OS CONTOS INTERACTIVOS NA E.I by mentesnarede

-O enfoque do documental podería centrarse en como os contos interactivos están transformando a maneira na que o alumnado se relaciona coa lectura desde idades temperás.

- Considero que estaría ben unha estrutura narrativa dividida en bloques: introdución xeral, definición do recurso, exemplos prácticos na aula, vantaxes, posibles limitacións e peche reflexivo.

-Para darlle coherencia ao documental, poderíase empregar unha voz en off que acompañe todo o vídeo cun ton narrativo tipo conto.

-A nivel visual, combinaría imaxes reais con ilustracións infantís que reforcen a idea de xogo e aprendizaxe.

Penso que sería interesante estruturar o documental seguindo a forma dun conto (inicio, desenvolvemento e desenlace), xa que encaixa moi ben coa temática e faría que o resultado sexa máis atractivo para quen o vexa.

Tamén me gustaría que incluísemos gravacións reais de nenos e nenas interactuando con contos dixitais (aínda que é algo complexo de conseguir) porque iso daría forza visual ao documental.

Creo que unha pequena comparación entre un conto tradicional en papel e un conto dixital podería axudar moito a entender as diferenzas na forma de ler e participar.

Tamén sería interesante falar de que criterios ter en conta para a elaboración dun conto interactivo.

Por último,  propoño que usemos música suave, tipografías infantís e un deseño visual coidado, colorido e claro, para conectar mellor co público e manter o interese ao longo do vídeo.

Paréceme esencial reflexionar sobre como os contos interactivos poden servir para adaptar a lectura a diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. Isto podería tratarse dándolle un enfoque máis pedagóxico ao documental.
Tamén creo que estaría ben engadir  unha mensaxe final que conecte coa infancia e co futuro da educación, algo inspirador que anime a docentes a experimentar con estes recursos.

En canto aos recursos, optaría por facer un vídeo claro, visual e con detalles que  consigan captar a atención dos receptores e para a edición creo que estaría ben utilizar ferramentas accesibles como CapCut ou Canva.

Gustaríame que o documental incluíse un apartado onde se analicen de forma clara as vantaxes e desvantaxes do uso dos contos interactivos na educación infantil. Considero que é importante reflexionar sobre os beneficios, como a motivación ou a accesibilidade, pero tamén sobre os riscos, como a dependencia da tecnoloxía ou a perda do contacto co libro físico. Ademais, propoño que todas nós participemos coa nosa propia voz en diferentes partes do documental para darlle maior autenticidade e un toque persoal.

Por último, considero importante estruturar o documental cunha distribución equilibrada das partes, tendo en conta que o tempo máximo será de 7 minutos. Debemos aproveitar ben cada segundo para transmitir unha mensaxe clara e completa sen saturar a audiencia.

Creo que sería interesante incluír algún apartado para dar a coñecer os tipos de contos interactivos, así como as súas vantaxes e inconvenientes e a importancia destes contos na etapa de E.I.

Tamén poderíamos falar de aplicacións existentes para crear contos interactivos.

Por outro lado creo que estaría ben coidar a estética do video (por exemplo poderíamos  poderíamos usar cores cálidas para transmitir proximidade e confianza, sen perder a profesionalidade) O ritmo do vídeo creo que debería ser dinámico para manter a atención do público, polo que sería interesante combinar planos estáticos con escenas en movemento.

Propoño que no documental se aborden as vantaxes e os retos que presentan os contos interactivos na educación infantil, para dar unha visión completa.Sería interesante mostrar exemplos reais de como se empregan estes contos nas aulas e  mencionar a importancia da inclusión e como estes contos poden adaptarse a distintos tipos de alumnado. Gustaríame engadir tamén algún recurso visual que complemente a voz en off, como infografías, animacións ou ilustracións sinxelas que axuden a explicar visualmente os conceptos máis importantes e en canto ao estilo do vídeo propoño un ton próximo e reflexivo, combinando escenas reais con elementos gráficos que reforcen a mensaxe.