Desembarco de piratas turcos en Cangas (1617) by Manuel Pais

María Soliño
Corría o ano 1617 cando piratas turcos dirixíronse a Domaio acabando con canto atoparon ao seu paso e deixando uns cuantos mortos tirados na praia, entre eles Antonio Soliño e Pedro Barba, irmán e marido de María Soliño. A continuación arrasaron o pobo de Cangas. A morte do seu marido e o seu irmán na invasión turca sumiuna nunha importante depresión : Cada noite percorría a praia, escoitando as ondas, lembrando aos seus familiares mortos.

As reiteradas visitas á praia de noite foron causa suficiente para iniciar contra ela un proceso por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería. María Soliño foi levada aos cárceres secretos do Santo Oficio no ano 1621.
Acusada de entregar a súa alma ao diaño e de posuír poderes demoníacos capaces de causar os máis terribles males, foi sometida a tortura física e psicolóxica ata que confesou ser bruxa desde facía máis de dúas décadas, afirmando ademais na súa desesperación que chegara a manter tratos carnais co demo.

Aínda que está constatado que Maria Soliño naceu no ano 1551 na propia vila de Cangas, nada se sabe certo sobre a data da súa morte. Non hai partida de defunción, nin se coñece o lugar onde puido ser enterrada, o que contribuíu sen dúbida a alimentar o mito do personaxe nunca morto : María Soliña.

Para máis información consultar o seguinte link: http://www.delmorrazo.com/tribuna/historia-de-maria-solinha-meiga-de-Cangas.html

1617 Invasión pirata
A principios do seculo XVII piratas turcos- berberiscos asolaron a ría de Vigo.

Tras intentar desembarcar en Vigo onde se atoparon con unha forte oposición dos veciños, dirixíronse a Domaio expoliando canto atoparon ó seu paso e deixando uns cantos mortos tirados na praia entre eles Antonio Soliño e Pedro Barba, irmán e marido de María Soliño quen foi procesada despois pola Santa Inquisición acusada de bruxería.

Uns desembarcaron en Rodeira e outros, en Punta Balea. Cangas, mal defendida, non tivo a menor oportunidade.
Queimaron o hospital de peregrinos, a colexiata, e incluso a igresia de Darbo antes de marcharse con reféns, escravos, provisións e canto obxecto de valor atoparon ó seu paso.

Violaron ás mulleres e deixaron docenas de mortos.
Tras de sí quedou solamente o venerado Cristo, que non quixo arder, rescatado polos mariñeros que o atoparon flotando na ría e un pobo destrozado que ardía polos catro costados.
Aquí tedes unha representación da invasión realizada en Cangas no ano 2009

Ruta dos piratas Turcos
Asolado Domaio, intentaron aceder novamente a Vigo por Samil sen conseguilo así que, en vinganza, puxeron rumbo a Cangas - por aqueles tempos un humilde pobo de pescadores - arrasándoo sen piedade. Foi o día 9 de Decembro de 1617 cando a primera hora da mañá fondearon fronte a  praia de Rodeira. Protexidos por lume de artillería, botaron ao  mar once lanchas cun total de 1.000 homes.

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwjqr6PdpOrTAhUCQSYKHb7CBWAQFgglMAA&url=http%3A%2F%2Fwww.delmorrazo.com%2Ftribuna%2Fdesembarco-de-piratas-turcos-en-Cangas.html&usg=AFQjCNEp2dKSSZ6-VAxrYG9XxnnEjB5fBQ

Cantigas e poemas relacionados co desembarco
A raíz do desembarco dos piratas turcos e da traxedia levada a cabo por eles compuxéronse diversas cantigas e poemas:

Versos como os que recolle Xosé María Álvarez Blázquez na súa  Escolma de poesía galega: «Viñeron os mouros arrenegados, alá de moi lonxe, lonxe, lonxe... ¡Quen fora galgo, quen fora paxaro, quen fora vento!».

Neste enlace podedes ler o poema completo:

file:///C:/Users/PROPIE~1/AppData/Local/Temp/saqueocangas.htm

Consecuencias
Podemos sintetizar as consecuencias do ataque nos seguintes puntos, de acordo co averiguado e o visto nas informacións anteriores:
-Procesamento de María Soliño pola Sta. Inquisición debido a sospeitas de bruxería, xa que o seu marido e fillo morreron na praia de Domaio. Foi condeada a morte.

-Según se deixa testemuño nunha carta do procurador xeral de Cangas ó xuíz da demarcación, Cangas contaba con ó redor de 400 habitantes dos cales 100 morreron ou foron gravemente feridos e máis de 200 foron levados cautivos para turquía, coma escravos (para utilización directa ou venda)s.

-A vila de Cangas foi completamente arrasada, froito de sendos desembarcos en Rodeira en Puntabalea. Incluso quedaron destruídas as casas das persoas máis ricas e a mesma Igrexa.

-Só se recuperou un cristo (atopado polos mariñeiros supervivintes), coñecido agora en Cangas coma o cristo que non quixo arder.

-As persoas de Cangas quedaron sen recurso algún. Na mesma carta indícase que a vila quedou sen bens, ben sexan alimentos, roupa, etc.

-As mulleres canguesas foron violadas.

FONTES

Elaboración propia coa información recollida de:---

http://www.delmorrazo.com/tribuna/desembarco-de-piratas-turcos-en-Cangas.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/11/15/invasion-turca/0003_201511V15C6992.htm

Autores: Naiara Fernández, Aldara Fernández, Alex Carballo, Saranoa Costa, Iván Novegil.
Faise público o documento de traballo por se fose de interese > https://docs.google.com/a/ciamariacangas.es/document/d/1bRDFEetQ5netqV-MRsZrKpOdPixSUnFirZv3xz-SRXc/edit?usp=sharing