ACTIVIDADES EN FAMILIA PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE by eva graña menduiña

Ola familias! Dende a Aula de Audición e Linguaxe tamén queremos acompañarvos nestes días tan extraños. Somos conscientes da avalancha de información e actividades que estades a recibir polas redes sociais e tamén de que o tempo pasa tan lento que as ideas vanse acabando. Co fín de botar unha man nestes días e seguir apoiando ás crianzas que necesitan unha estimulación máis consciente a nivel lingüístico, propoñemos unha serie de actividades. Con facer unha ou dúas ao día sería suficiente. Ánimo!!

Este tipo de actividades son importantes xa que favorecen unha boa musculatura e coordinación para realizar unha fala lexible. Ademais soen gustarlle moito aos máis pequenos:

- Inspirar polo nariz e soprar pola boca: velas, muiños, matasogras, asubíos, papeis, pompóns, etc.

- Mover a lingua, boca e meixelas de maneira coordinada e con diferentes exercicios.

Deixo por aquí un vídeo con praxias, hai moitas ideas máis na rede.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=144&v=5gL0PY6zVQ0&feature=emb_title

Neste apartado propoñemosvos actividades para mover a lingua pronunciando os diferentes fonemas da nosa fala.

- Xogar a realizar onomatopeias.

- Camiños sonoros: facer pequenos circuitos pronunciando o son que se queira reforzar. /rrrrrrrrr/, /ssssssss/, etc.

- Buscar palabras que teñan o son/letra que queiramos reforzar e repetilas.

- Clasificar palabras/debuxos segundo o son inicial.

- Caixas de sons: facer caixas para gradar palabras ou debuxos de palabras que empecen polo son a traballar.

- Teléfono estropeado: dicir unha frase rápida na orella doutra persoa, esta a outra e así ata rematar o número de persoas. a última debe dicir en voz alta a frase que recibiu.

- Ocas de sons: facer o xogo tradicional da oca pero adaptando as casiñas ao son/letra que se queira reforzar. Hai moitos modelos colgados na rede.

https://www.guiainfantil.com/articulos/salud/logopedia/el-juego-de-la-rana-para-ninos-con-problemas-con-la-letra-r/

- Trabalinguas. existen trabalinguas de moitos tipos, neste caso veñen moi ben os que repiten moito o son que queremos reforzar.

Comparto unha páxina web con moitas ideas de xogos lingüísticos.

https://orellapendella.gal/

Este é o nivel lingüístico que ten máis posibilidades para traballar dende a casa en familia, moitas das actividades recopiladas seguro que xa as coñecedes.

- Da Habana ven un barco cargado de…(comidas, xoguetes, vehículos, etc) e hai que dicir todas as palabras que se nos ocorran relacionadas co tema elexido.

- Nomear todo o que vemos ou usamos no momento do vestido, de poñer a mesa, facer a comida, preparar un xogo, etc.

- Xogar as pistas: dar pistas sobre un obxecto ata que o adiviñen.

- Ordes simples: pedir que localicen cousas seguindo as ordes. Por exemplo: busca algo que está na cociña, está encima da mesa, é de cor branco, etc.

- Xogar a contar historias. Poden ser libres, pódese propoñer un tema, ou dar 3/4 palabras para inventar a historia.

- Xogar a continuar historias. Un empeza unha historia e os demáis a van continuando dun en un.

- Repasar pola noite todo o que fixemos durante o día.

- Xogar ás adiviñas.

- Cantar cancións.

- Contar chistes.

- Xogar a facer rimas, pareados.

- Vexo, vexo.

- Xogar a dicir cousas disparatadas, cousas inventadas, tolerías, etc.

- Conversar e escoitarse.

Engado dúas webs con recursos moi bonitos para xogar as rimas, cancións, contos, etc. en galego.

https://orellapendella.gal/

https://galiciaencantada.com/index.asp

En canto a lectura e escritura, as persoas titoras seguro que xa vos mandaron unha chea de tarefas. Deixo aquí unha serie de ideas para facer en familia:

- Cazar letras: buscar unha letra determinada entre portadas de revistas, páxinas dun libro, etc.

- Palabras que empecen pola letra..

- Palabras que rematan pola letra...

- Palabras que empecen pola sílaba...

- Palabras encadeadas.

- Deletreo.

- Ler contos e falar deles.

- Facer a lista da compra xuntos.

- Escribir mensaxes de apoio e esperanza para este momento.

- Escribir cartas a seres queridos.

Comparto un blogue que ten moitisimos materiais para traballar os diferentes aspectos relacionados coa lectoescritura, coidado porque hai tanto que é moi fácil quedar atrapados.

https://9letras.wordpress.com/