Entroido das Eiroas by Carla Garcia

A aldea
As Eiroas é unha pequena aldea situada ao norte do concello de Ourense, este concello no 2024 tña 104.891 habitantes. Na década de 1960 As Eiroas deixou de pertencer á parroquia de San Pedro de Cudeiro para pasar a pertencer á parroquia de Santa Teresita.

A aldea e o seu entorno destacan polo Catro de Val de Gola e tamén por un xacemento paleolítico nas inmediacións do pazo.

O entroido das Eiroas lévase facendo dende mediados do século XX, que xurdiu grazas as viúvas, persoas as cales lle falleceron seus maridos, xa que a traición era tocarlle as campás as que casaron de novo, creceu polo feito de que Antonio e Gumersinda, persoas que as cales pasaron pola mesma situación, é dicir que lle falleceran as persoas coas cales estaban casados.

Na casa da nova parella achegábanse veciños de distintos lugares para reclamar o pago da festa. Non esta claro quen pagou, pero houbo unha pequena festa con gaiteiros.

A festa coincidiu co Entroido e este barrio converteuse nun dos lugares da cidade e dos arredores onde se celebraba a festa paga anterior á Coresma, naquela chamábanlle Entroido de Eiroas e estas datas adoitaban coincidir cun gran fin de semana do Entroido. A festa na honra da noiva foi coñecida dende hai tempo como a "Festa da Pita", xa que era o alcume da viúva protagonista, e esta celebrouse ata principios dos anos 70, pero foi desaparecendo pouco a pouco ata que en 1999 rescatouse esta celebración da memoria grazas a un proxecto de memoria.

Na segunda edición (2000), fíxose unha obra teatral popular que buscaba entón satírico e desenfocado e lembrar a orixe daquela cencerrada do século pasado. Ata o décimo aniversario do festival, en 2008, a voda da Pita era moito máis curta e tiña lugar ás 17:00, para logo, deixarlle sitio a obra teatral e logo ao baile das máscaras. A partir dese ano, cambiou a estrutura festiva do martes, pasando a ser a voda da Pita ás 13:00 horas, isto fixo que medrara a celebración e tamén se introduciron novos elementos sobre o que aconteciu no panorama social e político durante o último ano.

A historia ten duas partes. Por unha banda, o matrimonio de Antonio e Gumersinda e, por outro lado, a análise irónica do acontecido no último ano. Ademáis, a estrutura dese guión ten sempre as mesmas partes: primeiro aparece o narrador para darnos o adianto de que vai suceder e tamén para situarnos naqueles anos; en segundo lugar, un sacerdote máis antigo e unha monxa máis moderna presentan a ceremonia aos noivos e aos convidados de cada ano, e a parella fala de como se coñeceron e de como queren vivir xuntos; en terceiro lugar, a voda é interrumpida por un veciño cantando coplas e tamén esixindo o pago dunha festa para celebrar esta unión; en cuarto lugar, a garda civil interrompe (tal e como din que interrompiu nas antigas festas),e ao producirse unha discusión entre o garda e o veciño, a conmoción pola cencerrada aumenta e a autoridade acaba por poñerse nerviosa e dispara ao ceo; e xa, por último, as Pitas tamén interrompen  na escena, tacando os cencerros, rodeando á garda civil e tirándolles ovos así e como as Pitas paran os gardas reconciliando o pasado co presente para construír un futuro común. Ao rematar a obra de teatro, o máis novo será o encargado de recoller a cesta cunha galiña que levara a noiva durante a celebración na man e pechará a voda, recitando uns versos que levan rematándoa dende o primeiro ano que se celebra.

A máscara
A idea era crear unha máscara que representase seu entroido. A Pita nace cun novo século, conxugando o espírito do Entroido cunha homenaxe á viúva.

A máscara consta de duas partes: a primeira parte é o casco, que está feito de moldes de xeso cos moldes das propias cabezas das persoas. Logo engándeselle os picos laterais, o frontal e o traseiro, líxase e pintase de branco e negro e por atrás teñen un deseño libre, pero que ten que estar relacionado coa natureza ou co matrimonio; logo está o pescozo que está feito de papel maché, depois de estender a pasta de papel por todo o pescozo e de perfilar o que será a gruta e a cresta da galiña, por último, engádenselle as plumas de teas azuis, vermellos e amarelos para darlle cor á máscara.

O traxe
O traxe é unha vestimenta elegante que intenta mesturar o básico do traxe tradicional galego co do Entroido. O traxe está formado por unha chaqueta negra curta e uns  pantalóns curtos sobre unha camisa branca e medias tamén brancas de encaixe acompañado dunhas polainas negras con distintos adornos.

Dos brazos da chaqueta colgan dúas capas cheas de plumas de tea a xogo ca máscara, rematadas con catro puntas das que colgan campás.

Os pantalóns teñen tamén seis campás, é dicir, tres en cada perna, das que colgan catro cintas das mesmas cores cao resto do traxe.

A camisa é branca con mangas e delas sáenlle varias cintas das tres cores habituais do traxe como xa se citan anteriormente. As medias son de encaixe branco. E polainas negras con duas campás por perna e catro cintas.

O traxe tamén se complementa cun cinto de coiro do que colgan dezasete cencerros de dous tamaños e unha bolsa de coiro na que as pitas gardan os ovos.

No ombreiro dereito teñen un broche de coiro do que colgan outras cintas máis longas e grosas, que indica a idade da máscara, e na solapa esquerda da chaqueta, hai unha insignia de prata que representa a máscara de Pita.

Este Entroido non ten ningunha comida nin bebida especial nesta época do ano. Normalmente, toman filloas, que son eleboradas artesanalmente con leite, auga, ovos, fariña de trigo, sal e azúcre, pero tamé hai xente que as fai coa auga do caldo. De bebida soen tomar augardente, típica en todos os lugares que se celebra o Entroido en Galicia.

Traxe completo