Grupo LÓSTREGO B1, Educación Infantil by Patricia Montáns García

O cabalo dalle ó lobo un couce nos dentes
Versión propia:

A nespra pica no cu a raposa fermosa

Ía unha raposa moi fermosa e famenta camiñando por un carreiro de terra cando, de súpeto, viu ó lonxe un burro cunhas grandes orellas pastando na herba.
Á raposa chamoulle a atención que o burro andivese a falar só pero, coma tiña moita fame, decidiu achegarse ó seu carón.

-Oíches, levo dous días sen probar bocado, ou me das da túa comida, ou comereite sen pensalo! - dixolle a raposa ó burro.

-Pois has de ter que facelo porque eu comida non teño, pero antes de morrer gustaríame saber: de que cor teño os ollos? -dixo o burro.

-E logo? -preguntou a raposa.

-Pois porque a miña amiga a nespra estabame a dicir cando chegaches que tiña un ollo de cada cor, pero esta nespra é moi falangueira máis non lle gardo rencor porque no fondo ten bo corazón.-respondeu o burro.

-Pois achégateme ben e direiche se esa nespra ve ben. -dixolle a raposa.

O burro achegouse á raposa para amosarllos, e cando estaban un a carón do outro, a nespra saíu de detrás dunha xigantesca orella do burro e de súpeto... PAM!!!
A nespra picoulle no cú á raposa! Esta botou a correr monte arriba da dor que tiña e con tan mala sorte que aínda por riba pisou unha espiña.

-Mala chispa te coma, como ma xogaron o burro e a nespra a ver se aprendo desta. -dixo a raposa.

E colorín colorado este conto dáse por rematado, e quen non levante o cu quedaralle pegado.

O rato do monte e o da casa
Versión propia:

O canario de cidade e o merlo de  aldea

Un día de tormenta, un canario de cidade con moi bonita plumaxe viu pasar dende a súa fiestra a un merlo mollado e famento, que chegou desorientado polo vento.

O canario de cidade achegouse a él e díxo:

-Oes tí, como andas así de mollado e tan fraco?

-Desorienteime co tempo, e intentando buscar alimento cheguei aquí pola forza do vento. Xa que na aldea é imposible comer, anda o demo do falcón vixiando dende os balcóns e non me deixa comer nin un anaco de xamón. - respondeu o merlo.

-Ai meu amiguiño, eu se queres lévote conmigo, máis na miña casa fame non has de pasar. -dixo o canario.

-Máis vouche de boa gana cun prato de caldo non se lle nega a ninguén, agora ben se tes gata a túa casa non irei.

-Medo non debes ter que a miña gata nada che vai facer. -dixo o canario.

Entón, o merlo perdeu o medo e foi co seu amigo buscar abrigo.

Cando chegou ó piso viu a felina e preguntou:

-Seguro que esta gatiña non me vai saltar enriba?

-Non temas da gatiña que é ben mansiña. -respondeu o canario.

Cando entrou pola porta do piso ó merlo viu a gatiña, e tremenda gatiña, que tiña unhas garras que daban de todo menos risa.

O merlo, colliu tanto medo, que saiu escopeteado.

-Prefiro ter frío e fame a que me coma unha gata na cidade.

E aquí remata a historia dun merlo famento que volve a aldea sin probar alimento.