto para aproveitar o mellor da tempada primaveral, reúne ingredientes frescos, de proximidade e no seu mellor momento do ano.

Espárragos verdes: ricos en fibra, vitaminas A, C, E e K, e moi lixeiros.

Queixo de cabra: aporta proteínas e calcio, cun sabor que equilibra o doce e o amargo.

Rúcula: chea de antioxidantes e vitamina K.

Noces: fonte de graxas saudables e minerais.

Unha combinación fresca, nutritiva e chea de textura, ideal para esta época do ano.

Pincho de Xiao e Alejandro
Se buscas un bocado que combine saborazo, cor e un toque sorprendente… este pincho é para ti. Xiao e Alejandro apostaron forte cunha mestura que funciona de marabilla: carne á prancha, pementos salteados e unha salsa de arandos que lle dá ese punto doce-acidulado que fai que non poidas parar de comer.

💥 Por que mola tanto esta receita?

Carne — Aporta proteínas que che dan enerxía para o día a día, especialmente se tes mañás longas ou tardes de estudo intensas.

Pementos — Son unha bomba de vitaminas, sobre todo vitamina C. Ademais, se estamos en primavera–verán, están en plena tempada, polo que teñen máis sabor e son máis sostibles.

Arandos — Pequenos pero poderosos. Son ricos en antioxidantes, que axudan a coidar o corpo por dentro. A salsa dálle un toque moderno e diferente ao pincho.

Papas recheas de xamón e queixo
Hoxe traemos unha receita moi internacional!

As papas recheas de xamón e queixo son un clásico delicioso da cociña cubana, perfectas para quen busca algo crocante por fóra e suave por dentro. Anthony e Arianna prepararon esta versión na que nos permiten saborear un pouco da súa terra. É unha combinación que nunca falla e que lembra moito aos sabores da casa.

É que beneficios ten?

Patacas: dan enerxía e son súper saciantes e estamos nun bo momento para consumilas.

Xamón e queixo: achegan proteínas e fan que o recheo sexa cremoso e irresistible.

Choco con cogumelos
Hoxe María volve sorprendernos cunha receita moi especial: choco con champiñóns e boletus, unha combinación que ela adora e que sempre lle lembra aos sabores da casa. É deses pratos que reconfortan, que enchen a cociña de arrecendo e que nos conectan coa tradición.

O choco, tan típico das nosas costas, é un produto moi valorado pola súa textura suave e polo seu sabor mariñeiro. A súa tempada principal vai de febreiro a maio, polo que agora é un momento perfecto para desfrutalo fresco e no seu mellor punto.

🐙 Por que destacar o choco?

É un alimento baixo en graxa e con proteínas de alta calidade.

Aporta minerais importantes como fósforo, potasio e magnesio.

Rolos primavera
Os rolos primavera caseiros de Anxo convertéronse nun éxito na aula: crocantes por fóra, saborosos por dentro e cun recheo cheo de cor.

A receita combina ingredientes moi accesibles como cenoria, cebola, allo, col... Un detalle interesante é que varios destes ingredientes son de tempada en Galicia, como a cenoria e a col, que adoitan estar no seu mellor momento durante a primavera. Isto non só mellora o sabor, senón que tamén fai a receita máis sostible e económica.

Ademais, cada ingrediente achega algo especial.

A cenoria destaca polos seus beta‑carotenos, que axudan a coidar a visión e a pel.

O allo é coñecido polas súas propiedades antimicrobianas e polo seu papel no fortalecemento do sistema inmunitario.

Os brotes de soia engaden unha boa dose de fibra e proteínas vexetais

Mentres que a col é unha excelente fonte de vitamina C e antioxidantes.

Todo isto fai que os rolos primavera non sexan só un prato delicioso, senón tamén unha opción nutritiva e ao mesmo tempo achega sabores doutras culturas, algo que sempre esperta curiosidade.

Un flash no prato
Participa no Concurso Fotográfico de Pratos Saudables!

Saca unha foto do teu prato máis colorido, equilibrado e creativo e manda ao correo; inspira ao resto do alumnado a coidar a súa alimentación.

Mostra que comer ben tamén pode ser creativo e divertido! 📸🥗

Restaurante á carta I
Un dos nosos grupos  de traballo de 1ºESO púxose mans á obra para investigar a calidade nutricional dos produtos máis vendidos da máquina expendedora do cole. Colleron 15 artigos e miraron o seu Nutri-Score… e agárrate, porque o resultado non foi moi top.

🔍 Resultados da investigación:

8 produtos tiñan Nutri-Score D

6 produtos tiñan Nutri-Score E

1 produto chegou a un Nutri-Score C

Se facemos a media de todo isto, a máquina queda cun Nutri-Score global de D. Vamos, que moi saudable non é precisamente.

Algunha das reflexións que fixeron:

"Despois de ver todo isto, penso que a máquina expendedora debería ter cousas máis sanas, porque se non ao final sempre acabamos mercando o mesmo e non é nada bo para nós. Estaría guai que puxeran snacks ricos pero que non fosen tan malos. Así poderiamos merendar mellor e non sentir que estamos comendo “chatarra” todos os días."

Agora tocará investigar os bocatas da cafetería... Estade atentos!

Restaurante á carta II
O grupo de investigación continuou co análise da carta da cafetería... e os resultados dan que pensar.

Moitos dos ingredientes percorren centos ou incluso miles de quilómetros antes de chegar ao noso recreo. A suma total? 1.478 km, unha distancia coa que poderiamos chegar a Marsella, Turín, Múnic ou mesmo Londres.

Tamén analizaron o impacto ambiental: só estes produtos xeran 1330 kg de CO₂, o equivalente a ter que plantar 64 árbores para compensalo.

Un dato que fai reflexionar sobre o que comemos e de onde vén; despois desta análise, o alumnado elaborou propostas alternativas de bocatas usando produtos de tempada e da zona.

Hai opcións para diferentes estacións, alternativas vexetarianas e mesmo algunha máis gourmet para quen lle guste innovar.

Non digades que non son apetecibles!

6 de maio: Día Internacional Sen Dietas
💜Hoxe celebramos a diversidade corporal e lembramos que non existe un único modelo de corpo perfecto.💜

Este grupo de traballo de 3º ESO tan activo, participou creando estes cartaces para promover a aceptación, o respecto e a autoestima 💫

👉 Di NON ás dietas restritivas
👉 Di SI a coidarte con saúde e benestar
👉 Valora o teu corpo tal e como é

Bota un ollo aos seus traballos e anímate a compartir esta mensaxe!

Pasta con carne e verduras
Rematamos esta sección e hoxe volve Fabiola pero trae consigo a Kevin e un prato cheo de cor e sabor!

Nesta receita a pasta acompáñase de verduras moi especiais: cenoria, espárragos, chícharos e espinacas.

Moitas delas están agora en plena tempada, especialmente os espárragos, os chícharos e as espinacas, así que é o mellor momento para desfrutalas: teñen máis sabor, máis nutrientes e ademais son máis sostibles.

Cada verdura aporta algo distinto:

🥕 A cenoria é rica en vitamina A e axuda á vista.

🌿 Os espárragos teñen fibra e son moi refrescantes.

🟢 Os chícharos aportan enerxía e proteínas vexetais.

🍃 As espinacas están cheas de ferro e vitaminas.

Un prato sinxelo, saudable e perfecto para encher o día de cores… porque comer verduras tamén pode ser divertido!

Gañadora de "Un flash no prato"
A receita gañadora foi unha deliciosa Pascualina uruguaia, un prato tradicional que esperta recordos familiares e conecta coas raíces da avoa, mantendo viva a historia e os sabores da casa. 🇺🇾

A Pascualina está elaborada con ingredientes moi nutritivos como:

🥬 Espinacas ou acelgas: ricas en ferro, fibra e vitaminas A, C e K, axudan a fortalecer o sistema inmunitario e favorecen a saúde dos ósos.

🥚 Ovos: achegan proteínas de alta calidade, fundamentais para o crecemento e a reparación dos tecidos.

🧅 Cebola: fonte de antioxidantes naturais que contribúen á protección do organismo.

🧀 Queixo: proporciona calcio e proteínas, importantes para manter ósos e dentes fortes.

🥧 Masa caseira: achega enerxía grazas aos hidratos de carbono, fundamentais para o día a día.

Este prato demostra que comer saudable tamén pode ser saboroso e tradicional.

Parabéns pola creación e por compartir un anaquiño da historia familiar a través da cociña! 👏

E con isto rematamos este año moi agradecidos de participar no proxecto e de que o noso alumnado, e comunidade educativa, estivesen tan implicados.

Reflexión final: análise DAFO do proxecto
O alumnado de 3º ESO elaborou unha análise DAFO para identificar as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas do noso proxecto. Un traballo de reflexión que nos axuda a valorar todo o conseguido e a propoñer novas ideas para o próximo curso.

💡 Que fixemos ben? Que podemos mellorar? Que retos teremos por diante?

As respostas están neste documento elaborado polos nosos investigadores e investigadoras de 3º ESO.

Parabéns polo seu traballo e pola súa capacidade crítica!

👇 Botádelle unha ollada e axudádenos a seguir medrando.

Reflexión final: análise do proxecto
Pechamos unha aventura chea de sabores e aprendizaxes!

Despois de todo un curso descubrindo a importancia da alimentación saudable, dos produtos de proximidade, da Dieta Atlántica e dos hábitos que nos axudan a coidar a nosa saúde, chega o momento de pechar o proxecto Sabores e saberes no Castro da Uz.

Foron meses de investigación, experimentos, entrevistas, roteiros, traballo na horta, receitas e moitas reflexións que nos permitiron aprender a tomar decisións alimentarias máis responsables e conscientes.

Grazas a todo o alumnado, ás familias e á comunidade educativa por facer posible este camiño.

Aquí vos deixamos a nosa reflexión final sobre todo o aprendido e vivido ao longo deste curso.