Bloque 2- Portfolio de Pablo by Pablo Gondelle

Bloque 2- Portfolio
Neste bloque do meu portfolio tratarei conceptos traballados na aula durante o transcurso da cuarta, a quinta e a sexta sesión do aula. Onde tratamos algún tema de certo calado nas aulas de primaria, como a identidade dixital dos alumnos, a estimulación sensorial a través das redes sociais. Ou a formación do profesorado na súa competencia dixital, a través de plataformas como DIGCOMEDU

Identidade Dixital
Co desenvolvemento das novas tecnoloxías, estamos vendo que cada vez é máis precoz o uso das tecnoloxías, tanto no ámbito aula, como no ámbito escola.

Da miña experiencia das prácticas, que foi nos cursos de 5º e 6º de Primaria, é dicir, nenos de 10 e 11 anos, decateime que varios xa usaban as redes sociais, e incluso algúns indagaron nas miñas redes, e fixeron solicitudes de amizade ás miñas contas. Iso invitoume a unha reflexión xa de aquela, sobre se estamos poñendo todo da nosa parte cos nenos e se son conscientes dos perigos que poden ter estas redes sociais, sobre todo en idades tan temperás como poden ser os 11 ou 12 anos.

Iso sumado, á miña experiencia de adestrador de fútbol de nenos de 12-13-14 anos, que levo vendo os seus perfís, daste conta de como queren tratar nas súas redes a súa identidade dixital, é dicir, entran en un espazo tan superficial como é instagram nunha idade tan pronta que están acostumados a iso, e sabes que usan esas redes coa intención de "molar máis" e non son conscientes de quen o ve, ou dos seus posibles perigos. Da miña propia experiencia, atopeime como un dos meus xogadores do meu equipo, poñía nunha storie de Instagram "míster, si quieres tambíen te limpio el banquillo también", fruto da frustración de xogar pouco, e sen ser conscientes das consecuencias que podía ter ese simple feito.

Respecto, ás aulas de Primaria, como vimos dicindo sabemos que as novas tecnoloxías son de gran axuda, pero moitas veces penso que  nos podemos atopar cun arma de doble filo, como os casos de inseguridade tecnolóxica ou o "cyberbullying", en iso debemos estar os mestres, e temos que educar o bo uso destes recursos, para prevenir males maiores. Dentro de esta educación, temos que ofrecerlle aos nenos a importancia dos seus datos persoais, da súa privacidade, que non caian nas "trampas" que moitas veces poden ofrecerte as redes.

Alfabetización dixital do profesorado
No s.XXI, penso que para os docentes de Primaria, estean á última nos procesos tecnolóxicos que se poden utilizar na aula.

Os profesores teñen que ser referentes dos alumnos, no uso das redes, e hox en día estamos formando "nativos dixitais" polo tanto, o docente ademáis de ter que ter unha rica pedagoxía dixital, debe fomentar os recursos en liña, para favorecer o proceso ensino-aprendizaxe co alumnado.

Sobre o capítulo de Black Mirror
Quero traer a todo este tema, unha pequena reflexión do capítulo de Black Mirror visto na clase.

Evidentemente, en Black Mirror, pretenden mostrar un mundo distópico, onde todo está basado nos "likes" e na estimulación das redes.

Aínda que isto, sexa unha realidade distópica, penso que ten paralelismos coa sociedade de hoxe en día, onde moita xente está centrada en gustar en redes, o que é moi triste, e quero compartir un tweet que vi sobre unha comparativa de Black Mirror e o sucedido en París en aninovo onde había case máis móbiles que persoas, e a xente non estaba desfrutando o momento.

Da web 1.0 á web 3.0
Ao longo dos anos, vimos como internet avanzou, e o uso das páxinas web foi así.

A web partiu da web 1.0, onde non había interacción, o usuario era un simple observador e non podía interactuar nin con quen levaba a web nin con ninguén entre sí, ademáis xerar unha web destas requería de moitos coñecementos de programación.

Co paso dos anos, saltamos á web 2.0, onde se integraron diferentes recursos, como a conectividade, o uso dende varios dispositivos e as redes sociales.

E nos últimos anos, avanzamos á web 3.0, que é a que nos concierne agora mesmo, coa pandemia da COVID-19 dimonos conta da importancia do conectivismo, de estar conectados coa xente, escoitamos termos como clases online, ou teletraballo, que case non se usaban, esta web 3.0 ademáis de integrar unha conectividade moi superior, integra como todo nos últimos anos a Intelixencia Artificial. E atopámonos co reto de que a IA, aínda non ten capacidade crítica, o que pode producir que de onde beben as IAs non teñan unha visión crítica, o que pode polarizar á sociedade, e sobre todo que os nenos vexan todo dende unha soa realidade, xa que sabemos que as IA poden estar programadas para que só vexas o que alguen quere que vexas, e poden fomentarse as fake news e a posverdade. Ademáis disto as dúbidas que xera a IA sobre a recopilación de datos privados da xente en internet. Son, sen dúbida os grandes perigos dun mundo tan hiperconectado.