Eu fáloa porque si! by

Lucía Fernández Espada (4ºA)
Xoves 19 de maio:

Hoxe no único sitio no que intentei comunicarme en galego foi no instituto, xa que na casa o falo sempre. Nas clases que se imparten en galego dirixinme ao profesor nesta lingua, como adoito  facer; e nas que se dan en castelán fíxeno en castelán. A resposta dos profesores foi de indiferenza, xa que normalmente intento falar na lingua coa que se ensina a asignatura e que usa o profesor. Tamén falei en galego cos meus compañeiros e aquí a reacción cambiou. A moitos fíxoselles estraño que alguén estivera utilizando o galego, xa que se podería dicir que a totalidade da clase non o utiliza, polo menos no ámbito escolar. Moitos compañeiros dixéronme que cambiara de lingua, que se lles facía raro non escoitarme falando castelán. Outros sorprendéronse e diréxonme que eles na casa tamén soían falar galego, pero que aquí, no instituto, era moi complicado usalo. Nesto último doulles a razón, é moi complicado estar usando o galego cando todos están falando en castelán. Esta foi unha das razóns de que se me fixera un pouco difícil estar falando continuamente en galego, e moitas veces volvía ao castelán.

Venres 20 de maio:
No día de hoxe á parte de falar galego no instituto, onde a moitos se lles continuou facendo raro, tamén utilicei a nosa lingua nas clases particulares. Primeiro fun a clases de matemáticas, alí a maioría dos rapaces falan castelán e o profesor tamén, pero sorprendeume que ao falar en galego, o profesor contestoume usando esa lingua, e o resto da sesión cando me preguntaba, facíao en galego. Por parte dos compañeiros houbo unha resposta de indiferenza;  tamén é certo que normalmente non falamos entre nós e, ao ser de distintos cursos e institutos, cada un está ao seu. Despois fun á academia de inglés. Ao comezar a falar en galego, un dos meus compañeiros sorprendeuse e díxome que el vivía nun pobo e alí falábase galego en todos os ámbitos, pero que cando viña a Lugo adoitaba falar en castelán, porque aquí había pouca xente que dende un inicio se che dirixira en galego. Hoxe falar galego custoume menos e fíxeno de forma natural e espontánea, grazas a que a xente se dirixiu a min no mesmo idioma. Se me continuasen falando en castelán íame custar continuar co galego.

Sábado 21 de maio:
No día de hoxe fun de compras. Ao entrar nos comercios e cando tiven que falar fíxeno en galego, e a verdade é que levei unha sorpresa. Nalgúns sitios xa me falaron dende o inicio en galego, sen que eu dixera nada; noutros ao principio atendéronme en castelán, pero ao ver que falaba galego, cambiaron de lingua; e nalgúns faláronme en todo momento en castelán e non cambiaron de idioma. A miña experiencia foi boa e falei galego de maneira fluída, e aínda que me atenderan en castelán eu seguín co galego.

Conclusión:
A miña experiencia foi boa, eu sentinme ben falando galego e en ningún momento sentín vergoña. Si que é verdade que me custou un pouco máis comunicarme en galego no instituto, xa que os meus compañeiros seguían a falar castelán, isto fixo que moitas veces non me saíse natural falalo, incluso tiña que pensar as palabras porque as mesturaba co castelán. Por iso me gustaría que nalgúns ámbitos o galego estivera máis normalizado, como por exemplo no escolar, sobre todo dentro dos alumnos e, no meu caso, compañeiros, porque noto que hai moita xente á que aínda lle dá vergoña falar en galego e que incluso o menospreza. Con esta experiencia tamén observei que hai moita xente que fala galego na casa e coa súa familia, pero que despois cos amigos, instituto ou noutros lugares fala castelán. Sobre todo, noto que estas situacións acontecen máis nas cidades. Eu antes vivía nun pobo e alí era moito máis normal falar en galego ca en castelán. Tamén había xente que falaba en castelán, pero eran minoría. Esta experiencia fíxome reflexionar e deime conta de que se están a perder moitos falantes, e que o galego só se utiliza en ámbitos máis privados como acontecía nos séculos pasados. En vez de estar evolucionando estamos indo cara a atrás e isto dáme moita mágoa, xa que o galego é unha das nosas señas de identidade como pobo. Se nós non o reivindicamos e o usamos, os de fóra non van vir a defendelo. O galego é parte da nosa cultura e debemos estar orgullosos do que somos.

Lucía Campo Castro (4ºA)
Xoves, 2 de xuño
Hoxe propóñome falar galego ata o sábado. Vaime resultar difícil xa que normalmente non falo galego máis que na clase de galego, aínda que si que lle oio falar á miña familia e a algúns amigos galegofalantes. Á mañá comecei falando galego, a reacción dos meus compañeiros foi boa aínda que xa sabían que estaba facendo este reto así que ben. Notei que me custaba bastante falar sen pensar en como se dicían algunhas palabras pero co tempo xa me soltei a falar máis espontaneamente, como falan meus avós ou xente da miña aldea, e xa me saía máis natural. Despistábame moitas veces e acababa falando castelán pero é polo costume. Ao mediodía xantei coa miña nai nun restaurante turco. Conteille a miña nai sobre este traballo e comezou a falarme galego, á súa maneira. Co camareiro non falei galego xa que xa lle custaba abondo entender o castelán coma para falarlle galego. En xeral, sentinme bastante cómoda falando o idioma aínda que me ía ao castelán.

Venres, 3 de xuño
Hoxe ata o final da mañá esquecinme de que tiña que falar galego. Así que o falei pouco aínda que a reacción dos demais foi a mesma. Pola tarde, fun ás Termas, onde na primeira tenda intentei falar en galego pero trabeime e non me entendeu. Entón, repetínllelo en castelán. Dende aquela falei castelán ata chegar á casa por vergoña. Xa na casa falei coa miña nai e irmán en galego.

Sábado, 4 de xuño
Hoxe xa me custou menos falar o galego. Pola mañá fun á perruquería e como coñecía á perruqueira de toda a vida non me resultou incómodo falar galego. Pola tarde viñeron meus avós á casa e pareceron contentos de que falase galego e foi cos que máis cómoda me sentín falando xa que se notaba que lles saía natural o idioma.

Conclusión
En base a esta experiencia, deime conta de que falar máis o galego era moi sinxelo e da presión social polo que a xente non o fala. No meu caso deume bastante vergoña. En xeral, foi unha boa experiencia e procurarei falar máis frecuentemente o idioma.

Gerald David Vázquez Fernández (4ºA)
27 de maio de 2022, venres
Contexto: Fun ás clases de harmonía e piano que teño os venres pola tarde e comecei a dirixirme en galego aos mestres coa mesma naturalidade que o adoito facer en castelán.
Os implicados eran o meu mestre de harmonía e a miña mestra de piano. Este primeiro ficou sorprendido un momento, pero inmediatamente comezou a empregar o galego para responder ás miñas cuestións. En canto á mestra de piano, quedou algo estrañada, pero despois botouse a rir a gargalladas (non de que empregara o galego para falar, senón de que lle fixo graza a situación).
Sentinme ben, xa que ambos reaccionaron de forma positiva e non se mostraron incomodados polo cambio.

28 de maio de 2022, sábado
Contexto: Estaba nunha cea cos compañeiros e compañeiras da banda de música na que toco (Banda Filharmónica de Lugo) e pedín o que quería comer e beber en galego.
Estaban alí os meus compañeiros cos que adoito falar en castelán. O cambio ao galego resultoulles estraño, pero non comentaron nada, ata que unha compañeira finalmente preguntoume que a que viña iso de falar galego tan repentinamente.
Sentinme tentado de falar castelán para acabar con esa situación, pero preferín seguir falando galego durante a cea.

29 de maio de 2022, domingo
Contexto: Fun mercar unha barra de pan á pastelería do meu barrio, pedíndolle a barra de pan á pasteleira.
A muller coñéceme e sempre falo en castelán con ela. Mostrouse estrañada porque falei en galego e preguntoume directamente por que o facía. Eu respondín que tiña dereito a falalo e que estabamos en Galicia (de forma tranquila, sen ser arisco). Ela só me dixo que lle parecera raro ese cambio en min dun día para outro.
Nun principio sentinme algo incómodo pola súa reacción, aínda que tamén me pareceu divertida.

Conclusión final:
Non está mal vista a utilización do galego como medio de comunicación (polo menos, no meu entorno), aínda que segue a semellar non natural para as persoas que esta lingua sexa empregada por xente que normalmente non a fala.
Valoro positivamente esta experiencia e creo que vou comezar a empregar o galego en máis ámbitos da miña vida cotiá.

Ainara Méndez Corral (4ºA)
Primeiro día [27/05/2022]
Sinto que este reto vai ser complicado xa que a maior parte da sociedade fala castelán e é como un chip que se activa con escoitar a unha persoa falar. Custoume moito falar galego no instituto, ata houbo momentos nos cales falei castelán simplemente por escoitar ao meu grupo de amigos. Tamén me sentín avergoñada xa que a xente me miraba raro e iso fixo que me sentise mal por falar na lingua. Logo na casa, foi coma sempre; a miña familia toda fala galego case todo o tempo, aínda que con castelanismos e con palabras que non están nos dicionarios como por exemplo esterpe, gallita, abidueira. Aquí sentinme ben e aceptada, cousa que pola mañá non existía. Despois, saín ao supermercado e púxenme moi nerviosa o que provocou que cambiase ao castelán. Outra acción que fixen foi practicar canto, pero como a min non me gusta a música en galego, quitando ás Tanxugueiras, cantei en inglés e en castelán. Algo que realicei case todo o tempo da tarde foi estar nas redes sociais, onde falei castelán xa que cando se activaba o corrector de texto ao falar galego cambiábame todas as palabras o que provocou que falase castelán.
Pd: creo que é necesario un corrector en galego na maioría de dispositivos.

Segundo día [28/05/2022]
Fun polo pan e o almorzo e falei galego, cousa que á dona lle pareceu estraño xa que nunca adoito falalo con ela. Logo funme á aldea, onde todo o día me comuniquei en galego. Cando volvín á casa e tiven wifi, púxenme coas redes sociais onde falei castelán polo mesmo motivo que o día anterior. E por último, vin Stranger Things en castelán xa que non hai dobraxe en galego.

Terceiro e último día [29/05/2022]
Saímos a comer toda a familia a un restaurante preto da miña casa, onde falei galego e os camareiros tamén o falaban cousa que me fixo sentir feliz e aceptada. Volvemos á casa, e puxémonos a ver o xuízo de Jonhy Deep, o cal estaba en castelán. Despois, fun ao ultramarinos a por un xeado, onde falei galego e fíxome sentir incómoda xa que había varios adolescentes ao redor.

Conclusión:
Hoxe en día é moi complicado falar galego xa que a sociedade está afeita a falar castelán e hai moitos prexuízos polo medio; séguese considerando unha lingua inferior. Ademais, as redes sociais e as aplicacións de streaming no canto de axudar á normalización, non o teñen en conta facendo unha diferenza. No meu caso, falar galego foi complicado por estes motivos e onde máis falei galego foi na casa, o que me leva a supoñer que quizais falalo fóra faime sentir diferente ou avergoñada.

Carmen Castro Rodríguez (4ºA)
DÍA 1
O primeiro día decidín falar en galego cos meus pais e co meu irmán, cos que normalmente falo en castelán, aínda que fago expresións en galego. Foi unha sorpresa e estrañoulles que falara en galego, non porque lles parecera mal nin nada polo estilo, senón que como non adoito falar en galego pois sorprendeulles. Eu sentinme ben, un pouco rara polo feito de que non estou acostumbrada e ademais ao principio era a única que estaba a falar en galego despois tamén se puxo a falar a miña nai polo que xa non era tan raro. Aínda que me sentín rara perseverei e ao final conteilles por que estaba falando en galego. Foi unha experiencia moi positiva pero aínda así vou seguir falando en castelán coa miña familia polo feito de que levo toda a vida falando con eles en castelán e síntome rara expresándome con eles en galego.

DÍA 2
O segundo día falei en galego facendo unhas compras no supermercado e no Centro Comercial As Termas, cos dependentes e coas dependentas das tendas. A súa resposta foi de indiferenza, ao final máis xente vai comprar e fala en galego, polo que non houbo unha sorpresa. Houbo os que, ao escoitar que estaba a falar en galego, falaron en galego e os que seguiron falando en castelán. Eu sentinme ben, utilicei o idioma da miña Comunidade Autónoma nun lugar e nunha situación na que normalmente non uso. Foi unha experiencia moi positiva e seguramente as próximas veces tamén use o galego para comprar.

DÍA 3
O terceiro día usei a lingua galega nun restaurante, cando fun comer coa miña familia, co camareiro e coa camareira. A súa resposta tamén foi de indiferenza, como o día anterior. Hai xente que usa o galego cando vai comer fóra polo que non se estrañaron o escoitar falar en galego. Neste caso todos deron a súa resposta en galego. Eu sentinme ben, utilicei a lingua dos meus antepasados e que segue viva a día de hoxe. Foi unha experiencia moi positiva e as próximas veces vou usar o galego cando vaia comer fóra cos meus pais o cos meus amigos.

Carlota Méndez Pérez (4ºA)
Día 1:
Neste día só tiven a oportunidade de falar en galego pola tarde. Fale coa miña nai, cando me recolleu do instituto. Ao principio, non se decatou de que estivera a falar en galego pero, cando foi consciente, botou a rir. Supoño que foi porque eu tardaba moito en falar xa que tiña que pensar se estaba a dicir as palabras correctamente. Cando deixou de rir preguntoume por que estaba a falar en galego, polo que lle contei sobre a actividade do diario. Ao saber disto, dixo que era unha moi boa oportunidade para practicar.

Día 2:
Hoxe puiden falar en galego cunha das compañeiras de traballo da miña nai. Ela é catalá, pero sabe falar moi ben en galego, o cal é moi curioso. Pero o punto do asunto é de que falamos e cando. Ben, estivemos a falar mentres tomabamos un café antes de que ela tivera que empezar a traballar, aínda que a única que tomou un café fun eu. Estivo preguntándome sobre o meu día e eu pedinlle que me dixera como é que fala galego se viviu gran parte da súa vida en Cataluña. Explicoume que o seu marido sempre fala en galego na casa, polo que ela acabou afacéndose, tamén dixo que lle gustaba moito a nosa lingua, polo que decidiu falala ela tamén.

Día 3:
Neste día o meu pai veu a Lugo polo que falei con el en galego. O meu pai vive en Vigo, polo que só o vexo de xoves a domingo. El non se decatou de que estaba a falar en galego, ou polo menos non lle sorprendeu, a verdade é que o meu pai é un pouquiño pasota para estas cousas, polo que tiven que dicilo eu e de paso explicarllo. Dixo que lle parecía ben e que se quería podía falarlo con el.

Día 4:
Hoxe non falei con ninguén novo xa que quedei na miña casa estudando, polo que soamente falei un pouco co meu pai. O que si que fixen foi tratar de pensar en galego, ao final, despois dunha hora, deime por vencida, non fun capaz de soportarlo máis, polo que o día de hoxe non foi moi produtivo.

Día 5:
Neste día fun co meu mellor amigo a tomar un café e comenteulle o asunto de falar unha semana en galego, tamén lle contei a miña experiencia (loxicamente todo isto foi dito en galego). Dixo que non podía crer que co pésimo nivel de galego que teño fora capaz de falar tantos días sen renderme. Sendo realistas, eu tampouco sei como é que puiden aguantar tanto sen tirar a toalla.

Día 6:
Como hoxe é domingo, fun comer á casa dos meus tíos. Eles si que falan en galego de cando en vez, polo que non lles pareceu moi raro que eu o fixera, pero o meu primo si que se sorprendeu xa que sabe que me custa moito falar nesta lingua, polo que me preguntou como é que me atopaba falando galego, así que lle expliquei sobre a actividade. Estívose rindo de min un cacho, é unha moi mala persoa.

Día 7:
Hoxe é o último día, e só puiden falar coa miña nai (o cal foi falar eu en galego e ela en castelán), polo que non hai moito que comentar, o que si que vou facer é unha clase de conclusión a este curto periodo de inmersión lingüística. O certo é que non vou seguir empregando o galego. Esta semana foi moi complicada e custoume moito seguir o ritmo. Ademais, estou segura de que cometín moitos erros lingüísticos ao longo da semana, polo que, aínda que non nego que foi unha experiencia única, non creo que a volva repetir.

Anxo Seijas Móyer (4ºB)
O primeiro día que empecei este traballo foi o luns 23 no meu entorno habitual que é da escola á casa e da casa ao adestramento. Na clase os meus compañeiros algúns puxeron caras de sorprendidos e a outros non lles importou; ese día fun comer á casa dos meus avós, cos que adoito falar en galego, así que a reacción foi a mesma. No adestramento houbo xente que mirou con cara rara e outra non o entendía porque hai un neno que vén de Murcia aínda que leve uns anos aquí.

O martes 24 non tiven moitas actividades xa que só tiña clase e academia de inglés, os únicos avances foron que os compañeiros eran máis os que me respondían en galego e xa non se estrañaban; e na academia de inglés non falei galego por razóns obvias.

E por último, o mércores 25 xa todos na aula falaban en galego comigo e no adestramento tamén o falaban aínda que lles custaba entender algunhas cousas en momentos tensos ou nos que había que pensar rápido.

A miña conclusión final foi que ao principio, onde adoitas falar castelán as primeiras veces a xente estrañouse un pouco pero co paso do tempo xa se afixeron, e a miña valoración foi que ao principio custoume empezar a falar en galego onde non o teño por habitual, aínda que foi una experiencia un tanto interesante xa que houbo xente que ao día seguinte xa empezou a falarme en galego e iso é algo positivo e foi un avance.

Ariadna Chong Carballada (4ºB)
Durante a vindeira semana decidín facer este experimento que se nos propuxo na clase de lingua galegas, para enfrontarnos aos prexuízos da nosa lingua. Decidín facelo durante toda a semana para poder experimentar reaccións variadas de distintos amigos e familiares.

Luns:
O meu primeiro contacto social este día foi coa miña veciña, xa que vamos tódolos días xuntas para o instituto. Saudeina dicindo “Bos días” e directamente preguntoume se estaba facendo o do traballo de lingua. Eu seguín falando en galego pero ela falábame en castelán.

Martes:
Miña nai chegou para comer este día así que no comida falei con ela en galego. Preguntoume que por que me dera agora a falar en galego e eu expliqueille que estaba facendo un traballo para lingua galega. Miña nai dixo que estaba moi interesante que tamén lle falaría en galego a xente coa que non estaba acostumada a facelo. Pero polo contrario a parella de miña nai non lle fixo nada de gracia este experimento, xa que leva vivindo en Galicia máis de dez anos, nunca aprendeu a falalo e custáballe algo seguir a nosa conversa.

Mércores:
Os mércores tócame comer co meu pai, e alí sempre falo en galego así non houbo ningunha reacción fora do común. Expliqueilles tanto ao meu pai coma a súa parella este experimento, e a parella do meu pai reflexionou que era bastante triste que se considerara un experimento falar todo o día en galego e que non fora algo normalizado.

Xoves:
O xoves fun á academia de matemáticas falando en galego coma toda a semana, e ao meu profesor pareceulle moi estraño. Con el nunca falara en galego, el explicoume que si sabía falar en galego e que obviamente o entendía pero que non o fala xa que toda a súa familia é francesa, mais a súa muller nunca o fala tampouco, nin as súas amizades. Así que non ten a oportunidade nin o incentivo de falalo nunca.

Venres:
Os venres é cando vexo a todos os meus amigos en xeral xa que temos teatro no recreo, coas miñas amigas as cales vexo máis de vez en cando non lles pareceu raro xa que falo en galego depende como me vaia o día. Aos demais tampouco lles impactou tanto, e como me tocaba ensaiar tampouco se notou tanto xa que a obra que estamos a representar é “As vellas non deben namorarse” unha versión de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao.

Sábado:
O sábado tiven que romper o experimento para poder falar co meu avó. Meu avó non entende o galego xa que veu de Cuba hai relativamente pouco e na casa dos meus tíos non escoita falar galego nunca xa que tampouco saben falalo aínda que levan vivindo aquí moitos anos. Eles din que non é para nada necesario e que non queren perder o tempo aprendendo un idioma o cal non lles vai servir de nada.

Domingo:
O último día que estiven documentando as miñas interaccións socias fun á aldea da parella do meu pai, e coma sempre falaba en galego coma todos e non houbo ningunha reacción distinta do normal ese último día.