Obras de lectura fácil by Ana Porteiro

La buscadora de tesoros
La buscadora de tesoros, de Montserrat Balada, con ilustracións de Núria Feijoó.

Lola quere converterse nunha buscadora de tesouros. Un día, atopa un mapa dun tesouro escondido nun lugar lonxano. Aínda que carece dunha brúxula, segue decidida a encontralo, tomando un camiño descoñecido que atravesa a terra da pereza, o alboroto e o medo para facer fronte a este soño.

Los tomates de Mila
Los tomates de Mila, de Sanne Dufft.

O avó de Mila obséquiaa cun agasallo moi especial: unhas tomateiras, ademais de ensinarlle a coidalas. Cada día, Mila irá descubrindo, entusiasmada, como van cambiando as súas plantas. Grazas ao seu esforzo e dedicación, as tomateiras darán moito máis que os seus froitos, pois tamén lle proporcionarán aprendizaxes que a acompañarán para sempre. Trátase dunha inspiradora historia para espertar nos nenos o amor pola natureza e valores como a espera, o esforzo e a cooperación.

La fuente
La fuente, de Áuria G. Galcerán.

Hai viaxes marabillosas que nos conducen a mundos descoñecidos. Este é un deles. Cando os/as lectores/as se adentren neste conto, convivirán con silfos e sílfides, que se transformarán en gotiñas de auga e se deslizarán polas covas dunha montaña. Na súa longa viaxe cara a luz do sol e as paisaxes máis espectaculares da terra, descubrirán outros seres da natureza que lles amosarán as marabillas do mundo, moi especialmente o ciclo da auga como fonte de vida.

La liebrecilla
La liebrecilla, ilustracións de Albert Asensio.

Unha familia de lebres, composta por sete membros, compite por ver quen se converterá na verdadeira lebre de Pascua. A través desta sinxela peripecia, este conto infantil plantexa a necesidade de loitar para vencer os obstáculos e a importancia de saber atopar o camiño correcto para o desenvolvemento das nosas accións.

Las súper-ratas de Bart
Las súper-ratas de Bart, de Álex Tovar e África Fanlo.

Bart soñou cun exército de roedores entrenados para mellorar a vida das persoas. Son as súper-ratas. Grazas ao seu olfato, as ratas de Bart detectan minas terrestres por toda África e axudan á investigación de enfermidades como a tuberculosis. Co seu amor polos animais, a súa creatividade e perseverancia, Bart contribúe a construír un mundo mellor.

Nada es lo que parece. Cuento del norte de África
Nada es lo que parece. Cuento del norte de África, versión de Ramón Girona e ilustracións de Linhart.

No oasis, mentres unha rapaza se despraza a diario para levar auga ao seu fogar, fantasea arredor das historias marabillosas sobre outros mundos e culturas que contan os mercaderes que se aproximan ao lugar. A moza soña con poder viaxar e vivir todas esas experiencias. Pregúntase como podería logralo ou quen a axudaría.

¿Dónde van cuando llueve?
¿Dónde van cuando llueve?, de Gerda Muller.

Lucas e María deciden pasar un día no campo co seu curmán Esteban. Durante a excursión, sorpréndeos unha chuvia primaveral e os rapaces pregúntanse a onde se dirixen os animais cando chove. Este conto ofrece unha detallada descrición dos animais e as prantas da contorna e convértese, polo tanto, nun traballo documental de ciencias naturais.

El pez de los deseos
El pez de los deseos, de Loek Koopmans.

Trátase dunha adaptación do conto dos irmáns Grimm O pescador e a súa muller, unha historia que aborda a dicotomía entre a ambición desmesurada, que conduce á escuridade, e a bondade e a sinxeleza, que implican sempre felicidade.

Un año alrededor del gran roble
Un año alrededor del gran roble, de Gerda Muller.

Roberto e seus pais viven nunha casa no bosque. Cando seus curmáns os visitan, Roberto decide ensinarlles un gran roble de 300 anos de antigüidade. Ao longo de sucesivas visitas que se producen durante un ano, o conto achéganos aos cambios que experimenta o bosque nas distintas estacións, cunha minuciosa descrición da flora e a fauna que habitan nel.

Luna nueva
Luna nueva, con ilustracións de Claudia Tremblay.

Trátase dun libro de grande utilidade para axudar ás nenas a comprender o ciclo menstrual, explicando o seu verdadeiro significado e conectándoo cunha nova etapa na vida dunha adolescente.

Colección "Tú puedes"
Colección “Tú puedes”:

a) Cuida tu bienestar físico y emocional.

b) Redes sociales. Conéctate de manera segura y responsable.

c) Cómo prevenir el acoso.

Os libros da colección “Tú puedes” presentan situacións da vida cotiá que todos coñecemos, pero que, ás veces, nos resulta difícil afrontar. Estas obras ofrecen información e consellos para axudar aos nenos e nenas a desenvolverse con autonomía e seguridade.

Marcus Marc e a ruta do Coltán
Marcus Marc e a ruta do Coltán, de Núria Climent Codina.

Marcus Marc é un piloto de avión que viaxa por todo o mundo. En cada viaxe, coñece a alguén que lle explica unha gran historia. Esta vez, unha avaría nun motor do avión lévao a realizar unha aterraxe de emerxencia no corazón do Congo, onde coñece a Kibwe, un mozo da rexión.

Kibwe explícalle como se obtén o mineral necesario para fabricar os procesadores que fan funcionar moitos dos aparellos que usamos na nosa vida diaria.

¡Vaya lío con el chocolate!
¡Vaya lío con el chocolate!, de Ester Farran, con ilustracións de Jordi Sales.

Durante o verán, Johan e Judith fan un pacto que cambiará as súas vidas. Unen as súas forzas co propósito de converterse en superheroes xusticieiros para axudar aos demais. Para logralo, experimentarán diversas vivencias, divertidas e desenfadadas, acompañadas de moito chocolate.

Cores prohibidas
Cores prohibidas, de María Peralta Vidaurreta.

Amina é a máis pequena de cinco irmáns. Xunto con seu pai, abandona Senegal ao sentirse marxinada pola súa cor de pel. Ambos viaxan a outro lugar onde o tono da pel dos dous é diferente aos dos demais, confiando en que nese novo país non existan as cores prohibidas.

A idade da inocencia
A idade da inocencia, de Edith Wharton.

Esta obra, gañadora do Premio Pulitzer, narra a historia dunha gran paixón que cuestiona os costumes da alta sociedade neoiorquina a finais do século XIX. O seu protagonista, Newland, está comprometido con May Welland. Non obstante, un día, a condesa Ellen Olenska, curmá de May, regresa de Europa, convertida nunha muller independente e valente. Newland séntese fascinado polo misterio que desprende Ellen, tan distinta das outras mulleres, e decide loitar con ela contra os convencionalismos da época.

Kafka e a boneca viaxeira
Kafka e a boneca viaxeira, de Jordi Sierra i Fabra, adaptación de Clàudia Sabater.

Franz Kafka era un recoñecido escritor, pero nunca se vira na tesitura de escribir unha carta a unha boneca. Era un home sen medo a nada; pero si llo tiña a unha nena que choraba cunha tristura infinita e que o miraba con sobrecolledora intensidade. Prometéralle regresar a carón dela ao día seguinte coa misiva rematada. Se non o facía, Elsi medraría pensando que a súa boneca a abandonara.

Un león en la ciudad
Un león en la ciudad, de Jesús Ballaz.

Cando seu pai more a mans duns cazadores, un pequeno león refúxiase nunha cova. Cando medra e os humanos deforestan a selva, ameazando aos animais que a habitan, decide enfrontarse a eles. O texto invita aos lectores/as a reflexionar arredor da relación entre os homes e os animais, do respecto e do medo.

El mundo de Asgard
El mundo de Asgard, de Montse Torices Girons.

O mundo de Asgard está en perigo, pois Golder, o rei dos lobos, quere conquistar Asgard, xunto co resto dos mundos máxicos. Para salvarse dese perigo, precisan encontrar a Helmina, a princesa dos humanos. Aesir e Bor, un asgardián e un elfo, emprenden unha gran aventura na procura de Helmina. Polo camiño, descobren revelacións sorprendentes.

O Principiño
O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry.

Un aviador atópase no deserto do Sáhara, despois de que o seu avión sufrise unha avaría. Mentres este se centra en reparalo para regresar á casa, o Principiño explícalle a súa historia e fálalle do seu planeta, da amizade, do crecemento persoal e da vida, nunha invitación a reflexionar sobre a natureza humana.

Os pazos de Ulloa
Os pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán.

A obra retrata a vida rural de Galicia no século XIX. É a historia dunha avaricia que conduce ao engano, á traizón e á morte. Xián, un sacerdote novo, é o encargado de coidar de don Pedro, o marqués de Ulloa, animándoo a que se centre nas súas obrigas e controle as súas terras, ademais de buscar unha esposa que lle proporcione un herdeiro. Non obstante, axiña descubrirá que Primitivo, o criado do pazo, ten máis poder que o propio marqués e que non renunciará tan facilmente a el.

Las aventuras de Huckleberry Finn
Las aventuras de Huckleberry Finn, de Mark Twain, adaptación de David Fernández.

Huckleberry Finn é un adolescente orfo de nai que está canso de vivir cun pai bébedo. Por iso, escapa do seu pobo en compañía de Jim, un escravo fuxitivo. Durante longos días, ambos viaxan polo río Misisipi nunha balsa. Os dous viven numerosas aventuras e coñecen a extraños personaxes, á vez que van profundando cada vez máis na súa propia esencia.

Frankenstein o el moderno Prometeo
Frankenstein o el moderno Prometeo, de Mary Shelley, adaptación de David Monserrat.

É unha das novelas de terror máis famosas de todos os tempos. Conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico que logra dotar de vida a un ser formado por anacos de cadáveres. Sen pensar nas consecuencias que se derivarán deste acto, Víctor crea un monstro. A criatura, rexeitada por el e por cantos atopa no seu camiño, rebélase contra o seu creador e decide vingarse.

Drácula
Drácula, de Bram Stoker, adaptación de Nuria Pradas.

Drácula recrea a terrorífica historia dun malvado conde que, desde Transilvania, chega a Londres disposto a propagar o mal polo mundo. Jonathan Harker e a súa muller, Lucy e o seu prometido, o doutor Seward e o profesor Van Helsing enfrontaranse ao conde Drácula. Algúns deles pagarano coa súa vida. Contra os poderes do vampiro, empregarán as súas mellores armas: a amizade, a valentía, o traballo en equipo e os amplos coñecementos do vello profesor.

Ivanhoe
Ivanhoe, de Walter Scott, versión de Elena O´Callaghan i Duch.

Trátase dunha das novelas máis lidas de Wlater Scott. O seu protagonista é un cabaleiro que encarna todas as cualidades dun heroe romántico: é valente, xeneroso, amante das aventuras, defensor dos oprimidos… Con esta obra, o autor quixo explicar aos lectores/as do século XIX a orixe da actual Inglaterra.

La llamada de lo salvaje
La llamada de lo salvaje, de Jack London, adaptación de J. R. Berengueras e R. Bonafort.

O texto traslada a historia dun can, Buck, que debe cambiar os seus costumes para resistir as duras condicións das rexións do norte de Canadá. Buck descubre a vida dos cans de trineo e dos buscadores de ouro, que espertará os seus instintos máis ocultos, imprescindibles para sobrevivir nesas circunstancias. O contacto coa natureza convertirao en compañeiro dos lobos, os seus irmáns máis salvaxes.

Capitanes valientes
Capitanes valientes, de Rudyard Kipling, adaptación de José Aranda.

Narra a historia de Harvey Cheyne, un rico e mimado adolescente norteamericano que, tras caer dun luxoso trasatlántico, é recollido nun barco que se dedica á pesca do bacalao. Durante tres meses, terá que obedecer e traballar xunto cun grupo de expertos mariñeiros e un rapaz da súa idade. Esa experiencia cambiarao por completo. A obra reproduce sucesos fantásticos, perigos, retos de superación persoal e unha amizade de por vida que lle regala o mar.

La Odisea
La Odisea, de Homero, adaptación de Joan Alberich.

A peza traslada o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troia. O protagonista é o modelo de heroe errante que se enfronta á adversidade e, con forza, astucia e a axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que o separan da súa muller, Penélope, e o seu fillo, Telémaco.