COIDANDO A VIDA by carter benjamin

COIDANDO A VIDA
Que queres, coidar a vida ou destruír a vida?

Unha das definicións que mellor reflexa a filosofía de reciclar pola súa claridade é a do filósofo, Edward BeBono:

“trátase de observar os obxectos non tan só polo que son, senón tamén polo que poderían chegar a ser. Xeralmente, unha mesma cousa, pode ser considerada ou examinada dende moitos aspectos, e ás veces, os puntos de vista menos obvios son os que se revelan como máis útiles. Nunca está de máis, cando se entendeu unha cousa polo que é, profundizar para ver que outra cousa podería ser”

O presente traballo, trata de poñer ao alcance dos cativos e cativas (e dos non tan cativos e cativas) diferentes formas de mirar a natureza e a contorna que os rodea. A natureza implica vida e nós somos vida. Consideramos que non hai mellor maneira de apreciar o que nos rodea que recoñecendo principalmente o que nós, como seres con vida, seres que se moven pola contorna e seres que actúan ante ela, podemos chegar a facer. Aquí, facemos fincapé en dúas facetas e en dúas ideas que irán recreando o proxecto que propoñemos a continuación. A primeira delas é “como coidamos a vida?” e a segunda, se a primeira é o Polo Norte, será o Polo Sur, “como destruímos a vida?”.

Así pois, a partires destas dúas premisas, agochamos un proxecto que vencella a reciclaxe co cambio climático e coa arte. Si, si. Coa arte. Máis adiante veremos como todo isto comeza a fluír por un camiño onde estes tres conceptos se ven íntimamente ligados. Un camiño onde a curiosidade, a creatividade e a acción de cativos e cativas protagonistas, leva a recoñecer a importancia de coidar a vida. Asemade, esta proposta diverxe nunha clave fundamental, o activismo. Busca así, facer partícipe á comunidade nun proxecto que precisa da man con man, da reflexión crítica e da loita continua cara un obxectivo común: frear a perda da vida.

Para que?
Para…

REpensar, REcrearse e REcrear, REalizar e REalizarse, facer e REfacer, utilizar e REutilizar, son algunhas palabras das que partimos para a posta en marcha do que a continuación presentamos. REflexionar e REsilvestar, marchan a nosa andaina na busca da REciclaxe creativa co alumnado.

1ª Fase: “Que é a contorna natural?”
A primeira fase do proxecto, trata de facer reflexionar ao alumnado sobre o concepto de contorna natural. Para ilo, propóñense actividades como a recreación dun debuxo sinalando que é para eles a contorna natural e saídas á rúa para reflexionar sobre que cren que é natural e que non. Trátase dunha fase onde o pensamento, a reflexión e as olladas sobre a natureza se fan protagonistas!

F1_Actividade 1 - Debuxamos?
Antes de comezar o proxecto, pídelle ao alumnado ou ás persoas que che apeteza implicar neste proceso, un debuxo libre atendendo a que é a contorna natural para esas persoas. Ollo, é libre! Del, podemos aprender moitas cousas e pódenos servir como unha guía que marque o camiño polo que poñer a andar o proxecto.

Obxectivos da actividade:

Descubrir o que os protagonistas do proxecto coñecen sobre a contorna natural.

Coñecer as ideas previas e intereses para adaptar a cadaquén o proxecto que se presenta.

F1_Actividade 2 - Imos á rúa!
Saímos a observar? Esta actividade consiste nunha saída a rúa para recrear unha serie fotográfica da contorna natural. Cada neno ou nena, deberá realizar a súa, atendendo a aqueles momentos que desexa captar, a aqueles elementos do seu paseo que teñen un significado especial, etc.

Obxectivos da actividade:

Pararse a reflexionar sobre o que nos ensina a natureza e captar aquilo que nos chame a atención.

Participar activamente na elaboración da serie fotográfica.

Aitor C.

F1_Actividade 3: Elaboración dun mapa conceptual
E agora, creamos unha composición con todo o que xa temos? Esta actividade consiste na configuración dun gran mapa conceptual sobre as actividades anteriores. É dicir, crearemos un mapa conceptual onde os debuxos e as series fotográficas dos protagonistas desta historia, se funden nunha composición única, con significado e chea de sentimento!

Obxectivos da actividade:

Recoller todas as aportacións dos cativos e cativas nun gran espazo.

Visualizar as similitudes e diferenzas nas composicións de nenos e nenas.

Coñeces algunha ferramenta para poder facer un gran mural virtual? Presentámosche aquí o noso, realizado na APP Miro. A APP Miro é unha ferramenta estupenda para levar a cabo composicións en liña con diferentes persoas. Ademais, permíteche rexistrar o proceso e, por conseguinte, conservalo.

Unha ferramenta moi axeitada para traballar nunha aula nos tempos que corren!

https://miro.com/welcomeonboard/Rhd3PI0MAsDUmBWShyWtB5Eh6Y08GakXAHysimzvepVctiJrF186pkdVLPsnZWzG

2ª Fase: “Comezamos a actuar!”
A segunda fase do proxecto, está encamiñada a comezar a valorar o que as nosas accións supoñen para o medio que nos rodea. Tanto acción benévolas, como actos perxudiciais. Unha ollada sobre como comezar a coidar o que nos dá vida.

F2_Actividade 1: Que significa para ti reciclar?
Sal a rúa e busca o que os demais opinan sobre o termo reciclar. Podes realizar algunha entrevista cos teus pais ou comentar o concepto da reciclaxe cos teus amigos/as. Atopar palabras e reunir ideas en conxunto para despois completar a seguinte actividade.

F2_Actividade 2: Pensamos nas nubes
Con todo o visto e traballado nas actividades anteriores, agora é o momento de sentarse e reflexionar. Durante esta actividade cada participante do proxecto dirá unha ou máis palabras onde se reflicta o pensamento de cada un sobre a contorna e sobre a reciclaxe. A continuación, utilizando a xa coñecida ferramenta do panel Miro, crearemos unha nube de palabras onde se recollan todos estes pensamentos.

Neste caso, usaremos o panel Miro anterior. Adiante!
https://miro.com/welcomeonboard/Rhd3PI0MAsDUmBWShyWtB5Eh6Y08GakXAHysimzvepVctiJrF186pkdVLPsnZWzG

Obxectivos da actividade:

Expresar de forma escrita e con palabras os sentimentos e pensamentos.

Observar as diferentes percepcións e opinións dos demais.

F2_Actividade 3: Enchendo a nosa maleta!
Agora que xa sabemos o que implica reciclar, imos saír á rúa na busca de materiais que nos sirvan para darlle outra vida. A actividade entón, consiste en saír á rúa e analizar todo o que nos atopemos, co obxecto de buscarlle outro lugar. Leva contigo unha bolsiña e comeza a encher a túa maleta de cousas marabillosas! Ah, e non sei se o sabes, pero estás contribuíndo a coidar o planeta coas túas accións!

Esta actividade pode ser realizada organizando unha saída en gran grupo, ou pedíndolle ao alumnado que vaia enchendo a súa maleta de forma individual.

Xa na aula, reflexionaremos sobre: que cousas marabillosas conseguimos?

Obxectivos da actividade:

Recoller todo o material que nos poida ser de utilidade.

Concienciarse da necesidade de reciclar e de reutilizar.

F2_Actividade 4: Limpamos a natureza
Xa imos rematar esta segunda fase, polo que imos realizar algunha acción que poña en valor todo o aprendido ata o de agora. Sabendo que o lixo chega a tódalas superficies, esta acción consistirá na recollida destos desperdicios de tal modo que contribuamos pouco a pouco á limpeza de entornos naturais. Ademais, este lixo, seramos útil nalgún momento…

Obxectivos da actividade:

Realizar unha pequena acción ecolóxica nun entorno natural.

Obter materiais para a realización das seguintes actividades do proxecto.

Concienciar e ver in situ a realidade de moitos espazos naturais contaminados.

3ª Fase: Que facemos con todo o material que temos?
Durante a terceira fase do proxecto, (é unha mágoa, pero si, este proxecto está comezando a chegar ó seu fin!) centrarémonos en darlle outras vidas a todo o material que fomos recollendo ata o de agora, todo isto coa súa base na reflexión e coa idea principal de coidar o planeta que nos dá vida.

F3_Actividade 1: Relacionamos a contorna natural coa reciclaxe
Durante esta actividade, recrearemos un vídeo explicando e analizando por que os residuos que tiramos afectan á contorna natural e como esta nos está comezando a afectar a nós. Con isto, buscamos unha cadea de conciencia e atenderemos a referentes fotográficos na aula como por exemplo, Yann Arthus Bertran. As súas impresionantes imaxes, buscan a concienciación do pobo sobre o gran cambio que está a sufrir a terra e como nós, estamos rematando con ela.

Obxectivos da actividade:

Coñecer o que implica o cambio climático.

Concienciarse e concienciar sobre como podemos facer para frear o cambio climático.

F3_Actividade 2: Como separamos todo isto?
Ao remate da fase anterior, realizamos unha recollida de desperdicios nun entorno natural e, ademais, temos as nosas maletas cheas polo que... Agora, para poder realizar as obras que podemos imaxinar, clasificaremos estos obxectos atendendo a diferentes criterios, como a cor, material do que están feitos, tamaños, criterios de reciclaxe, etc. Deste xeito, á hora de comezar a traballar con eles seremos capaces de utilizalos de xeito máis sinxelo.

Obxectivos da actividade:

Aprender a separar obxectos atendendo a criterios estéticos e físicos.

Coñecer o código de cores dos contenedores de reciclaxe.

Participar nos procesos de reciclaxe: recoller, seleccionar, clasificar…

F3_Actividade 3: Recreamos a nosa contorna natural-artificial
Cada neno ou cada nena, cos materiais que vexa oportunos (da gran maleta de aula), recreará algunha escultura  dun elemento natural, como por exemplo, árbores, animais, etc., o que considere, empregando eses recursos reciclados. Aquí, comezamos a actuar! Converteremos así a aula, nun taller onde primarán os materiais do cotiá, materiais que comezaran a ter unha segunda vida!

Obxectivos da actividade:

Crear algún elemento natural empregando materiais reciclados.

Participar activamente na elaboración de compoñentes para o gran museo.

F3_Actividade 4: Ei! O noso museo natural está aquí!
Unha vez teñamos as nosas obras, toca sacalas da aula para que todo o mundo poda velas! Durante esta actividade o que faremos é seleccionar que ubicacións dentro do centro educativo parecen máis axeitadas para realizar a nosa exposición e, finalmente, sacalas á luz… Seremos uns grandes artistas!

Obxectivos da actividade:

Escoller atendendo a criterios específicos as ubicacións concretas das diferentes obras.

Expoñer ao gran público o traballo realizado durante todo este longo proceso.

4ª Fase: O Museo
Agora si que si! Parece que o proxecto quere rematar! Que mágoa!

Nesta fase ensinarémoslle ao mundo todo o gran e laborioso traballo que vimos de realizar, unha maneira de aprender que tamén nos axudará a eninar!

F4_Actividade 1: Informamos sobre o noso museo!
Durante esta actividade, iremos creando trípticos informativos con debuxos e coa explicación do noso museo. Así, buscaremos proporcionarlle ás persoas toda a información que necesitan e convidarémolas ó noso museo.

Chegou o momento de promover todas as accións realizadas durante este proxecto!!

Obxectivos da actividade:

Crear trípticos informativos.

Participar na promoción do noso museo natural.

F4_Actividade 2: Implicamos á comunidade educativa!
Esta actividade ten por obxecto promover os nosos obxectivos. Así pois, organizaremos unha serie de talleres, como os que fomos realizando anteriormente, pero desta vez, son os cativos e cativas os protagonistas de ensinar e de guiar o proceso. Ademais, presentaranlle ao alumando dos demais cursos, o seu museo natural. Non hai mellor maneira de presentar, que facendo aos demais partícipes dos procesos que nós fomos realizando!

F4_Actividade 3: Saímos á rúa e… ENSINAMOS!
Agora queremos apuntar incluso un pouquiño máis alto. Seguindo a liña da actividade anterior, levaremos estes talleres impartidos ademais de, aos demais membros da comunidade educativa do centro a outros colectivos. Para isto, trataremos de poñernos en contacto con institucións, centros socioculturais, residencias de anciáns, etc., para que nos abran as súas portas e deixen entrar as ideas do ecoloxismo e da reciclaxe mesturadas ca arte! Nenos e nenas, mestres e mestras!

Obxectivos da actividade:

Levar fóra do centro educativo o proxecto realizado.

Facer chegar ao máximo número de persoas as ideas formuladas.

F1_Actividade 1- Debuxamos?
Lucía B.

F1_Actividade 1 - Debuxamos?
:B

F2_Actividade 4 - Imos á rúa!
:B

F1_Actividade 1 - Debuxamos?
Eva C.

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

Por que facer este proxecto?
Realizamos esta proposta porque realmente a reciclaxe e a reflexión sobre a mesma é un aspecto fundamental do mundo no que vivimos hoxe, se realmente queremos seguir vivindo nel. Así pois, os nosos obxectivos principais son:

Contribuír a preservar o medio ambiente e reducir a contaminación que provocan os residuos que xeramos.

Demostrar que a educación artística pode ser unha peza clave da educación ambiental.

Concienciarse de todas as pequenas accións que podemos levar a cabo para coidar o que nos rodea e vivir con el, non contra el.

Levar a cabo unha proposta que vaia máis alá das aulas e do presente, buscando en todo momento a clave activista.

Para quen?
A proposta está destinada para alumnado de Educación Primaria. Malia iso, tamén implica a outros colectivos e institucións e acolle así, un aprendizaxe-servizo que busca a participación e a concienciación do máximo número de participantes posibles. Por que sempre nos quedamos só na aula? Viaxemos polo mundo, ensinando e aprendendo!

Como?
A través dunha proposta educativa dividida en varias fases na que se presentan diferentes ideas de actividades e obxectivos. Para presentar esta proposta construtivista, utilizarase unha páxina web repleta de actividades artísticas e ferramentas dixitais que teñen como propósito concienciar da necesidade de coidar da nosa terra.

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F1_Actividade 1 - Debuxamos?

F2_Actividade 1- Vídeo 4

F2_Actividade 1- Vídeo 3

F2_Actividade 3 - Enchendo a nosa maleta!
Lucía B.

F3_Actividade 3- Esculturas
Abelliñas libres.

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Esta Escola é un museo
Non será a propia aula un museo? ou, non será o museo unha aula?
Luis Camnitzer é un artista que define o museo como un espazo educativo que lle asigna novos roles ao artista e aos visitantes. Todo isto, asígnalle unha relación colaborativa entre eles que se convirte nunha produción cultural.

Para saber máis:

https://museomoderno.org/wp-content/uploads/2020/12/El-museo-va-a-la-escuela-museo-.pdf

Referencia da imaxe:
Alexander Gray Asociates: https://www.alexandergray.com/series-projects/luis-camnitzer7?view=slider#3

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Verónica Richterová

Verónica Richterová é unha artista checa que crea obras de arte partindo de botellas de plástico PET. Entre as súas obras, destacan fermosas e impresionantes lámpadas de araña, as cales son realizadas con mimo e amosan visualmente unha gran cantidade de detalles e delicadeza na súa composición. Ademais de lámpadas, tamén amosa unha clara inspiración na natureza e no que ela se desenvolve porque recrea animais, prantas, etc… Aquí vos deixamos unhas imaxes e uns enlaces de interese. Inspirádevos!

Máis información:
https://art3ducacio.wixsite.com/infantil/blank-14
https://gestoresderesiduos.org/noticias/la-artista-veronika-richterova-crea-obras-de-arte-reutilizando-botellas-de-plastico

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Leo Sewell

Leo Sewell, é un artista estadounidense nos que os “obxectos integrados” se fan os protagonistas das súas obras. El, recrea, a partires dos obxectos que vai atopando pola rúa, que lle van regalando, ou que atopa na súa vida. Así, dalles unha segunda vida a aqueles obxectos que caeron no desuso ou dos que se di que “xa non serven para nada”.

Así pois, a frase que mellor o define no seu traballo é “alargar o ciclo vital dos obxectos, recontextualizalos”.

Mira o seu traballo! https://www.leosewell.net

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Joan Miró

Joan Miró foi un artista español que decidimos traer ao noso proxecto grazas a ser un dos maiores representantes do surrealismo. Foi pintor, escultor, gravador e ceramista.  Como el, nas súas obras reflexa o interese polo subconsciente, no “infantil” e na cultura, decidimos enchernos da súa filosofía de vida e traer estes aspectos de interese ó proxecto que se presenta. Ademais, é un artista que loitou por superar os límites estrictos da pintura, algo que consideramos moi destacable. Xogo e ironía son termos que flúen nas súas obras.

Non nos podemos esquecer de mencionar tamén o seu interese polos elementos do cotiá, por elementos a través dos cales se inspirou nas súas obras. Obxectos atopados nun paseo, obxectos que tivese pola casa, etc.

Enlaces de interese sobre Joan Miró.

https://www.culturagenial.com/es/joan-miro-obras/

https://masdearte.com/joan-miro-esculturas-centro-botin/

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Yann Arthus Bertrand

Yann Arthus Bertrand é un activista medioambiental e social, divulgador científico, director de documentais e fotógrafo francés. Por que decidimos inspirarnos neste fotógrafo? Realmente cremos que as súas impresionantes fotografías son moi interesantes para que cativos e cativas pensen e se conciencien da necesidade de coidar o que nos rodea porque a través delas, a parte de amar a natureza, vemos como a pegada do cambio climático actúa sobre ela. Tamén nos inspiramos nel pola súa loita e pola súa forza para destacar aqueles aspectos que son realmente importantes na nosa vida.

Chegados aquí, recomendámosvos ver HUMAN, unha película deste autor que versa en torno a unha pregunta; que é o que nos fai humanos?

Mira o seu traballo: http://www.yannarthusbertrand.org
http://www.yannarthusbertrand2.org/collection/earth-from-above/

F2_Actividade 1- Vídeo 1
Unha reflexión. A reciclaxe, a reutilización e a descontaminación é unha causa. E nós, somos a causa. Pensade un pouco no dano que facemos e como podemos cambiar, para mellorar a vida.

Coida a vida:D

F2_Actividade 1- Vídeo 6

F2_Actividade 1- Vídeo 5

Proxecto realizado por:
Lucía Blanco Mira
Benjamin Carter
Aitor Cambeiro Porrúa

This work is licensed under CC BY-NC 4.0

Quen somos?
Tres estudantes en proxecto de mestres que buscan a vosa participación. Presentámosvos aquí un abano de posibilidades para traballar coa reciclaxe e coa arte. Por que non participas? Comparte con nós o que fagas, déixanos o teu comentario ou pública aquí mesmo as tuas participacións. Este Padlet e aberto para todos os públicos, se trata de añadir aquí mesmo os resultados, novas experiencias e os traballos realizados durante o proceso. Estaremos pendentes e encantados de recibir novas propostas o simplemente algún comentario. Comparte connosco e déixanos ver o que realizas!

F2_Actividade1 - Vídeo 2
Lucía B.

F3_Actividade 3 - Esculturas
Unha pranta en busca do seu lugar.

F2_Actividade 3 - Enchendo a nosa maleta!
:B

F3_Actividade 3 - Esculturas
Terra e millas.

F3_Actividade 3- Esculturas
Un par de gusanos...

RECUNCHO DE INSPIRACIÓN
Pejac
Este artista é coñecido por xogar con obxectos, espazos e perspectivas que todos apreciamos no día a día polas rúas. Deste xeito, el invítanos a unha exposición polas rúas de todas as súas obras, a veces de xeito activista e noutras ocasións sen reivindicacións aparentes.
Bótalle unha ollada a súa páxina web, seguro que atopas algo de interese!!!
https://www.pejac.es/outdoor

F1_Actividade 2 - Imos á rúa!
:B

F1_Actividade 2 - Imos á rúa!
Lucía B.