4 películas sobre a violencia de xénero. by Iago Reigosa

Tyrannosaur (Gran Bretaña, 2011)
Dirección e guión: Paddy Considine. Produción: Diarmid Scrimshaw, Warp X e Inflamable Films. Fotografía: Erik Wilson. Intérpretes: Peter Mullan, Olivia Colman. Duración: 91 minutos.

Joseph, un viúvo alcohólico dominado pola violencia atopa esperanzas de redención en contacto con Hannah, unha traballadora da caridade cristián. Joseph ironiza sobre a fe de Hannah e a súa idílica existencia. Pronto percibe que a vida de Hannah non ten nada de plácida. A relación avanza e descobren que o amor e a amizade aparecen incluso nos lugares máis escuros. Dirixida polo tamén actor Paddy Considine, premiada en Sundance.

Domestic violence (Estados Unidos, 2001)
Dirección: Frederick Wiseman. Produción: Domestic Violence Inc., PBS e WNET Channel 13 New York. Fotografía: John Davey. Duración: 196 minutos.

Wiseman amosa en Domestic violence as posibles respostas á violencia de xénero doméstica e as aplicacións en mulleres e cativos. O relato recolle a acción policial, os grupos de terapia, as actividades educativas e os centros de prevención en localidades de Tampa (Florida). Gañadora no Festival de Chicago.

Domestic violence 2 (Estados Unidos, 2002)
Na liña de títulos como Juvenil Court (1973) ou Law & Order (1969), o documentalista Frederick Wiseman aproxima a súa cámara aos xulgados, en concreto ás cortes do condado de Hillsborough, en Tampa (Florida). O tratamento legal dos casos de maltrato (réxime de visitas, ordes restritivas, pensións, xuízos varios,…) retratado con absoluta intensidade contribuíndo a completar un díptico asombroso.

Grbavica. El secreto de Esma (Alemaña-Austria-Bosnia-Croacia, 2006)
Dirección e guión: Jasmila Sbanic. Produción: Coop 99, Deblokada, Norifilm Filmproduktion, Jadran Film coa cooperación de ARTE e ZDF. Fotografía: Christine A. Meier. Intérpretes: Mirjana Karanovic, Luna Mijovic, Leon Lucev. Duración: 101 minutos.

Tempo despois da Guerra da Iugoslavia. Esma vive coa súa filla Sara no barrio de Grbavica (Sarajevo). Organízase unha viaxe no colexio e Esma quere que a súa filla Sara, de doce anos, participe. Sara precisa presentar un certificado que acredite que o seu pai morreu como un mártir na guerra para conseguir un desconto. A situación económica de Esma fai que traballe polas noites de camareira nunha discoteca. Sara quere saber as circunstancias da morte do seu pai e mesmo sofre as burlas de compañeiros/as. Esma, perseguida polos violentos acontecementos do seu pasado, asiste a unha terapia de grupo no Centro de Mulleres do barrio. Que feitos terribles garda na súa memoria? Gañadora en Berlín 2006 e participante en Sundance.