AMORODOS, B2 by
O CONTACONTOS DOS AMORODOS
O cabalo dalle ao lobo un couce nos dentes.
Noia Campos, C. (2010). Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral: clasificación, antoloxía e bibliografía. Vigo: Universidade de Vigo.
Esquelete da historia:
Un lobo quere comer a unha besta
A besta trata de enganar o lobo
A besta consegue quitar o lobo de enriba dándolle un couce.
O lobo dáse conta do engano e arrepíntese de fiarse do cabalo.
O lobo recibe o seu merecido
O lobo acepta que recibiu un castigo polos seus actos
A adaptación:
Para a nosa versión cambiamos a besta por un cabalo e o simplificamos suprimindo o detalle de que estaba coa súa filla. Ademais, cambiamos a trampa que lle di o cabalo ao lobo e en vez de decirlle que mire o seu nome, lle di que mire se pisou unha bosta. Tamén cambiamos o castigo que recibe o lobo, pois en vez de caerlle unha póla, cae enriba dunha bosta. Por último, engadímoslle algunhas rimas para que sexa máis chamativo para os nenos/as.
Naquel tempo onde os animais aínda falaban… atopamos un cabalo que estaba pastando nun prado con diferentes animais. Un lobo moi famento achégase ao prado para xantar, entre toooodos os animais  decidiu ir a polo cabalo, xa que era ben grande e podía saciar a súa fame voraz. Ao achegarse ao cabalo, moi despaciño para que este non se decatara,  tropezou cunha pedra provocando un pequeno estrondo que fixo que o cabalo puidera ver ó lobo e ás súas intencións.
Vendo a situación o cabalo decidiu que ía a enganar ao lobo. E vos preguntaredes, como o fixo?!, pois ben, o cabalo que era mooooi pillo díxolle ao lobo:
-Lobiño lobiño, antes de comerme terás que mirar se teño as patiñas limpas!, porque pareceume pisar unha caca das ovelliñas.
Entón o lobo, que non quería atragoarse, acercouse un pouquiño a mirarlle unha pata. O cabalo para que o lobo collera confianza deixou que lle mirara unha primeira pata e comezou a zumbar:
-Esta patiña está ben limpiña, achégate achégate para ver a seguinte, é tan só un intre.
O lobo cun pouco máis de confianza e para asegurarse de que non ía a comerse unha boa peste, achegouse un pouco máis para observar a segunda pata, e outra vez contestou o cabalo:
-Esta patiña está ben limpiña, achégate achégate para ver a seguinte, é tan só un intre.
Entón o lobo que xa estaba totalmente convencido de que ía a ser máis listo que o cabalo e se o ía a comer, e ademais, ben limpiño, achegouse mooooito  moooito para ver a terceira pata. Máis  cando estaba cheirando ben pretiño, o cabalo, doulle unha fortísima couce e cantou:
- Esta patiña esta ben limpiña, pero vas ir quentiño para camiña.
O lobo moi avergoñado  vaise para súa casa, co estómago baleiro e o cu ben quentiño. De súpeto, e sen darse conta, por ir pensando na trampa que lle fixera o cabalo, bateu cun pao e caeu nunha enorme “caca” dunha vaca, e berrou:
- Noooooooon, ao final voume con famiña e cheo de caquiña!
O lobo todo sucio dáse de conta que recibiu o seu merecido e dixo:
-Raio, que axiña recibín o castigo!
FIN
O CONTACONTOS DOS AMORODOS
O rato de monte e o da casa
Harguindey, H. & Barrio, M. (1995). Contos populares galegos. Animais. Vigo: Galaxia.
Esqueleto da historia:
Saíu o rato da casa.
Encontrouse a outro rato.
Foron os dous para a casa.
Viron ao gato.
O gato colleu ao rato.
O outro rato escapou.
Adaptación
Nesta adaptación, cambiamos os nomes de todos os personaxes e o xénero dun. Ademais, a trama cambia un pouco pois os ratos, en vez de diferenciarse pola cantidade de comida que poden comer, diferéncianse polo presumido que é un a diferencia do outro. Desta maneira o final do conto tamén cambia xa que é por ser tan presumido e ostentoso que un destes ratos é comido polo gato. A moral do conto é que non hai que ser vaidoso nin presumido xa que non leva a ningures e pode un caer na superficialidade.
Paco era un rato moi altivo e presumido que tiña de costume botarse perfumes moi caros cada vez que saía da súa casa. Un día saíu a dar un paseo e como era costume botouse moitiiiiiiísimo dun perfume novo que comprara esa semana:
-FLIS FLIS, e nun TRIS, quedarei o rato máis fermoso do país!
Paseando e paseando nun intre atopouse cunha rata. Era a súa amiga a rata Ramona que facía moitos anos que non a vira. Atopouna diferente e achegouse onda ela e lle dixo:
-Ola Ramona, como é que vives aquí e non cheiras a rosas coma eu?
-Ola Paco. Pois como todas as ratas de campo!!! Sabes que vivimos en buratos agochadas, lonxe de todos os que nos poden facer dano, e a verdade é que non temos moito tempo para presumir e, ademais, moitos perfumes por aquí non hai. E logo, Paco, ti onde vives?
- Pois na casa da aldea, Ramona. Onde mellor vou a estar xa que pódome lavar, votar perfume e presumir ata fartar!
- AI PAQUIÑO MAIS TI TOLEACHES OU QUE???????? Non é alí onde vive o Alfonso o gato?
- Si, pero non se decata de nada, que é cego.
O rato Paco convenceu a Ramona de ir onda el á casa, e polo camiño… ATOPÁRONSE AO GATO ALFONSO!!!!!! A rata Ramona púxose moi moi nerviosa:
- AIII!!, vainos comer Paco, que che digo eu que nos come!
Entón o rato Paco comezou a camiñar facendo espaventos e presumindo diante do gato, como se dun desfile de moda se tratara.
-Ves como non pasa nada oh! Dicía mentres se botaba aínda máis perfume. - Es ben mexericas Ramona!
Pero claro: pasou. Paco non sabía que aquel gato tiña o mellor olfacto do país e claro, con tanto alboroto espertou e aínda que non podía ver, podía ulir moi ben.
De modo que Paco, ao recender tanto a perfume, non puido evitar chamar a atención de Alfonso, o cal atrapouno entre as súas zoupas e comeuno! Ramona dou media volta e afastándose da aldea ía dicindo:
-Vale máis ser un rato recatado que un presumido cazado!
FIN