Cousas de ver by Noa EOI PTV

Eroski/Paraíso - Jorge Coira (2019)
Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.

https://numax.org/cinema/ficha/eroski-paraiso?locale=gl

Crebinsky - Enrique Otero (2011)
A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944, no contexto da Segunda Guerra Mundial. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso que sofrera un accidente aéreo anos antes. Noutro accidente os nenos quedan orfos, e logo dunhas choivas torrenciais o río crece e asolaga a aldea na que viven. Levados pola corrente, os irmáns e a súa vaca Mucha aparecen na costa. Fan unha cabana non lonxe dun faro, sobrevivindo grazas ás crebas, os obxectos que deixa o mar. Os irmáns Crebinsky criáronse sós dende novos, polo que teñen unha particular relación (comunícanse cun frases simples e directas) e un peculiar modo de existencia (ao descoñeceren o uso real dos obxectos que atopan, recíclanos segundo mellor lles conveña en cada momento cun grande enxeño artesanal).

Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico. Un piloto alemán da Luftwaffe ten un accidente na praia, e un submarino estadounidense decide desembarcar alí. Soldados alemáns que traballan preto de alí, nunha mina de volframio, van xunto cun falanxista na procura do piloto accidentado, pois levaba un radiotransmisor. Os irmáns comezan unha viaxe pola zona na procura da súa vaca, e chegan a unha verbena na que actúa un grupo musical. Finalmente atopan a vaca, xunto á tumba dos seus pais. Nese momento a vaca morre, e os irmáns regresan á aldea natal

https://gl.wikipedia.org/wiki/Crebinsky

Serie: Auga Seca - TVG, RTP1 (2020)
ste thriller sobre o tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial está realizado en coprodución coa RTP e rodado entre Vigo e Lisboa.

A primeira entrega da serie, integrada por seis capítulos, de 50 minutos de duración cada un, estréase este domingo na Televisión de Galicia na faixa da noite, en horario de máxima audiencia.

Auga seca, drama policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, é a primeira serie en galego que accedeu ao exclusivo Mipcom de Cannes, está coproducida pola galega Portocabo e SP-i, a produtora de televisión máis importante do país veciño, e vai ser distribuída internacionalmente pola británica DCD Rights.

A trama cargada de xiros e sorpresas supón unha nova colaboración entre a TVG e a RTP, canles que manteñen lazos estreitos, despois de coproducir tamén as series Vidago Palace e Verão M e programas como Camiños de irmandade e especiais de Aquí Galicia e Aquí Portugal.

Á carta (TVG): http://www.crtvg.es/tvg/programas/auga-seca

Serie: O sabor das margaridas (2018)
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de thriller policiaco que se estreou na TVG np 2018. Foi dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix no 2019, sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.

Ambientada no ano 2010, a historia desenvólvese na véspera da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela. A acción prodúcese nunha vila illada do interior de Galicia, onde unha moza conflitiva, Marta Labrada, é secuestrada. Rosa Vargas é a axente de policía encargada da investigación do caso, contando coa axuda de dous axentes locais. Porén, o caso non é tan sinxelo como semellaba nun principio e a investigación destapa toda unha serie de crimes que permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".
Á carta: Netflix (T1 e T2)
Á carta (TVG): http://www.crtvg.es/tvg/programas/o-sabor-das-margaridas-2 (T2)

Dhogs - Andrés Goteira (2017)
Disposta en diferentes capítulos, Dhogs confórmase como un filme de episodios cruzados onde todo orbita arredor do personaxe femenino. O que comeza como un aparente flirteo entre un home e unha muller no bar dun hotel acaba por ascender nun espiral de violencia que traspasa a pantalla ata o asento do espectador. Dhogs é un thriller… mais, dentro do propio formato e do xénero que é, o filme ábrese cara outros camiños non pautados que semellan máis próximos ao surrealismo ou gore. Este quebre da narrativa permite que o seu ritmo, constante e imparable, enganche ao espectador que intenta xuntar todas as pezas do puzzle para entender “que carallo está pasando?”.

http://www.acuartaparede.com/dhogs-de-andres-goteira/

Doentes - Gustavo Balza (2010)
Na década dos 1950 o Hostal dos Reis Católicos -daquela Hospital Real- botou á rúa os doentes, peregrinos e pobres para converterse nun hotel de luxo. Un vello cura castrense presunto ferido de guerra, acompañado dun tísico, queda así á intemperie na miserable noite compostelá, e tenta tirar de todos os fíos que lle quedan para recuperar un acubillo. Historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño. Estrea 20/5/11.

Palmarés: Foi unha das grandes vencedoras dos Premio Mestre Mateo 2011 (entregados en 2012), gañando varios dos galardóns principais, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán, Morris.

http://culturagalega.gal/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10461&busca=Doentes