A miña BD favorita by Pablo Gómez Rey

Enrique Valentín
Ola, eu son Enrique e teño 64 anos. Dende sempre son un gran lector de novela e ensaio, afeccionado ao cinema e fanático da historia da arte. Cando descubrín A banda deseñada para adultos resultaba ser a confluencia de todas as miñas afeccións porque bebía das temáticas da literatura, dos encuadres do cinema e da estética das vanguardias pictóricas.

Si teño que elexir un cómic elexiría El Incal de Moebius e Jodorowsky, que suman as súas capacidades creativas para facernos gozar dunha viaxe intergaláctica que fala de ciencia, tecnoloxía, conspiración, política ou misticismo facendo unha sátira das sociedades contemporaneas. Moebius ademáis de ser un espléndido debuxante foi unha destacada influencia no cinema na estética de Blade Runner e de toda a ciencia ficción dos anos 90.

Ignacio
Jimmy Corrigan, el chico más listo del mumdo Un cómic co que botei horas e horas 🤓 Ademáis da profundidade da trama, a destreza técnica de Chris Ware e as súas composicións son unha auténtica gozada!

Mafalda e o seu inconformismo
A principios dos anos 80, cando comezaba a miña adolescencia, descubrín a Mafalda na casa dunha amiga e para min supuxo unha auténtica apertura de mente. Nas súas viñetas atopei un xeito de mirar o mundo co que conectaba profundamente, mesmo antes de ser consciente de cal era a miña propia ideoloxía.

Mafalda cuestionaba as guerras, as inxustizas, as desigualdades e a orde establecida, e o seu inconformismo foi para min a voz que me impulsou a ter as miñas propias ideas e a defendelas sen acomodarme na saída fácil.

Co paso do tempo entendín que aquelas ideas que descubrín con apenas 13 anos formaban parte dun xeito de entender a sociedade co que sigo identificándome a día de hoxe. Por iso lembro a Mafalda cun cariño especial, como recordo do momento no que comecei a construír a miña propia mirada do mundo.

Rosalie Blum
Eu som Odilo, usuario da biblioteca. Actualmente estou goçando dumha licença de paternidade e umha das primeiras cousas que figem coa minha mulher e filho (quando o estado da mãe o permitu) foi achegar-me à Anxel Casal para surtir-nos de livros para este permiso.

Assim descubrim a Rosalie Blum, umha história que engaiolou a toda a família e pola que também tivemos a sorte de conhecer esta autora. Nom conto mais para animar-vos a que a leades.

Mui mui recomendável!

Patricia
Un dos cómics que máis disfrutei, non só pola súa técnica de mezcla de debuxos e bordados, senón tamén pola historia dunha muller contada pola súa filla, unha nena que non ten as ferramentas para entender todo o que pasa.

O relato ten moito máis, trata tamén o problema dos tratamentos farmacolóxicos e a asistencia sanitaria cando falamos de saúde mental, pero destaca esta historia familiar que é dura e amarga pero moi emocionante e bonita.

Jacobo
Daniel Warren Johnson decidiu un día mesturar monstruos lovecratianos, kaijus e música Heavy Metal; e de aquí saiu Murder Falcon. No seu momento collín esta obra pensando que me ía atopar un simple entrenemento, pero detrás dunha premisa   un pouco "flipada" diría que hai moito máis: a loita contra a depresión, e o poder da música e a amizade. Ademáis acompaña un debuxo espectacular que en mooitos momentos consigue emocionar por si só.

Sen ser o meu cómic favorito (non podería decir se existe tal, porque cada día diría un distinto), comparto este cómic para darlle visibilidade, máis alá da súa portada e a súa sinopsis que poden espantar a máis de un.

Esther e o seu mundo
Sempre agardando a romántica xuntanza do amor... BD nostálxica que marcou unha xeración, iso si, en clave feminina e emocional.

Mis comics favoritos son los de Corto Maltés de Hugo Pratt . Corto Es un viajero, un marinero irónico, casi un antihéroe capaz de viajar a cualquier lugar del mundo en busca de una aventura.

Sus aventuras se localizan en un contexto histórico muy determinado, de principios de siglo XX hasta la guerra civil española.

Pratt es un referente en el comic de aventuras, con un dibujo sencillo y dinámico, y unas tramas bien documentadas nos trasladan a unas aventuras con un ritmo frenético.

Hay aventuras excelentes como “Las célticas” sobre la independencia de Irlanda,”las etiópicas “ sobre la colonización de Abisinia por los Italianos.

Pero sin duda su mejor aventura es la más inesperada.

Rosa, 50 anos.

Entrañable libro sobre el arte contado desde un punto de vista cotidiano y poético. Huye de explicaciones sesudas y elitistas para enseñarnos lo que el arte puede aportar a nuestra vida. Los dibujos característicos de Sáez tienen mucha expresividad , con letras poco preciosistas y tachones. Es una defensa del arte en sentido amplio, más allá de lo figurativo.

Polas mans ou polos pés...
Pois iso, que resulta evidente que Joe Hill herdou o talento narrativo do seu pai, Stephen King, porque esta colección de Locke & Key e unha p... marabilla.

Do argumento canto menos se saiba mellor, pero digamos que a premisa é a dunha casa que agocha unha serie de chaves que abren portas moi pouco convencionais... E algunhas delas moi nocivas para a saúde física e mental de quen as emprega

O debuxo de G. Rodríguez absolutamente fabuloso

Sujeto: Juanjo; Edad: Demasiada; Comida favorita: Starbucks

Mi recomendación a los lectores de comics y manga es "20th Century Boys", una historia que se desarrolla en poco más de 20 tomos que sorprende por una narrativa compleja y una historia increíblemente interesante, contando con un dibujo muy sencillo y a la vez serio.

Creo que la obra de Naoki Urasawa es poco conocida, menos que Naruto o otros mangas de la colección. Pero creo que puede ser un excelente hallazgo probar leer esta historia que se encuentra completa en la colección de la biblioteca.

Un libro (máis ben unha serie, porque son seis volumes) que me encantou e que recomendo é Autobiografía de Shigeru Mizuki. Recoméndoo porque todo o que conta paréceme sorprendente, tanto pola narrativa que fai da súa vida como pola súa enorme capacidade de resiliencia. Paréceme un autor excepcional, non só pola súa produción artística senón tamén pola súa traxectoria vital: é un auténtico exemplo de superación, xa que non é nada doado perder un brazo e ter que reaprender a debuxar coa outra man.

Ademais, gústame moito a cultura xaponesa. Noutros libros seus aparecen moitos temas relacionados co folclore, especialmente a través dos yōkai,

Soy una matagigantes
Encantoume este cómic que descubrín a través da miña filla. Considero que as imaxes teñen moita forza e mostran unha nena solitaria e moi loitadora contra monstros xigantes imaxinarios e reais.

Jamás tendré 20 años
Esta é unha novela que me encantou e que coido que presenta un enfoque mais cotidiano e costumbrista da guerra civil e da posguerra. Está baseada na vida dos avós do autor e non por cotidianas deixan de ser vidas moi interesantes.

O autor ofrece uns debuxos fantásticos a todo color. O ritmo é moi agradable e como colofón, forma parte dunha triloxía que vai avanzando nas sucesivas xeracións da familia ata chegar ó propio Jaime Martín. A edición é fantástica, para redondear a experiencia.

A protagonista é unha desas mulleres determinadas que saliron adiante en tempos moi duros, incluso sen rematar a súa educación. Unha personaxe que, aínda que polo que parece e por desgracia parece que a inclusividade se percibe como unha especie de amenaza, resulta fresca e se agradece. Todo un referente.

-"É un mundo extraño." -"Manteñamolo así"
Na miña edición de Planetary aparece unha cita de Josh Whedon que di: "Planetary me obsesiona", e iso é exactamente o mesmo que me pasa a min. Planetary é un cómic de superheroes que nos presenta a tres protagonistas que pertencen a unha especie de fundación chamada Planetary, dedicada a encontrar, catalogar e manter as cousas estrañas do mundo.

A graza desta premisa é que en cada capítulo fálasenos dunha destas cousas estrañas que non deixan de ser (en gran medida) referencias a manifestacións da cultura popular do século XX (a grandes rasgos). Podemos atoparnos con películas de kaijus, cine de Hong Kong nos anos 80, o cambio que supuxo o selo Vértigo no cómic...

Planetary non só se dedica a mostrar referencias, senón que xera tramas arredor da interacción das diferentes referencias. Estamos diante dunha obra que nos fala da ficción en amplo espectro, catalogándoa e reflexionando sobre como nos relacionamos con ela e como inflúe no noso mundo, ao mesmo tempo que nos invita a facer arqueoloxía nestas referencias ao tempo que o fan os seus protagonistas.

Para min, From Hell é, ata o de agora, a mellor BD que lin, aínda que non é a miña favorita, porque non encaixa moito co meu estilo. Alan Moore lévate directamente á Inglaterra victoriana máis escura, mesturando misterio, historia e teorías que che fan darlle voltas á cabeza, incluso coa presenza da masonería na trama. Ao principio pode parecer algo densa, pero paga moito a pena se te deixas levar. O debuxo, aínda que pode parecer “feo”, dálle un aire moi inquietante que engancha aínda máis. Eu recomendaríaa sen dubidar a quen lle gusten as historias profundas e un pouco perturbadoras. Non é só sobre Jack o Destripador, é moito máis.

Paul (serie de 7 volumes)
Para min, a serie "Paul"  de Michel Rabagliati é unha lectura que che queda na cabeza… e tamén que che fai sorrir mentres pensas “isto son eu”. Porque si, aquí non hai superheroes nin grandes dramas, pero pasa de todo: a vida cotiá, as relacións, o paso do tempo.

Encántame o coidado do debuxo, limpo e expresivo, con esa influencia  inconfundible do cómic franco-belga. En “Paul na casa”, cóntanos como ve a vida cumpridos os 50 e como lle afectan certos cambios inesperados. Nótase unha mirada máis madura e algo melancólica. Tamén quero destacar “Rose en la isla”,  no que narra unha breve viaxe coa súa filla de 20 anos, unha ocasión para volver a establecer vínculos e afectos.

Akira, de Otomo Katsuhiro
Akira, de Otomo Katsuhiro é uma banda deseñada espectacular. Pola súa forma de narrar, polo detallado das súas ilustracións, polo que conta, polo que non conta, por como o conta...

Watchmen
Esta novela gráfica, inquietante e absorbente de igual xeito e que, a pesar dos anos transcurridos dende as súa publicación, segue a estar absolutamente vixente.

O control do poder por parte de multimillonarios psicópatas, o medo á unha guerra inminente, ou a inacción por parte da poboación son algúns dos temas que Alan Moore trata no seu cómic.

Absolutamente fantástica!

Habibi
Relacións, política, mística, arte, esoterismo, mundo árabe, fermosura e crueza.

Unha ilustración delicada e unha narración fluída presentadas nunha encuadernación que anticipa a xoia que contén.

Para disfroitar, descubrir e aprender.

Magasin général
Loisel e Tripp ofrécennos con sensibilidade e optimismo o relato dunha emancipación que pasa polo propio redescubrimento e o dereito a desfrutar da vida. Unha fábula profundamente humana en favor da tolerancia.

Abraiada con esta incursión da mitoloxía galega nunha historia de pandilla ao estilo Stranger Things. Desexando que saquen a terceira parte.

Impenetrable de Alix Garin
Impenetrable é un cómic autobiográfico no que a autora nos conta un problema médico e como es problema a afectou física e psicoloxicamente e como afectou tamén a todo o seu entorno. Alix Garin consegue falar de cousas moi íntimas e moi difíciles dunha maneira que se sente verdadeira. O debuxo é moi expresivo momentos nos que case non fai falta que ninguén diga nada porque unha postura ou un silencio xa transmiten o que está pasando. A obra está escrita a modo de confesión. Alix se sincera en todo momento e nárranos as complicacións e as posibles solucións da súa enfermidade. Un cómic moi real que pode axudar á xente e unha obra moi ben feita que pode gustar a todos os afeccionados á banda deseñada.

Las efímeras de Jeff Lemire
Lemire ten unha habilidade brutal para crear personaxes que parecen persoas reais, con silencios, arrepentimentos e afectos que nunca se expresan do todo. En Las efímeras, cada membro da familia leva as súas feridas ás costas, e a historia consegue que entendas a todos, incluso cando se equivocan. Hai unha melancolía constante, pero non é triste porque si; é esa sensación de mirar atrás e darse conta de que a vida pasa máis rápido do que nos gustaría.

Ademais, o debuxo do propio Lemire encaixa á perfección coa historia. É áspero, imperfecto e cheo de personalidade. Dá a impresión de que estás vendo recordos máis que escenas. E iso reforza moito a idea central do libro: como reconstruímos o pasado e como os recordos cambian co tempo.

Contrato con Deus de Will Eisner
Pese o que se adoita pensar, Contrato con Deus non foi a primeira novela gráfica, din que foi O Eternauta. Con todo, si foi a primeira en recoñecerse como tal. Tan grande foi o seu recoñecemento que sería a partir de entón cando se popularizaría o termo. Contrato con Deus reúne unha serie de historias curtas que suceden dentro dunha mesma unha avenida, a famosa avenida Dropsie, chea de personaxes que se moven polas mesmas rúas. A primeira historia, a de Frimme Hersh, paréceme especialmente poderosa porque trata dun tema moi humano: que pasa cando a vida rompe as promesas que pensabas que tiña contigo. A rabia, a fe, a perda e a sensación de inxustiza están retratadas dun xeito moi directo e moi honesto. Ademais e un cómic que ten algo que segue funcionando décadas despois

Ardalén de Miguelanxo Prado
Mestura realidade, memoria e fantasía dunha maneira natural e emocionante. Retrata a Galicia máis máxica con paisaxes que parecen ter vida propia. Ademais, os debuxos son impresionantes, e a cor que crea unha atmosfera única. A historia fai pensar sobre os recordos, a identidade e o paso do tempo. Segundo as crenzas populares, o Ardalén (ar do alén) é un vento do sur ou suroeste que sopra desde o mar cara a terra dentro que se orixina nas costas americanas e chega a suroeste de Europa tras atravesar o Océano Atlántico. Enche as terras do interior de cheiros a mar, a sal, a iodo e reaviva a chama de recordos esquecidos.

El informe de Brodeck de Manu Larcenet
El informe de Brodeck, de Manu Larcenet, é unha adaptación da novela de Philippe Claudel. Ten unha historia dura, chea de misterio e reflexión, que fala da culpa, do medo e da capacidade das persoas para facer o ben ou o mal. Transmite emocións moi profundas sen necesidade de grandes discursos. Ademais, o debuxo é en branco e negro e os paisaxes, as sombras e as expresións dos personaxes crean unha atmosfera intensa e envolvente. É unha obra que fai pensar moito nas consecuencias da violencia grupal.

Pilulas azuis de Frederik Peeters
Conta a historia de parella de Frederik e Cati e o seu fillo de 3 anos. Cati e o neno son seropositivos. O cómic é unha refelxión sobre o que supón convivir có VIH. É unha obra de 2001 e axudou a moita xente a entender mellor cales son as dúbidas e os medos de vivir este problema dende unha perspectiva moi sincera e humana.

Asa el ejecutor
O guión cóntanos a vida profesional do probador de katanas do Shogun. Aínda que é certo que proba algunhas espadas, a maior parte dos capítulos  empeza ou termina coa decapitación dalgún condenado á morte. Durante esta pasa algo ou dise algo que fai reflexionar a Asa. Pode ser querer saber porqué a última palabra do reo foi «tempo». Ou pode ser que o cumprir co seu deber fágalle gañarse a inimizade de todos os yakuza de Edo. Nas primeiras páxinas Asa axuda ao seu pai no seu suicidio e mata á primeira muller coa que se deitou. Logo ponse a teorizar sobre cortes de katana e a súa dificultade. Queda claro para o lector que non vai ser o típico manga de adolescentes no instituto. (Es la hora de las tortas)

Monstress de Marjorie Liu e Sana Takeda
Monstress engancha porque mestura fantasía escura, misterio e personaxes cunha chea de matices. O guión de Marjorie Liu constrúe un mundo enorme que aos poucos te atrapa, mentres o debuxo de Sa Takeda é simplemente espectacular, cheo de detalles que merece a pena deterse a mirar. É un cómic que sorprende, emociona e deixa con ganas de seguir descubrindo os seus segredos en cada novo capítulo.

La horda del contraviento de Éric Henninot
La horda de Contraviento, escrita e debuxada por Éric Henninot a partir da novela homónima de Alain Damasio. Un apaixonante e esixente relato que combina un guión profundo, personaxes ben construídos e un excelente traballo gráfico. A obra sitúanos nun mundo azoutado por un vento constante. Ás veces é unha simple brisa, outras un furacán destrutor, pero sempre está presente, soprando de leste a oeste e condicionando a vida de todos os habitantes. Cada xeración envía unha horda para que camiñe contravento, desde a cidade no extremo do mundo, ata Extremalto, a lendaria orixe dos ventos. Ningunha logrouno, xa que os perigos que hai no camiño son moitos e letais, pero esta é a horda número 34, a mellor que existiu nunca e o seu destino é ser a última delas. (Zona Negativa)

El final del verano de Tillie Walden
El final del verano móstranos a que foi a primeira obra desta nova e recoñecida artista, unha marabilla coa que podemos darnos conta da evolución de Walden. Dezanove anos tiña a autora cando fixo O final do verán e isto xa lle foi suficiente para chamar a atención. Coas seguintes xa iría crecendo ata obter nomeamentos e premios varios, o Eisner entre eles como non podía ser doutro xeito, pero sobre todo para gañarnos, pois a súa narrativa, o seu estilo de debuxo e as súas historias namoran. Ou esnaquizan. Depende do momento. (Zona Negativa)

Netchu, o neno momia
Netchu, o neno momia é unha divertida banda deseñada xuvenil que conta a historia dun rapaz do Antigo Exipto que esperta no mundo actual e debe adaptarse a unha realidade completamente descoñecida para el. Cunha mestura de humor, aventura e referencias históricas, a obra consegue entreter ao tempo que achega aos lectores máis novos á cultura exipcia. O seu debuxo expresivo e o ritmo áxil fan dela unha lectura amena e recomendable para quen busque unha historia orixinal e divertida en galego.

Fruits Basket de Natsuki Takaya
Ainda que nos primeiros tomos poida parecer un romance escolar xenérico cun pouco de fantasía, en realidade ten moito máis. Según avanza a trama, esta tórnase máis escura, deixando case a un lado a parte de fantasía e, en certo modo, o romance para profundizar nos problemas familiares dos personaxes, os seus traumas e o impacto da pérdida de seres queridos.

Ademáis, é moi divertido ver a evolución do debuxo. A obra comeza en 1998 e remata en 2008; polo que pódese ver a evolución dende o dibuxo típico dos mangas shoujo de finais dos 90 e o debuxo dos 2000.

Emigrantes de Shaun Tan
Shaun Tan consegue emocionar sen palabras, transmitindo o medo, a desilusión e a morriña, pero tamén a esperanza de alguén que ten que deixar o seu fogar para comezar unha nova vida nun lugar descoñecido.

Mentres o lía, non puiden evitar pensar na emigración galega. A pesar de estar situado nun país imaxinado, logrou que me lembrase das historias de todas esas persoas que tiveron que marchar de Galicia cara a América buscando un futuro mellor, deixando atrás a súa familia e a súa terra. Creo que precisamente por esa inconcreción consegue unha maior universalidade.

Basicamente é un libro do que calquera persoa pode gozar e sacar as súas propias conclusións.

Confuso primer amor
É unha historia de romance entre dous compañeiros de clase moi moi divertida e sinxela.

Ida cree que Aoki está namorado del por culpa dunha goma de borrar, cando en realidade esa goma pertence a Hashimoto, unha compañera de clase da que está namorado Aoki. Entón, para que Ida non descubra desa maneira os sentimentos de Hashimoto, Aoki mente dicindo que esa goma é súa.

Ademáis, gústame moito que, aínda que non é o centro da súa historia, tamén abordan temas máis serios como os prexuizos que aínda existen sobre os homosexuais e as parellas de persoas dun mismo sexo.

La Virgen Roja de Mary M. Talbot e Bryan Talbot
La Virgen Roja vai reconstruíndo a vida de Loise Michel a través dunha narración non lineal, o que fai que pouco a pouco se entenda mellor quen foi esta muller: educadora, poeta, oradora e revolucionaria, sempre comprometida coa igualdade, a educación e a defensa das persoas máis desfavorecidas.

O aspecto gráfico chamoume moito a atención. O uso case exclusivo do branco e negro crea unha atmosfera na que as aparicións puntuais do vermello teñen un impacto enorme. Ese contraste fai que determinados momentos da historia destaquen con moita forza e converte o vermello nun símbolo da revolución e da violencia, pero tamén da paixón e da esperanza por cambiar a sociedade.

Outra cousa que me pareceu moi interesante foi o gran traballo de documentación que hai detrás da obra. Nas últimas páxinas inclúense anotacións, referencias históricas, fotografías e textos da época, o que dá a sensación de que non se trata só dunha novela gráfica, senón tamén dunha porta de entrada para coñecer mellor a Comuna de París e esta figura histórica. Creo que consegue de maneira moi efectiva introducirnos a esta muller tan interesante e olvidada, así como transmitir o ambiente político e social da Francia do século XIX.

Una historia de violencia
Una historia de violencia de John Wagner e Vince Locke destaca pola súa capacidade para combinar suspense, drama e reflexión moral. Presenta personaxes complexos, cuestiona a identidade, mostra as consecuencias da violencia sen idealizala e mantén unha tensión constante.

300 de Frank Miller
Frank Miller crea unha historia chea de forza, cun debuxo espectacular e unha maneira de contar a batalla que impresiona moito. Transmite a valentía, o sacrificio e a épica. Cada páxina parece un cadro. A obra nárranos, exaxeradamente, unha das batallas, non a máis importante, pero si a máis simbólica por tratarse de todo un exemplo de valor, sacrificio e heroísmo. Falamos da “Batalla das Termopilas” , das segundas guerras Medicas , que dura 3 días, na que Miller nos narra o esforzo do Rey Leónidas e os seus 300 espartanos para frear o paso do emperador Jerges I e as súas numerosas tropas no estreito das Termópilas.

A triloxía de Los Dragones de té de Katie O´Neill
A triloxía Los dragones de té de Katie O’Neill é unha lectura moi agarimosa e perfecta para quen busca historias tranquilas e cheas de encanto. Mestura fantasía, amizade, respecto pola natureza e diversidade con ilustracións preciosas e moi coidadas. Os pequenos dragóns de té son adorables e forman parte dun mundo onde o importante é coidar dos demais, aprender con paciencia e valorar as tradicións. É unha obra que transmite calma, tenrura e esperanza en cada páxina. O primeiro volume gañou o Eisner a Mellor cómic Infantil e a Mellor Webcómic

O meu nome e Socorro e o meu debuxante favorito é o meu fillo Pedro Segade, por iso quero falarvos da súa última obra: La última Pieza.

Esta obra, cuxo guionista é Raúl Balen, é unha historia de atracos contada desde un punto de vista dramático, pero sen perder de vista o xénero fantástico. Esta mestura fai que, na súa lectura, sintámonos moi intrigados e con ganas de saber como acaba a historia. Se o guión é bo, o debuxo non queda atrás. Segade, xunto con Balen, que xa compartiron obras como Numancia ou Covadonga, forman un tándem que aínda se supera na Última Peza. Ademais, Segade é Compostelán, que máis se pode pedir?