OS ANIMAIS NA TRADICIÓN ORAL GALEGA by Rosa

RETO LANZADO POLO CEIP SOUTELO DE MONTES: A DONICELA
A donicela recibe multitude de nomes en galego, entre os que podemos destacar o de denociña, denouciña ou doniña.

Antigamente tiñan moito temor a este animal, mesmo na actualidade aínda existe a crenza de que mata grandes animais e persoas. Ao igual que coa pinchorra pénsase que o seu alento pode chegar a matarte.

En moitas ocasións era culpada de que as vacas deixaran de dar leite xa que dicían que fora trabada por unha donicela. Dise tamén que é agresiva coas persoas que visten de vermello e que persegue principalmente ás mulleres.

En canto a curacións contan que o sangue da donicela podía chegar a curar unha epilepsia e que ten a capacidade para curar outras enfermidades.

Existen moitas manifestacións na tradición oral galega onde aparece este animal.

AÍ VAI O RETO:

Escribide a continuación todos os refráns que atopedes sobre este mamífero e explicade brevemente o seu significado:

ACTIVIDADE COLABORATIVA QUE UNIFICA OS PDI DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS.
Esta actividade é conxunta co CPI Atios de Valdoviño, onde o alumnado de 3º e 4º de Primaria dos dous centros realizará un traballo de investigación sobre a presenza dos animais na tradición oral de cadansúa zona. Logo lanzáranse retos entre os dous centros sobre aspectos relacionados cos animais e a tradición oral de cada localidade a través da plataforma dixital Padlet. Desta

maneira unificaranse os PDI dos dous centros educativos.

OS RETOS QUE SE LANCEN SERÁN DE COR AMARELO E A SÚA RESOLUCIÓN EN COR VERDE

RESPOSTA AO RETO 1: A DONICELA
Que animal máis curioso a donicela!!

Aí vos van varios refráns que atopamos sobre este animal:

1- Se te morde a donicela, busca camisa para a terra.

2- Donicelas a trabar, campaniñas a tocar.

3- Se te morde a donicela, busca un viño e busca vela, que mañán che darán terra.

4-Si te roe a delociña, colle a pa e anda axiña.

5-Si te morde a doniña busca sábana e aixadiña

6-Se te roe un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roe a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.

7-Donicela borrallenta, queres pan e non cho dan e rabeas coma un can.

Cremos que os seis primeiros refráns queren dicir máis ou menos o mesmo, que se te traba unha donicela prepárate para morrer (aínda que realmente a súa mordedura non é velenosa)

En canto ao último, cremos que pode significar que se a donicela ten fame e non atopa comida está furiosa e pode atacar a calquera animal para saciar a súa fame.

Tamén atopamos este dito ou frase feita:

“Pásalle coma o rato cando lle baia donicela enriba”

Cremos que este dito é debido a que a donicela é moi boa cazadora de ratos. Mais indo máis alá do significado literal, indica o medo que se lle ten a alguén que cres que te pode prexudicar.

Averiguamos que esta mala fama que ten a doniña de ser tan perigosa, é debido a que se se ve acurralada, mesmo se tira ao posible inimigo para mordelo e segrega unha substancia que cheira a podre e que se cría velenosa.

RESPOSTA AO RETO 3
1-O peixe é a troita.  O seu nome científico é Salmo trutta fario. É un peixe da subfamilia Salmoninae, dentro da familia dos salmónidos

2- O retrouso da cantiga do interior é:

Polo río abaixo vai unha troita de pé,
corre que te corre, quen a puidera coller,
quen a puidera coller, quen a puidera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita de pé.

E o retrouso da mariñeira é:

Polo mar abaixo vai unha troita de pé
Corre que te corre, quen a poidera coller.
Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.
Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

3-As troitas son carnívoras, aliméntanse de diferentes tipos de insectos (como moscas, formigas, cascudas) , crustáceos (camaróns, cangrexos ), vermes, larvas de mosquitos. As especies máis grandes de troitas poden alimentarse tamén doutros peixes, incluso ratos.

4- A troita está ameazada debido a varios motivos:

O cambio climático, a contaminación, a extracción de auga para regar os cultivos a sobrepesca, o feito de son o alimento de moitos animais... . Pero o principal motivo son os encoros, que dificultan é, ás veces, impiden o paso ata os lugares de desova. Supoño que saberedes que as troitas, ao igual ca o salmón, van dende o mar ata o inicio do río para poñer os ovos, e moitas veces morren intentando subir por o muro que atopan nos encoros.

RETO 2 LANZADO POLO CPI ATIOS VALDOVIÑO
Agora enviámosvos o noso reto:

Tedes que buscar que animal falta no oco do seguinte refrán:

CANDO A __________________ VISITA Ó LABRADOR, MAL LLE

VAI AO PESCADOR.

Aí vai algunha pista sobre ese animal:

- Podémolo atopar aquí en Valdoviño, pero en Soutelo non.

- Aquí, na Lagoa da Frouxeira, hai unha variedade ou especie que se chama “Chorona”.

Cando saibas de que animal se trata busca información sobre ese animal e algún refrán máis.

Sorte!!