Traballo MATERIA PRIMA by Eva

MADEIRA
A madeira é un material de orixe vexetal que se obtén das partes leñosas dos troncos das árbores.
Para fabricar madeira realízanse unha serie de transformacións, dende a súa extracción nos bosques como materia prima, ata a obtención de tablóns como material para fabricar produtos. os pasos que se seguen son os seguintes:
- Apeo, corte ou tala.
- Transporte.
- Aserrado.
- Secado.

1. Apeo, corte ou tala
Neste proceso interveñen os leñadores ou a cuadrilla de operarios que suben ao monte e con hachas ou serras eléctricas ou de gasolina cortan a árbore e lle quitan as ramas, raíces e empezan a quitarlle a corteza para que comece a secarse. Sóese recomendar que as árbores se corten en inverno ou otoño.

2. Transporte
Na segunda fase é na que a madeira é transportada dende o seu lugar de corte ao aserradeiro e nesta fase depende moitas cousas como a orografía e a infraestructura que haxa.

3. Aserrado
Nesta fase a madeira é levada a uns aserradeiros, nos cales se segue máis ou menos ese proceso. O aserradeiro o único que fai é dividir en trozos a madeira segundo o uso que se lle vaia dar despois.

4. Secado
Este é o proceso máis importante para que a madeira sexa de calidade e estea en bo estado.

Algunhas utilidades da madeira son:
- Para a fabricación de mobiliario: mesas, cadeiras, mobles...
- Para a construción de vivendas: portas, ventásm chan...
- Como combustible.
- Para a obtención de produtos derivados: papel, cartón...
- Para outros usos: xoguetes, obras de arte...

A industria madereira é o sector da actividade industrial que ocupa o procesamento da madeira, dende a súa plantación ata a súa transformación en obxectos de uso práctico, pasando pola extracción, corte, almacenamento ou tratamento bioquímico e moldeo. O produto final desta actividade pode ser a fabricación de mobiliario, materiales de construción ou a obtención de celulosa para a fabricación de papel.

LÁ
O proceso de obtención da lá é o seguinte:

ESQUILAR AS OVELLAS: Este é o punto de partida de todo o proceso da lá, un traballo que se realiza dende hai miles de anos e que, xeralmente, é o propio gandeiro quen realiza este proceso unha vez ao ano.

LAVADO DA LÁ: É un proceso moi importante e delicado, de este depende a calidade final do produto. Primeiro se lava con auga quente para extraer todos os restos orgánicos que pode conter.

ESCARMENADO DA LÁ: Este paso consiste en peitear e estirar a lá unha vez está seca, separando cuidadosamente as fibras sen que estas se corten.

FIADO: É o proceso onde a fibra comeza a coller forma de fío, a lá pasa de ser mecha a convertirse en fío.

MADEXA: Creación dun tipo de "ovillos" en forma de aspa.

TEÑIDO: Utilizando tintes de produtos vexetais como a cúrcuma, henna ou ruibarbo, por exemplo.

ACABADOS FINAIS: Unha vez está teñida, desvánase con axuda dunha maquina devanadora, a cal converte as madexas en ovillos ou as traspasa en conos.

A lá utilízase na industria textil para confeccionar produtos tales como bufandas, mantas, guantes...

LEITE
A leite é un alimento  natural, é dicir, é unha materia prima que se extrae a partir das vacas, cabras...

Hoxe en día, dende o momento no que a leite é recollida na explotación leiteira, ata a súa distribución a nivel de mercado, a industria láctea debe seguir un sistema de autocontrol que garantice o cumprimento de todas as normas e requisitos establecidas para a produción e comercialización da leite.

Para isto é necesario que se teñan en conta unhas pautas específicas de manipulación nas diferentes etapas implicadas no proceso de elaboración da leite.

Os primeiros pasos, despois do ordeño por parte do gandeiro, son a recollida e transporte de leite. O transporte debe realizarse en camións cisterna a unha determinada temperatura.

A seguinte etapa no proceso de produción da leite comprense a fase de recepción da leite no establecemento lácteo.

A continuación, axítanse as cisternas e se toman as mostras da leite pertinentes. É durante esta etapa cando se levarán a cabo os controis obrigatorios establecidos.

Pasos:

Limpeza e estandarización: descárgase a leite, realizando un primeiro filtrado previo á fase de hixienización, na que se elimina calquera substancia estrana.

Tratamento térmico e envasado: por último, a leite pasa por un tratamento térmico e se envasa en condicións asépticas.

A partir da leite podemos realizar produtos elaborados tales como queso, iogur, mantequilla, nata...

OVO
Un dos primeiros pasos para obter ovos de calidade é ter galiñas poñedoras nun espazo limpo. Para iso, o sector avícola leva a cabo o proceso de alistamento, no que se debe varrer, desinfectar, lavar o lugar e realizar aquelas reparacións oportunas.

Unha vez se teñan listos os aspectos mencionados, pódese continuar co seguinte paso na produción de ovos:

1. Cría e levante de poliñas

2. Etapa de produción

3. Proceso de fecundación

4. Recolección de ovos

Por último, temos a clasificación do ovo segundo o peso e, despois diso, ven a revisión dos ovos, no cal se verifica que se atopan en boas condicións para que non presenten fisuras ou calquera tipo de irregularidade. Cando pase este proceso, márcanse e empácanse para a venta ao público.

A partir do ovo podemos ter produtos elaborados tales como flans, maionesa, tortas...

TRIGO
Aquí vos deixamos coa información sobre o proceso do trigo para converterse en fariña.

Primeiro de todo é necesario o traballo de campo, onde se recolle o froito de aproximadamente nove meses de traballo, o trigo. Unha vez recollido, o trigo distribúese en diferentes silos ata o momento da moltura.

O proceso de transformar o trigo en fariña é un proceso que non se pode manipular, xa que cando entra o gran nas instalacións non se toca ata que se produce a fariña.

As principais etapas deste proceso, despois da recollida por parte dos agricultores, son: limpeza, acondicionamento e moltura do trigo.

LIMPEZA: sepáranse as diferentes impurezas do trigo que chegan directamente do campo.

ACONDICIONAMENTO DO TRIGO: prepárase o gran para que se poida molturar. Nesta etapa modifícanse normalmente os parámetros de humidade e temperatura.

MOLTURACIÓN E TAMIZAXE: cando se obtén a fariña. Mediante cilindos ábrese o gran do trigo e vaise raspando para separar a parte exterior da interior. Finalmente, chega o tamizado para separar a envoltura da fariña.

Unha vez temos a fariña, podemos facer outros produtos como o pan.

OLIVAS
O proceso de obtención do aceite, entendido como transformación, consta de varias fases que comezan coa recolección da oliva e finalizan no envasado final do produto. Os distintos pasos para a súa elaboración son:

1. RECOLLER AS OLIVAS: O VAREO
Durante os meses de decembro e xaneiro  recoléctanse as olivas que más tarde se converterán en aceite. O vareo foi o sistema tradicional de recollida que consiste en sacudir as ramas para que caian as olivas. Unha vez que se desprenderon da árbore, teñen que levarse o antes posible ás almazaras.

2. RECEPCIÓN: AS OLIVAS ENTRAN NAS ALMAZARAS
O primeiro paso nas almazaras é clasificar o froito recepcionado en canto a variedade, maduración, estado sanitario... Unha vez clasificadadas, as olivas sométense a un proceso de limpeza, lavado, peso e almacenamento ata que chegue o momento de molturación.

3. MOLENDA E BATIDO: AQUÍ SE LIBERA O ACEITE
O molido permite romper a estrutura da oliva para liberar a parte líquida. Porén, o batido consiste en separar a pasta dos outros elementos para, pouco a pouco, ir extraíndo o aceite. O resultante de estes dous procesos forma a pasra de olivas que orixinará o futuro aceite.

4. SEPARACIÓN DA PARTE LÍQUIDA DA PARTE SÓLIDA
Unha vez obtida a pasta, hai que separar a parte líquida da parte sólida. Este proceso realízase mediante unha filtración selectiva e extració por presión.

5. SEPARACIÓN DAS FASES LÍQUIDAS
Faise mediante unha decantación, centrifugación ou a través dun sistema mixto que combina ambos procedementos.

6. CLASIFICACIÓN E ALMACENAMENTO
O aceite é almacenado na almazara antes de que sexa envasado e chegue ao mercado en perfectas condicións de consumo. Nesta fase experimentará cambios favorables xa que perde parte dos aromas amargos mentras gana en matices e sensacións doces e agradables.

7. ENVASADO
Listo para o seu consumo, non serve calquera material para envasar aceite. Os máis utilizados son vidro, lata e cartón revestido.

TOMATE
Para obter latas de tomate, ketchup, tomate solís, etc. o proceso que se segue é o seguinte:

1. Formación de cama
Todo comeza coa formación da cama a través dun trasplante mecánico. Posteriormente, fanse as labores sanitarias ao cultivo ata o punto de colleita.

2. Colleita
A colleita realízase, na súa maioría, mecanicamente. Por un cabezal de corte, as máquinas elevan as plantas, sacúdenas para liberar o tomate e elimina cascotes, pedras e tomate verde. Logo os tomates trasvásanse a un camión a granel que os traslada á planta procesadora.

3. Limpeza
Unha vez que chega o camión á planta, utilízase un hidrante que produce un leito fluido onte a auga transporta os tomates cara unha manga que, á súa vez, descárgaos do camión deixándoos nun canal de auga para así limpar os tomates.

4. Selección inicial
A través de cámaras, detéctanse defectos dos tomates por color, puntos negros ou cicatrices, e un sistema de rechazo selecciona aqueles aptos para ir á lata.

5. Pelado
Por medio de vapor directo, quéntase a auga que se atopa entre a pulpa e a pel ata que se converta en vapor e estalla a pel. Logo, os tomates pasan por medio duns rodillos, chamados pellizcadores, que quitan os restos de pel que puderan quedar adheridos ao tomate.

6. Selección manual
Unha vez pelados, os tomates pasan por outra selección manual, na que os colaboradores detectan defectos que a tecnoloxía no puido sacar e os envían á liña de envasado.

7. Envasado
Os tomates deposítanse na lata a través de envasadoras volumétricas, en onde entra o envase vacío e énchese  en función do gramaxe da lata.

8. Pasteurización e agrupado
As latas pasan á etapa de pasteurización, que implica un quentamento a 98° y logo un enfriamento a 40° para inhibir o desenvolvemento microbiano. Finalmente, os envases se ubican nun paletizador automático para ser etiquetados e  se envían ao mercado.

ALGODÓN
Estas son as etapas da producción dunha camiseta a través da planta do algodón.

1. A planta de algodón
As semillas plántanse durante a estación de chuvias. Uns meses máis tarde, comezan a saír as flores brancas, amarelas ou rosas. A flor acaba caíndo e no seu lugar aparece unha cápsula verde, que debe madurar nalgunhas semanas. Cando a cápsula está suficientemente madura, ábrese e sae o aldogón.

2. Recolección
Antes a recolección de algodón facíase a man, actualmente faise con máquinas.

3. Desgranado
Os grans retíranse e utilízanse para fabricar aceite e vetas de aldogón.

4. Cardado
O algodón debe converterse en fibras finas continuas. Conséguese pasando o algodón por unha rueca.

5. Peinado
O desenredado e filtrado de fibras cortas ou impurezas por medio de peines.

6. Fiado
Un trozo de fío é insertado nun tubo, dando como resultado unha madexa de fío.

7. Teñido
É necesario teñir o fío para conseguir un color uniforme da camiseta.

8. Telar
É o proceso de formar o esquelete do telar que logo servirá para elaborar o trozo de tela de algodón.

9. Texido
Pasar as bobinas polo entramado do telar.

10. Lavado e secado
Trátase o textil con auga para eliminar substancias empregadas nos procesos anterior e despois extráese esa auga,

11. Cosido
Cortar os trozos de tela para despois coselos formando distintas prendas de vestir.

12. Decoración

13. Serigrafía, sellado e bordado

14. Empaquetado

15. Planchado e control de calidade final

O proceso de obtención dunha camiseta a partir da planta de algodón é un proceso que se clasifica dentro da industria textil.

CACAO
Seguro que moitos de vós vos preguntades como se fai o chocolate. Aquí atoparedes a información necesaria para coñecer o seu proceso produtivo.

1. SELECCIÓN DE MATERIAS PRIMAS
A materia prima do chocolate é o cacao, que é unha árbore procedente de América.

2. MESTURADO
Unha vez seleccionado o mellor cacao, realízase o seu mesturado.

3. TOSTE E TRITURADO
As semillas limpas pasan ás tostadoras, que facilitan o proceso de descascarillado no que se separa, definitivamente, a pel do gran.
O cacao depurado é triturado ata obter pequenos trozos denominados nibs.

4. LICUADO E MESTURADO
A molienda converte os nibs nunha finísima pasta ou licor cacao da que se extrae parte da acidez que contén o produto. Durante o proceso únese este licos á manteca de cacao, azucre e lácteos.

5. REFINADO
A mestura procésase mediante as refinadoras para convertela nun polvo moi fino.

6. CONCHADO
Posteriormente a tecnoloxá máis avanzada encárgase de mesturar os ingredientes nas proporcións adecuadas para conseguir o tipo de chocolate seleccionado. Un proceso no que se emplea máis ou menos oito horas, para transformar a pasta de chocolate de sólida a líquida.

7. MOLDEO
No tren de moldeo e desmoldeo a pasta é atemperada e depositada en moldes que darán forma final ao produto. Finalmente o produto enfríase, envásase e distribúese.

8. VENTA
Venta en tendas, supermercados, nas propias fábricas...

NARANXAS
Para a obtención dun zume de naranxa, o proceso que se segue é o seguinte:

- Recepción da materia prima (naranxa).
- Selección previa: realízase un seguimento da naranxa para a colleita no seu punto óptimo de maduración.
- Recepción e lavado: a naranxa é sometida a un lavado en profundidade de auga, garantizando así a hixiene da mesma.
- Selección en fábrica: a naranxa pasa por unha cinta onde se inspecciona. A que non estea en condicións óptimas retírase.
- Extracción do zume: elíxese a maquinaria adecuada para extraer o zume.
- Filtración: o zume pasa por un colador fino para separar as semillas e outros sólidos.

Tras isto, os seguintes pasos son:

- Pasterización: tratamento térmito para reducir os axentes infecciosos.
- Concentración: para eliminar parte da auga do zume. Posteriormente, durante o proceso de envasado, engádese na mesma proporción a auga extraída no proceso de concentración para obter o zume.
- Envasado: envásase o zume nun recipiente final para a súa posterior distribución.