TABOLEIRO "Estou aquí-QUEDO NA CASA" by Cesar Sanchez Pampin

Olga González Garza 2º BAC. A
1. De momento levamos poucos días de confinamento, pero xa comeza a notarse a falta dos amigos e dos profesores (inda que as videochamadas sexan o medio diario para vernos).
A preocupación máis relevante que teño é a da ABAU, non sabemos que días van ser, se vai dar tempo de dar toda a materia de maneira correcta...
2. De momento non tiven ningún problema coas tarefas propostas, pero creo que seria mellor que, ao inicio da semana, todos os profesores enviasen a planificación do que debemos facer durante ela, así evitamos esquecementos e organizamos o noso estudo. Aínda así, en moitas materias o traballo é excesivo, todos sabemos que non son vacacións, pero temos semanas moi complicadas por diante e globales por preparar.
Considero que as tarefas son excesivas e deberían adecualas ao tempo que temos e ás outras naterias.
3. Aínda que os correos sexan un bo medio, a resposta chega aos dous días. Estaría ben que cada materia tivese un grupo como o de Imaxe e Son en Telegram, todo sería máis dinámico e ameno.

Inés García Nóvoa 2ºBac A
A situación é crítica no ámbito sanitario e tamén no persoal. Estamos encerrados en casa, e a pesar de levar aínda pouco tempo de confinamento, as consecuencias nótanse. Non sabemos que vai pasar e canto tempo máis imos estar así, e pode que sexa esta sensación de impotencia a que nos produce agobio. Ademáis este vese acentuado polas innumerables tarefas que nos están mandando en case todas as asignaturas. Somos conscientes de que non estamos de vacacións, que temos que traballar e que estamos nun curso moi importante, porque selectividade  está a chegar, aínda que non sabemos cando. Pero tamén é unha situación moi frustrante para nós non saber que vai pasar e se os nosos seres queridos van seguir ben.
Esperemos que a situación remate canto antes e poidamos voltar ás aulas e seguir a nosa vida con total normalidade.

Lucía González Dapía 2º BAC B
1.     Neste momento, unha das sensacións que teño, e levo tendo dende que comezou o confinamento, é a dunha gran impotencia sobre todo ante os actos dalgúns cidadáns e cidadás que non se toman realmente en serio as medidas e non son conscientes dos riscos aos que se poden (e consecuentemente nos poden) expor. Un exemplo disto, é o caso da cidadá madrileña que veu a Oimbra (e non se puxo de cuarentena) e que esta noite deu positivo en coronavirus... Coma este, moitísimos actos máis de irresponsabilidade que me fan pensar no egoístas que podemos chegar a ser moitas veces.

Tamén teño unha gran sensación de incerteza, que dou por suposto que temos todos, acerca do que acontecerá: como avanzará a situación sanitaria? Que vai pasar co calendario escolar? E cas ABAU?...

2.     Agora, á hora de falar de traballo, si que é verdade que ao comezo pode resultar algo complicado. Basicamente porque xa non temos nin horario nin rutina, e se non nos organizamos e nos preparamos unha nova rutina axiña  pode chegar a darnos a sensación de que estamos de vacacións.

Eu a única dificultade que atopei de momento, foi naquelas materias nas que decidimos seguir avanzando xa que non é para nada o mesmo que che expliquen algo detidamente en clase ca que che manden ler o libro e facer as actividades (sobre todo en ciencias). Aínda así, axuda moito o feito de poder pregundar as dúbidas por correo ademais, agora hai moitísimos titoriais en internet de profes facendo os exercicios que se semellan moito as clases e que polo menos a min me axudan moito a entender a materia.

3.     Aínda así, paréceme que todos os profesores teñen bastante ben organizado como afrontar as súas materias. O único que si que me gustaría dicir en canto a isto, é que, hai algún que pon moi pouco prazo para entregar as súas tarefas. Hai moitos que si que nos dan un prazo de unha semana ou que nos fan un planning que como traballar cada día poñendo unha hora límite de entrega das tarefas. Incluso, hai quen abre unha canle en telegram para facer repasos das súas materias entre todos, o que me parece moi boa idea. Porén, hai outros que sen avisar deixan as tarefas colgadas e mándanas dun día para o outro e creo, sinceramente, que deberían ter en conta que ao mellor xa tiñamos ese día programado e nos rompen un pouco cos esquemas...
Polo que a única mellora que propoño é se poñan prazos algo máis razoables para poder organizarnos ben

Cecilia Castellano Lopezosa 2ºBACH B:
En principio eu atópome ben, aínda que como é normal boto moitísimo en falta aos meus amigos e aos familiares que non podo ver.  Ademais, nunca pensei que botaría tanto en falta ir a clases.
O que máis me preocupa é o tema das ABAU e de canto se alargarán as clases xa que eu (coma todos) teño moitas ganas de disfrutar ó máximo posible o verán, pero todo se verá. E, por suposto, tamén me preocupan os meus familiares maiores e canto máis se vai alargar esta situación.
En canto as tarefas, hai profesores que mandan máis cousas das que facíamos en clase e dun día para o outro. Segundo que tarefas non importa pero podería dexar máis marxe, xa que temos traballo do resto de asignaturas. Sei que temos que traballar e non perder o ritmo, pero tampouco é cuestión de estar todo o día facendo tarefas.
Polo demais, penso que nos apañámos ben co correo electrónico, a aula virtual e Telegram.
PD: Espero que esteades todos ben, moito ánimo :)

Rubén Fernández Pousada 2ºBACH A
Levamos practicamente unha semana de confinamento. Cada vez, séntese máis a sensación de agobio ao non poder saír de casa. Eu intento levalo ben. Intento ter sempre algo que facer, como tarefas domésticas e tarefas de estudo, para así distraerme e non pensar na situación pola que estamos pasando. A situación é grave, e a miña maior preocupación é como esta situación vai a repercutir nos nosos estudos. Ademais, outra preocupación que imaxino que a teremos todos, é a selectividade xa que agora mesmo non temos fechas para estas probas e non sabemos que pasará.
Sobre as tarefas que vamos tendo, non teño ningunha dificultade de momento. Si que é verdade que a veces son moitas estas tarefas que nos mandan, pero intentamos sempre que non se nos olvide ningunha e ir facendoas na medida do posible. Penso que sobre estas tarefas que se nos propoñen, debería de haber unha mellor planificación en cada semana para que así poidamos organizarnos mellor, e poidamos tamen ter tempo para estudar, xa que a veces son moitas en algúns casos, as tarefas que se nos mandan.
Finalmente, non se me ocorre ningunha suxestión para un plan de mellora telemática, xa que a través da aula virtual penso que non estamos tendo problemas para traballar. Ademais, tamen fixemos algunha que outra videoconferencia e non resultou problemática, incluso foi algo divertida.

Eva Diéguez Vila 2ºA BACH.
1. De momento, nestes 5 días oficiais de confinamento, a sensación de clausura ou agobio por estar tanto tempo na casa non está tan presente como o esperaba. En verdade non me aburro, estou intentando levar un horario para facer as tarefas domésticas, de clase e tamén para estudiar e ter tempo libre. Ao final dentro do que cabe os estudantes temos algo de sorte nese aspecto o ter sempre algo que facer.
Tamén axuda o feito de poder estar conectados sempre cos nosos amigos, xa sexa por mensaxe, chamada ou videochamada. Sinceiramente é o que máis voto de menos, estar con eles, velos en clase e polas tardes...
E tamén unha das maiores preocupacións é a incertidumbre sobre as ABAU, cando acabará o curso...
2. En canto as propostas académicas decir que en certos casos son demasiadas. Podo entender que se queira avanzar nas materias como se houbera clase, pero nalgunas os traballos que se nos mandan agora son moito miores que os que faciamos nas aulas.
Outro contra que encontro ao porme a facer as tarefas é que o feito de permanecer sempre en casa e non ter un horario estricto, fai que a continuidade á hora de facelos coste mantela.
3. En canto a propostas para mellorar… desde o meu punto de vista creo que se está facendo ben e que estamos levando unha continuidade no avance do curso. O único que creo que se podería mellorar é que en vez de cada día mandar certas actividades, o primeiro día da semana establecer todas aquelas que se teñan que facer ao longo da semana, porque é bastante lío ter que consultar cada certo tempo a aula virtual porque cada profesor sube as tarefas cando lle parece e sen ter un horario fixo.

Patricia Álvarez Meijide 2ºC BACH.
1. Estes días de confinamento na casa estoume dando conta do preciada que pode chegar a ser a rutina que levamos día a día e o pouco que a valoramos.
Boto moito de menos a aquelas persoas coas que adoitaba pasar todos os días e especialmente aos meus avós, xa que pertencen ao sector da poboación máis afectado por esta terrible enfermidade e teño moito medo de que poidan chegala a padecer. Corre no meu interior unha gran incertidumbre por saber cando e como vai rematar esta espantosa situación, con todos os meus ánimos e optimismo espero que o faga pronto e ben e que ninguén máis pague coa vida as irresponsabilidades doutros.
2. Os profesores, polo que vexo, a nivel traballo están levando xenial esta situación a pesar de que para eles sexa un gran agobio, pero tanto o é para eles como para nós,  polo que , o feito de mandar materia para facer está xenial, a parte de ser necesario para que a volta non sexa tan dura, pero considero que nalgúns casos o seu agobio provoca que manden máis traballo do que podiamos facer na aula e, ademais cun límite de tempo moi escaso.
3. Non creo que tanta materia con tan pouco tempo para realizala sexa a solución,  xa que crea máis agobio en nós do que vamos ter cando chegue a hora da verdade... as terribles e espantosas ABAU, outro tema que está dando moito que falar estes días, xa que non sabemos cando se van facer nin canto as van poder atrasar.
Espero que esta situación se teña en conta á hora de facelas e que se nos axude aos examinados dalgunha maneira.

Noelia Gallego Campos, 2º Bac. C
1. No persoal non me está supoñendo unha grande dificultade estar confinada (a isto axuda, en parte, ter unha irmá que ande dando voltas pola casa). Polo de agora tampouco noto o agobio que si parecen sentir outras persoas (SE TI ES UNHA DELAS, ÁNIMO). Porén, non ter un horario imposto si é un hándicap a superar: estou moi afeita ós horarios, normalmente cronometro cada detalle cando teño tarefas pendentes. Con todo, a incertidume de ver borroso o fin da corentena provoca que non poida levar unha organización precisa. Si, podo dicir que entre as dez e as doce vou estudar lengua, pero iso pode verse alterado se chega unha nova tarefa máis urxente. Isto leva ó seguinte punto:

2.  Comprendemos que se necesiten exercicios, de verdade que o facemos. A forma en que cada profesor decida estruturar a súa materia é unha cuestión de preferencias -case persoais-. Ó non ter esta situación precedentes é normal que todos esteamos perdidos. Como nos gustaría poder dicir: "Non só temos a túa materia!". É certo, non podemos dedicarlle a totalidade do noso tempo e esforzos a unha materia. Se ben todas -especialmente as troncais- deben terse en consideración, é mester que o profesorado saiba entender que dar máis tarefas non é sinónimo de eficacia, e que se deciden que necesitamos facer simulacros de exame, comentarios, exercicios de repaso e dar temas novos, deberán poñernos sobre aviso. Ir mandando as tarefas sen ningunha orde e con datas de entrega case imposibles dificúltanos moito esta situación a todos: a nós, pois iso agóbianos e crea estrés innecesario; e a vós, profesores, que recibiredes unha morea de traballos para corrixir cando poderiades recibilos con máis espazo de tempo. Ademais, (e aquí non sei se está pasando en todas as materias ou só nalgunhas) chega a ser frustrante que ás datas límite e as elevadas cantidades de traballo se lles sume que os mesmos non vaian ser avaliables.

3. Finalmente, penso que podería ser unha solución favorable para profesores e alumnos (isto perxudícanos a todos) ter máis clases como a de Imaxe e Son, é dicir, a unha hora concreta ou cunha canle de comunicación bidireccional dinámica. Non podemos pretender normalidade absoluta cando non a hai; pero na nosa man si está axudarnos. Dende o meu punto de vista, poñernos un horario podería ser de grande utilidade. Algúns membros da parte docente poderían non estar a favor deste tipo de medios, e están no seu dereito de non querer dar as clases así. Con todo, tal vez cun par de clases dentro dun horario ó día poidan abondar para manternos activos.

Lembrémolo: isto é difícil para todos. Axudémonos a facilitar a transición á que nos impón esta pandemia.
Saúdos :)

Juan Carnero Rodríguez 2ºBac A
1.A decir verdade cando dixeron que iban suspender as clases alegreime un pouco e supuxen que pasar uns varios meses na miña casa no me iba supoñer unha gran dificultade. Agora mesmo boto de menos as clases, boto de menos madrugar, boto de menos as charlas cos meus compañeiros diarias antes de comenzar.... en realidade boto de menos todo o ambiente escolar. Agora estou intentando sobrevivir entreteñéndome coas tarefas impostas polos profesores con algún que outro xogo co meu irmán pequeno e como non con algún que outro visionado de peliculas (que se note ahí a asignatura de imaxe e son) ademais atopome un pouco frustrado porque somo a inmensa maioria quenes estamos cumprindo está cuarentena a raxa taboa pero considero que hai xente que están incumprindo as medidas impostas por o Goberno e provocando que o traballo que facemos moitos se vexa perxudicado por culpa dun.
2. No que se refire as propostas académicas creo que hai certos profesores que nos están saturando porque baixo o meu punto de vista opino que non se están dando conta que non só temos a súa materia que ademais da súa hai outras tantas das cales temos que facer os respectivos traballos ademais son xusto as materias que en certa parte non teñen tanto peso en selectiidad as que máis nos están mandando traballar.
Ademais baixo o meu punto de vista creo que conseguir unha organización en cada unha destas faise un pouco dificultoso xa que cada profe está pedir a entrega de traballos por unha plataforma diferente que si uns po correo, outros por a aula virtual... molaría que houbera un consenso entres o profes e que todos fixeramos as repectivas entregas na mesma plataforma.
3.Eu as suxestións que me gustaría aportar para activar un plan de mellora telemática sería que os profesores antes de pedirnos que fagamos as tarefas fixeran unha breve explicación da teoría destas, as veces atopar os coñecementos no libro chega a ser toda unha aventura e creo que con tres ou catro pautas facilitatía que as entregas se fixesen máis asequibles.

Bernardo Rodríguez Danoz 2ºbach c
Cando a suspensión das clases foi anunciada debo de admitir que inicialmente sentinme reconfortado, xa que os 15 días de Cuarentena asemellábanseme máis a unhas vacacións de Nadal que  a outra cousa. Non obstante , só levo 5 días confinado na miña casa e xa comezo a botar en falta a normalidade.
Dende que o Estado de Alarma foi decretado, aproveito para facer todo aquilo que algún día quixen facer mais para o que nunca atopei nin tempo nin unha situación que me obligara a facelo: charlo cos veciñ@s  a través dos balcóns, leo libros de xeito máis constante, estou aprendendo a cociñar ( non tiña nin idea), vexo documentales e series , fago videochamadas con amigos doutros lugares de España... A pesar de que a situación de crise sanitaria está sendo moi tráxica e de que a repercusión económica vai ter será catastrófica , estoume dando de  conta dunha cousa moi positiva: Por primeira vez en moito tempo os españoles estamos volvendo a sentirnos unidos, estámonos percatando de que todos somos unha piña e de que sen importar a nosa ideoloxía polítca ou situación económica todos temos un obxectivo común : derrotar ó virus. Esta unidade nacional vémola reflexada tódolos días a través dos medios,  dos aplausos dos balcóns , das redes sociais,das mensaxes de esperanza dos españoles infectados, e cando cantamos a canción de RESISTIRÉ cada día ás 8 da tarde xunto con toda a veciñanza. Confio en que cando todo isto remate , nazca unha sociedade máis compacta , unha España máis unida...

Respecto ás tarefas académicas, quero sinalar que, do mesmo xeito ca outros estudantes, considero que están sendo excesivas , aínda que entendo a preocupación do profesorado pola nosa preparación de cara ás ABAU , cuxa data de realización atópase agora mesmo no aire. Polo momento debemos de seguir a facer o que nos manden, mais se finalmente se alonga o confinamento e consecuentemente o calendario escolar, os profesores deberían de replantexarse a cantidade de tarefas que nos asignan.

Como suxestión para mellorar ó ensino a distancia , penso que os mestres e mestras deberían de enviarnos videos ós nosos correos nos cales aparezcan eles explicando o que consideren oportuno das suas respectivas materias. En definitiva , que dean unha clase sen alumnos.

Katia Vidal Morales, 2 ° BACH. A
1. Dende o momento no que se soubo que se suspenderían as clases durante un tempo xa me agobiei un pouco.
Non me gusta non ter un horario fixo, nin non moverme, nin non saír de casa. Sobre todo, non me gusta que se cambie o que xa tiña programado,  e realmente, esta semanas eran moi importantes para todos nós.
Inda así, intento ter unha rutina e facer un pouco de todo.
Preocúpame a duración disto, as consecuencias tanto nas ABAU como no que queda de curso como os efectos que terá sobre o país en si (económcos, sociais..)
2. O certo é que aburrirse non é posible porque sexa a situación que sexa, neste curso sempre hai algo que estudar.
Paréceme moita a responsabilidade dos profesores nestes momento e valoro o seu esforzo por intentar seguir con todo o día. Porén, considero que en certas materias estamos recibindo demasiados deberes e moitos deles nin nos axudan a preparar a materia en si. É moi difícil seguir estudando o de atrás, facer novos deberes e seguir co novo. Ademais, con esta situación as optativas deberían ser o máis fáciles posibles.
3. Sei que é moi díficil esta situación tanto para nós como para os profesores. En xeral, creo que cumpriremos e traballaremos en casa o suficiente.
Estaría ben que vós nos axudedes a organizar, por exemplo, ao longo desta semana isto debe quedar estudado, con prazos lóxicos claro está e de maneira voluntaria. Tamén axudaría que por primeira vez, e de maneira excepcional, non tivésemos ningunha tarefa nas optativas no que queda de curso.
Vídeos explicativos e exercicios resoltos parécenme moi necesarios sobre todo nas asignaturas de números. Por último, que á volta nos entendades e axudedes para non aglomerar todas as probas.
Finalmente, e independiente do chivite, que nas ABAU nos axuden.

Mónica Pousada Canado, 2º BACH - A.
1. Despois destes días de confinamento, teño que dicir que pensaba que ía a levalo moito peor pero, tendo en conta a proposta de traballo á que estamos sometidos é difícil ter tempo para aburrirse, incluso podo dicir que é ata difícil sacar un anaco de tempo para actividades máis lúdicas ou hobbies, sempre claro, dentro da casa. Era de saber que por moito que foramos a estar ocupados nalgún momento sentiriamos a necesidade de sair á rúa, a diario ronda a miña cabeza a idea de sair de casa, dado que vivo na aldea e seríame algo moi doado, mais non o fago por responsabilidade social e, sobre todo, porque actualmente vivo con dúas personas maiores e isto suporía un risco de magnitudes inmensas á vez que innecesarias, polo que intento levalo da mellor maneira posible. Por outra banda, o que máis me preocupa a nivel académico é o aplazamento das ABAU e que teñamos que ir a clases ata esas datas o que quere dicir que, tendo en conta que, en principio, o calendario escolar do seguinte curso é inamovible, quedariamos case sen período vacacional nun curso tan necesario como este, tanto para despexarnos e desfrutar como para organizar todo o relacionado coa universidade.

2. Dende o meu punto de vista é totalmente admirable o traballo que a día de hoxe está a realizar o profesorado e, sobre todo, a preocupación que acotío teñen polo alumnado pero, quizás, o de que isto non podía ser un período vacacional tomarono demasiado a peito, quero dicir, temos un nivel de traballo moi superior ao habitual, o que nos imposibilita en gran parte seguir repasando o xa dado para preparar globais, recuperacións, etc. Creo que deberían baixar un pouco o ritmo desta proposta de traballo porque eu, personalmente, estou sobresaturada, aínda que, como xa dicen, agradezo que o profesorado esté tan involucrado.

3. Creo que isto se está a levar a cabo dun xeito moi satisfactorio, sobre todo tendo en conta como chegamos a esta situación e os curtos plazos que houbo para preparar todo, creo que só se debería cambiar, a parte do xa mencionado no segundo punto, o horario, dado que algún profesores suben as tarefas á plataforma escollida a horas distintas cada día e ás veces é complicado enterarnos.

Pablo Fernández Fernández, 2º Bach-B
1. Sinceramente non me supón unha dificultade o feito de traballar dende casa porque eu noto que na miña casa rendenme máis 2 horas na que me adique a traballar que as 6 horas que botamos no centro habitualmente. Si que me supón unha dificultade no relativo ao lecer posto que son unha persoa moi inqueda que non é capaz de estar tanto tempo seguido na casa sin tan siquera ter opción a pasear 100m. A miña maior preocupación agora é o tema da Abau, máis que nada porque eu xa tiña algunha actividade no verán programada que vou ter que deixar de facer polo adiamento da proba, cousa que entendo pero que non prolongaría máis aló de fin de Xuño posto que seguimos a traballar con bastante normalidade.
2. Eu sintoo que en moitas asignaturas ata se está a traballar máis na casa que nas propias clases do centro, o que implica unha de dúas, ou que se traballaba pouco en clase ou que se traballa demáis en casa. O que si é certo que a labor da meirande parte dos profesores está sendo moi boa no intento de proseguir cas clases como si estiveramos no centro. Sempre hai algunha excepción pero que o profesorado está respondendo a altura das circustancias e mostrando unha preocupación que os alumnos agradecemos.
3. Eu creo que o único aspecto a mellorar sería a unificación de criterios por parte do profesorado para intentar todos seguir unha mesma linea que facilite a organización do alumnado para realizar as tarefas. No relativo ao demáis eu creo que se están facendo as cousas ben sobretodo no contacto alumno-profesor.

Aroa Sousa Colmenero, 2º Bach-C
Eu coma todos dentro do que cabe estou ben.

Nesta situación o que máis me preocupa é o tema de ABAU e que pasará co curso, se se retrasa ou esas cousas. Respecto aos deberes que nos envían, creo que nalgúns casos nos están agobiando máis do que nos gustaría, xa que estando en clase non faríamos a metade, e xa non é iso, é o plazo que nos dan, que en moitas ocasións son dun día para outro. Por outro lado, vexo foi ben que nos envíen traballo para facer, é unha forma de pasar o tempo e aproveitalo, non "esquecer" o que se deu ... pero cun marxe un pouco máis creo.
Sei que é unha situación estresante para todos e a verdade é que os profesores están en todo momento pora calquera cousa, a pesar de que tamén viven esta situación.

Espero que isto termine pronto.

Aida Méndez Sánchez, 2°A
1. Animicamente estou ben, quedar na casa 24h seguidas non me supón problema ningún, polo menos durante esta semana que levamos. Son consciente do que hai fora e tampouco son unha persoa que precise da calle, na casa inda q me aburro non me desespero. A miña unica preocupacion, deixando dun lado a saúde dos meus familiares maiores, é académica. Hai unha parte de min que se pon nerviosa cada vez que penso nos estudos e recordo a cantidade de examenes que se nos van facer moi seguidos nada mais chegar. Pero a parte que máis me preocupa é, como seguramente a maioría, o tema ABAU, por unha parte sinto pena porque as espectativas do ano dos 18 sempre son moi altas, comenzar o vrau antes, algo que este ano no que nos tocou a nós cumplir non vai poder ser. As miñas vacacions xa estaban medio programadas dende fai meses e levar semanas adiante a proba rompe con todo o esquema que tiña, pola miña parte vexo innecesaeio levala a xulio como se comenta, xa que na casa estamos avanzando o mesmo e só nos faltarían as probas que se realizarían a volta.
2. A nivel de tarefas, a maioría das materias dan un material moi bo, que nos axuda a avanzar e non perder o ritmo, xa que nos mandan o que teríamos se estivésemos indo a clases. Pero hai outras, que nos están mandando ao meu parecer traballo de mais. Nesas materias non solemos ter moito traballo de clase ou casa, e creo q poderían rexirse por eso, pero nesta semana mandaron demasiadas cousas para como dixen o normal e cunhes plazos apretados. Dixeronnos que tiñamos que estudae e seguir o ritmo e na miña opinión non entra o traballar días de mais materias que non corresponden e que non fariamos se estivesemos indo a clases.
3. O traballo dos profesores a nivel de organización pareceme correcto en todas

Carla Domínguez Costa 2º Bach-A
1. Despois desta semana xa en casa, animicamente estou ben, pensaba que o iba levar peor.
Esta situación lévame a ter bastante preocupacións: sobre os meus familiares, amigos...
Na parte académica todos os exámenes que nos quedan por realizar, a realización da proba ABAU, e tamén a miña preocupación para realizar as probas de Inef.
2.Segundo as tarefas: a maioría dos casos os deberes que mandan son adecuados, pero hai outras onde  habitualmente non nos mandan deberes e nesta situación sí e ademáis son as que nos poñen data límite para realizalas.
Nesta situación o máis importante sería centrarnos nas que nos van a avaliar na ABAU  e así poder levalas moito máis preparads.
3. A hora de dar as clases eu creo que se está facendo ben xa que non estamos perdendo o ritmo das clases  e a relación alumnado-profesor é bastante boa.

Alba Alves Carvalhal 2 BACH B
1. Cando nos anunciaron que xa non voltariamos a clase polo menos en 15 días comecei a preocuparme moito por toda esta situación. Son unha persoa que o feito de permanecer na casa illada agobiame moito e máis se son durante tantos días. A pesar deste agobio que a veces teño, temos que seguir na casa, non coma outros irresponsables que só pensan en si mesmos sen importarlles a saúde dos demais. Xamais pensei que diria isto, pero a  verdade e que boto moito en falta ir a clases,  abrazar e estar ao carón dos meus familiares e amigos e dar un simple paseo ao aire libre.  Porque por moita videochamada que se faga nada é igual que estar con todos en persoa. Tamén, estou moi preocupada polo que lles poida pasar a meus avós e toda a xente que son persoas de risco ante a enfermidade. E sobretodo a incerteza de que vai pasar cos meus estudos e como se vai resolver o tema das ABAU.

2. A nivel académico, eu case sempre tiña organizados nos días un horario para traballar. Sen embargo, agora que me paso todo o día na casa tiven que organizarme doutro xeito totalmente distinto. A pesar disto,   tampouco me supon un grave problema porque creo que estar na casa axudame moitísimo para unha maior concentración á hora de realizar as miñas tarefas.  Só teño que mencionar que algúns profesores non nos dan moito tempo de marxe para ás tarefas e non podemos dedicar tanto tempo a só unha materia. Porén, penso que a organización que están levando os nosos profesores está sendo moi acertada e entendemos o que supón para eles toda esta situación.
3. Os únicos aspectos que dende o meu punto de vista, creo o que se debe mellorar nos prazos de entrega dalgunhas tarefas. Aínda que como mencionei anteriormente os nosos profesores están tratando de realizar o seu traballo da mellor forma. Creo que se debería empregar unha mesma canle para  que deste xeito poidamos organizarnos aínda mellor e para que sexa máis doado. Unha opción de canle é a que empregamos en Imaxen e Son, Telegram paraceme sinxelo.

Esperemos que esta situación mellore e todo volte a normalidade. Moito ánimo!

Luis Vega Mascareñas 2ºBach-A
1. Sendo sincero estame costando moito seguir co ritmo académico, a parte de que son moi deixado para estas cousas o de estar na casa a todas horas non é que axude moito. Sempre fun un alumno de deixar todo para o último día, supoño que esta semana tereime que por as pilas. Por outro lado ainda que a situación sexa un pouco surrealista, eu estou tranquilo porque penso que en Verín non  vai haber un descontrol como noutros lugares de España.
2. Con respecto ao das tarefas penso que nas materias lingüísticas mandaron demasiados deberes e incluso nalgunha  os temas están incompletos. Os outros profesores creo que o están a facer bastante ben e son comprensivos coa situación.
3.O centro a maioría das cousas as están facendo ben. Pero penso que as clases por skype ,como están facundo noutros centros, son necesarias.