Reflexións finais de Observa-Acción by

V. H. (IES Xesús Taboada Chivite - Coordinadora - Dpto. LCL)
Chegamos ao momento das reflexións finais do programa Observa-Acción no que participamos neste curso 23/24.

Etapa Comparte:

A primeira etapa, que consistiu na observación entre docentes do mesmo centro educativo, xa resultou moi útil xa que observamos distintos aspectos de relevancia.

Así, entrar nunha aula a observar as dinámicas doutros docentes é moi produtivo porque, se funcionan, pódense adoptar e aplicar (aínda sendo de materias diferentes). Para min a participación activa do alumnado é unha peza clave e, nas dúas observacións que levei a cabo nesta primeira etapa, todo o alumnado se mostrou moi participativo nas actividades propostas polos meus compañeiros. Para lograr iso, o clima de aula é fundamental. Considero que fomentar un ambiente agradable na aula é o primeiro paso para que a práctica docente sexa exitosa. Soamente así se conseguirá que o alumnado se sinta cómodo e se mostre receptivo para acadar novos contidos.

Por último, nas dúas sesións que observei vin que os meus compañeiros tamén se adaptan aos distintos ritmos de ensinanza-aprendizaxe. Sempre temos que levar a cabo unha temporalización dos contidos; pero non sempre é posible cumprila porque o máis importante é ter en conta aos alumnos/as e debemos ser nós os que nos adaptemos a eles e non ao revés (en canto ao tempo se refire).

Por outra banda, debo aceptar que si que me poñía algo nerviosa o feito de sentirme observada; a pesar de que estou bastante acostumada a que haxa máis profesores comigo na aula. Non obstante, eses nervios desapareceron no momento en que comezou a sesión e, incluso, logrei esquecerme de que había alguén máis na aula que prestaba atención a como funcionaba todo.

Foi unha experiencia incrible e moi enriquecedora.

Etapa Acolle:

A segunda fase consistiu no emparellamento dos centros educativos que participamos neste programa. No noso caso, fomos emparellados co IES de Rodeira (Cangas).

Os primeiros en coñecernos en persoa fomos as coordinadoras e os directores en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro. Desde o primeiro momento existiu unha conexión especial que fixo que nos sentiramos os catro moi cómodos. Así como o clima de aula é importante para os/as nenos/as; tamén o é o ambiente que se xesta entre compañeiros de traballo. Deste xeito, comezamos a observar en que puntos se parecían os dous centros e en que nos diferenciabamos. Comprobamos que as liñas de traballo e os intereses eran similares o que, incluso, favorecerá colaboracións entre os dous institutos nun futuro próximo.

Despois desa reunión en Santiago, cada centro comezou a preparar a visita do outro instituto.

Os primeiros en recibir esa visita fomos o IES Xesús Taboada Chivite. Así, o 4 de marzo, chegaron os nosos invitados para pasar a xornada do luns con nós. Leváronse a cabo varias observacións (de aula e de explicacións de proxectos de centro; así como tamén lles mostramos no recreo algunhas das cancións do musical que estamos preparando este curso), compartimos un xantar xuntos no que aproveitamos para comentar as primeiras impresións da xornada e volvemos ao instituto despois de comer para continuar coas observacións que faltaban.

En segundo lugar, acudimos nós ao IES de Rodeira o 12 de marzo. Observamos varias clases, explicáronnos os seus proxectos, saímos xuntos a comer e regresamos ao centro para realizar as reflexións finais.

No meu caso en concreto, observei:

Unha clase de proxecto competencial na biblioteca que me gustou moito xa que foi moi dinámica.

Unha de Lingua Galega e Literatura (moi interesante tamén porque o alumnado estaba analizando un poema en grupos nos que cada un tiña asignado un rol que ían rotando).

Tamén observei unha sesión de titoría na que traballaron as emocións a través do programa que eles usan (KIVA).

Ademais, tamén estiven presente na explicación dos proxectos do centro.

Persoalmente, ambas etapas me gustaron. A primeira porque sempre podemos aprender uns de outros e moito máis cando existe un grado de confianza suficiente como para observar e que te observen sen sentirte incómodo/a. Ademais, ao existir esa confianza da que se fala, un pode dar a recibir ideas que poden funcionar na aula.

A segunda etapa foi, baixo o meu punto de vista, máis entretida no sentido de que implica realizar unha mobilidade ao outro centro para ver como traballan eles. No noso caso, tal e como xa se comentou, somos dous centros moi diferentes (comezando polo entorno) e á vez moi parecidos na forma de traballar. Había xente á que non coñecía aínda e coa que me sentín ben desde o primeiro momento polo que foi unha xornada moi agradable.

En definitiva, este programa de Observa-Acción paréceme moi útil por moitos motivos que xa se foron mencionando: aprender metodoloxías que logo se poden aplicar na aula, recibir feedback por parte dos/as compañeiros/as sobre o que observan nas nosas clases e que, así, podamos mellorar día a día, coñecer xente nova, visitar outros lugares / centros, etc. Se volvese atrás, volvería participar sen dúbida. Esperemos que superemos con éxito estas últimas tarefas para que o próximo curso sigamos desfrutando destas experiencias tan enriquecedoras.

C. S. P. (IES Xesús Taboada Chivite-Director-Dpto. Tecnoloxía)
Unha das ansias que teño como director do IES Xesús Taboada Chivite é a de impulsar proxectos/programas no centro que fagan que as nosas alumnas e alumnos teñan as mesmas oportunidades que alumnado de cidades ou de localidades próximas a estas, xa que a situación xeográfica de Verín complica ás veces achegar certas iniciativas.

Cando saiu a resolución do programa Observa-Acción pensei que podería ser unha oportunidade para ir introducindo no centro o mecanismo da observación entre iguais e ver como sería a resposta non só do profesorado senón tamén do alumnado. Dende esta perspectiva, digamos de axente xestor dunha entidade, debo dicir que estou moi satisfeito pola acollida do programa. Creo que as compañeiras e compañeiros que aceptaron participar teñen un sentir positivo da súa experiencia. É certo que as persoas que participan son docentes proactivos e que coordinan outros programas, polo que dende ese punto de vista un estaba tranquilo pola acollida do mesmo. Ademais tamén considero moi positiva a actuación da outra parte, a do alumnado, do que debo dicir que me sorprendeu a naturalidade coa que afrontou en liñas xerais formar parte dunha aula na que había varias ou varios docentes.

Dende a óptica de docente partícipe, fun observado e observei nas dúas etapas e gocei da mobilidade co IES de Rodeira. Na reflexión da etapa comparte xa indiquei que me sentín moi cómodo en calquera das ópticas: aprendín do feedback que recibín sendo observado, valorei que me desen a oportunidade de observar e vin que debemos de perder o medo a ser observados e a observar. Creo que esta primeira etapa é sensacional para incentivar este tipo de prácticas entre nós, sendo consciente de que aínda queda moito que andar, mais por algo se empeza.

Xa na etapa acolle co bo clima creado dende un inicio fixo que gozara moito cando acollemos e tamén cando nos acolleron. As dúas xornadas de visita foron intensas pero moi positivas. Da miña participación nesta etapa quedo sobre todo coa mobilidade feita a Cangas xa que aquí a observación abarcou un campo maior: non só vin a docentes traballando aspectos fixados polos centros previamente, senón que tamén vin a vida no centro, nos corredores, os recursos materiais e a súa disposición, etc. e iso creo que é moi enriquecedor. Novamente como axente xestor,  debo sinalar que levei ideas que perfectamente poden ter cabida no noso centro.

Por último, o clima de confianza creado dende un inicio, primeiramente polas persoas que coordinan o programa no centro de Cangas e logo polo profesorado participante, foi clave para que polo menos eu teña este sentir estando ademais seguro que de entre os dous centros poden emanar colaboracións futuras. Ao respecto tamén son consciente de que recibir no noso centro e ser recibido no outro, pode dar unha visión moito máis favorable do programa e por iso creo que sería positivo que aquelas persoas que non viaxaron puidesen facelo aínda que fose coma nunha terceira etapa que o programa puidese ofrecer, mesmo por valoración do que ata o de agora foi desenvolto, xa que isto podería afianzar aínda moito máis os lazos entre os centros, se ben tamén creo que a realización desta hipotética terceira etapa "recolle" debe ser materializada directamente polos dous centros nas propostas de colaboración amosadas.

J. P. R. (Vicedirectora) (Departamento de inglés)
Intercambiar experiencias e compartir recursos é unha práctica enriquecedora que promove a aprendizaxe activa, a diversidade cultural e o desenvolvemento de habilidades sociais. Neste caso, o programa Observa-Acción aumentou a miña motivación como docente e  inspiroume para poder ofrecer ao alumnado experiencias educativas emocionantes o que, agardo,contribuirá a aumentar o seu compromiso coa aprendizaxe.

Cada etapa do programa supuxo un reto e un compromiso para intercambiar metodoloxías de ensino efectivas, recursos educativos innovadores e estratexias para abordar os diferentes estilos de aprendizaxe.

Agora queda desenvolver o aprendido e seguir colaborando con otros centros creando lazos a longo prazo para poder desenvolver proxectos conxuntos e programas educativos innovadores.

M. F. (IES Xesús Taboada Chivite - Educación física)
Sendo esta a miña primeira experiencia con este tipo de programas, dicir que estou satisfeito. Considero que é unha gran oportunidade para aprender aspectos da docencia que son reais e aplicables, dende a xestión do clima da aula ata metodoloxías e ferramentas didácticas que poden ter aplicación directa en calquera das miñas clases.

Coa primeira etapa, a Etapa Comparte, asentamos o que sería a base de traballo deste programa, observando a compañeiros/as e sendo observados. Nun primeiro momento pensaba que os alumnos/as ían estar nerviosos ou que nós mesmos, como docentes, teríamos certo reparo a ter un elemento externo que en certo modo nos ía "avaliar". Pero nada máis lexos da realidade. Si ben foron un pouco atropeladas polos prazos, as conclusións que sacamos xa foron moi aproveitables, e as sensacións moi boas.

A segunda etapa, a Etapa Acolle, na que fomos emparellados cos compañeiros/as do IES de Rodeira, foi tamén unha experiencia moi boa. Tivemos a oportunidade de recibir en primeiro lugar aos profes do Rodeira, para logo ser varios de nós os que viaxamos a Cangas. Tanto as observacións como as experiencias compartidas, ao igual que na Etapa Comparte, foron moi satisfactorias. A título persoal, destacar do IES de Rodeira o emprazamento natural que teñen, as posibilidades que ofrece e o aproveitamento que fan do entorno.

En definitiva, para mín a experiencia foi satisfactoria, tal e como vou expresando xa ao longo desta reflexión final. Non tería ningún reparo, dende logo, en volver a participar nun programa coma este.

I. V. E. (IES de Rodeira- Vicedirectora- Dpto. Matemáticas)
O programa de observa-acción foi unha oportunidade moi valiosa para o noso centro. Non só puidemos compartir e intercambiar ideas con outro equipo docente, senón que tamén puidemos ver de primeira man diferentes enfoques pedagóxicos en acción. Esta experiencia reforzou a nosa convicción de que a colaboración entre centros é esencial para o desenvolvemento profesional e a mellora continua da calidade educativa. Estamos comprometidos en seguir participando en iniciativas semellantes e en fomentar unha cultura de colaboración e intercambio na nosa comunidade educativa.

A nivel individual, participar neste programa foi unha experiencia enriquecedora. Puiden compartir ideas e prácticas educativas co profesorado do outro centro, o que me permitiu ver a miña propia ensinanza desde novas perspectivas. A interacción coas súas dinámicas e métodos axudoume a reflexionar sobre a miña práctica e a mellorar as miñas estratexias de ensino.

M. N. (IES de Rodeira- Dpto. LCL)
A participación no programa Observa-Acción foi unha experiencia enriquecedora que me permitiu reflexionar sobre a práctica docente e interactuar con outros profesionais sobre diferentes metodoloxías, novas orientacións didácticas e o papel esencial da educación na sociedade actual.

Na primeira etapa, compartín a experiencia coa miña compañeira de Historia; puiden observar a súa metodoloxía destacando especialmente a importancia de abordar a educación emocional. Esta colaboración non só me permitiu aprender das súas técnicas e enfoques, senón tamén adaptalas e aplicalas co meu propio alumnado, enriquecendo así a práctica docente.

Na segunda etapa, a Etapa Acolle, fun observada en Proxecto de Biblioteca coas actividades relacionadas co 8M. Esta experiencia foi gratificante ao compartir ideas coa docente de Verín, descubrindo novas estratexias para abordar este tema de maneira efectiva e inclusiva.

O intercambio de experiencias co IES Xesús Taboada Chivite permitiunos coñecer diferentes enfoques educativos e compartir boas prácticas con docentes dun contexto diferente ao IES de Rodeira, enriquecendo a nosa visión e promovendo unha maior colaboración entre profesionais da educación.

En conclusión, a experiencia resultoume enriquecedora para a miña labor como docente. Permitiume compartir e aprender coa finalidade de ofrecer unha formación de calidade en beneficio do noso alumnado.

A. G. G. (IES de Rodeira - dpto. LGL)
Este era o segundo ano que participaba no programa Observa-Acción. O ano pasado participara co centro no que estaba, mais na etapa Acolle non cheguei a viaxar cos meus compañeiros. Decidín volver participar este ano porque a experiencia do ano pasado me pareceu moi enriquecedora, especialmente como docente que se iniciaba na profesión o curso pasado. Grazas á experiencia conseguín relativizar as inseguridades e aprender das metodoloxías que aplicaban os meus compañeiros en aula, que sempre é moito máis efectivo que aprendelo a nivel teórico. Tamén recibín consellos valiosos e reforzo positivo de compañeiros con máis experiencia.

Por iso, cando se propuxo en Rodeira participar no programa, non dubidei en sumarme de novo á experiencia. O máis interesante da etapa Comparte foi observar como explicaba a miña compañeira de Xª e Hª os contidos da materia que tiñan que ver en Historia da Arte en 4º ESO. Serviume de axuda para enfocar o ensino práctico dos contidos literarios, porque conseguía explicar os contidos máis teóricos dunha maneira activa e participativa que facía que os rapaces a seguisen. Tamén resultou interesante ver como se comportaba o alumnado da miña titoría en clase doutro docente.

Ademais, a gran novidade deste curso foi a posibilidade de viaxar ao outro centro na etapa Acolle. Creo que observar contextos educativos alleos ao noso nos fai reflexionar sobre as posibilidades do propio, sobre o que xa funciona ben e sobre o traballo que aínda se pode facer. As iniciativas innovadoras que observamos no IES Taboada Chivite déronnos ideas para aplicar no noso centro, tanto a nivel de materia e departamento como a nivel global. Ver en vivo como Belén traballaba coa radio, formación que estivemos traballando en Rodeira este curso, foi moi proveitoso para ver como organizar os tempos e as tarefas dun proxecto como ese. Estivo ben tamén comprobar que xa compartiamos diversas metodoloxías para fomentar o uso do galego na aula ou a participación activa.

Por último, foi enriquecedor ver os esforzos do centro por integrar proxectos innovadores para mellorar a convivencia no centro e a implicación do alumnado nas distintas iniciativas. Creo que todos volvemos para casa con moitas ideas novas e coa semente de novos proxectos que antes ou despois han xermolar.

L. R. L. (orientadora)
Cando o grupo de profesoras/es do IES Rodeira viñeron ao noso centro, unha das actividades onde eu podía aportar algo foi explicarlles, xunto co Director, como organizamos o programa TEI dentro do noso centro educativo. Foi moi ben acollido mostrando o seu interese na xestión do mesmo. Explicamos que parte do programa institucional de Bellido pero que como centro o temos adaptado  a nosa situación: CHIVI-TEI.

Unha das grandes valoracións foi a creación propia de todas as actividades TEI por parte do profesorado. Xunto a esta valoración fixeron unha aportación moi enriquecedora como foi a posibilidade de que esas actividades TEI foran elaboradas polo propio alumnado xa que así aínda estarían mais contextualizadas. Posiblemente sexa unha iniciativa a adoptar en próximos cursos.

B. F. (IES de Rodeira - Dpto. de inglés)
O intercambio de experiencias e a posibilidade de poder presenciar diferentes prácticas noutro centro, neste caso o IES Xesús Taboada Chivite foi moi enriquecedora en moitos aspectos. Por unha banda, no meu caso concreto, foi moi positivo poder observar o desenvolvemento dos Polos Creativos no centro, xa que nós estamos a instaurar este espacio no centro, e sírvenos de axuda escoitar cales foron os obstáculos que encontraron e como os solventaron no seu momento. Por outra banda, tiven a oportunidade de presenciar unha sesión da miña materia, e puiden aprender diferentes metodoloxías e estratexias para implementar nas miñas sesións. Así e en xeral diría que foi unha moi boa experiencia, especialmente a visita final.

G. G. (Lingua Galega e Literatura. IES de Rodeira)
Este programa permitiume coñecer novos compañeiros así como o funcionamento dun centro cunhas características distintas ao meu.

Neste sentido, considero que debemos enfocar as nosas aulas como espazos abertos e dinámicos, sen medo a sentirnos xulgados xa que a perspectiva que ten a persoa observadora é certamente reveladora e sempre achega unha visión que axuda a mellorar a nosa práctica docente, e ninguén mellor ca unha persoa que coñece de primeira man o día a día dun centro educativo.

Así pois, a valoración final desta experiencia está relacionada coa reflexión que todos e todas debemos facer sobre o noso traballo, a nosa metodoloxía e as nosas prácticas en tanto que estas deben ser o punto de partida para mellorar a nosa función docente.

Finalmente, quero agradecerlle ao meu equipo directivo a oportunidade de poder participar neste programa e tamén ao equipo do IES Taboada Chivite por acollernos con tanto agarimo.

S. M. (IES de Rodeira. Xª e Hª)
Participar no programa Observa-Acción foi unha experiencia moi enriquecedora. Un exemplo de que a colaboración entre nos, os profesores é primordial para impulsar a práctica docente cara a innovación e a mellora. Tiven a oportunidade de coñecer outras metodoloxías pedagóxicas, novos enfoques e algúns programas educativos que non coñecía (como a aula TEI). O mellor de todo foi que non foi unha aprendizaxe meramente teórica senon que puiden experimentala en vivo nas aulas, salón de actos, corredores...

Este intercambio entre o IES de Rodeira e o IES Xesús Taboada Chivite, tivo impacto na miña experiencia docente e anímame a continuar a traballar na aula de xeito cooperativo, xa que queda demostrado que cooperando apréndese máis: axuda a facer autoavaliación, e a afrontar  e resolver problemas para un desenvolvemento conxunto. Polo que o entorno educativo se converte nun marco onde se valora a empatía e a asertividade.

A colaboración entre nos  foi unha experiencia moi positiva que non me importaría repetir.

A. B. M. (IES Xesús Taboada Chivite-Dep. Galego)
A pesar de xa participar nalgunha experiencia de docencia compartida onde tamén se emprega a observacción, este programa foi enriquecedor. A primeira etapa, entre docentes do noso centro, onde puiden ver como organizaban as clases outras compañeiras, e facer unha análise crítica do meu traballo, foi  a de maior aprendizaxe para min, aínda que boto de menos que durara máis tempo e puideramos compartir máis impresións. Na segunda das etapas, co intercambio co profesorado do IES de Ribeira, tamén engadiría máis tempo, pois unha xornada foi apertada para poder compartir metodoloxías e aprofundar no funcionamento do seu centro e adaptar aquilo que é aplicable ó noso.  Unha experiencia enriquecedora á que lle daría máis tempo, en definitiva.

L. B. (IES Rodeira -Dpto. Lingua Castelá e Literatura)
Compartir recursos e diferentes experiencias, a priori, é sempre enriquecedor. Esta é unha das máximas deste programa Observa-Acción, que aínda que non aproveitei ao máximo, de feito resultou proveitoso e satisfactorio.

Primeiro, para perder ese medo a ser observado (e tamén a observar). Segundo, para cerciorarnos de que a aula, como espazo dinámico que é, debe acoller diversas metodoloxías, fuxindo de enfoques unipersoais nos que ás veces, sen querer, nos acomodadmos.

Pola miña banda, observei a unha das miñas compañeiras de Lingua Castelá en aulas de 2º de bacharelato (que nunca impartín ata o momento) e tamén de Proxecto Competencial. Sesións moi dinámicas, ambas, que aproveitarei para futuras prácticas docentes. Compartín ademáis algún recurso das miñas clases, relacionado cun proxecto moi interesante para levar a fotografía ás aulas.

En fin, unha moi boa experiencia para disfrutar e aprender, mentres a nosa axenda o permita.

Y. S. (IES de Rodeira - Dpto. de Matemáticas
A verdade é que foi moi enriquecedor participar no programa Observa-Acción.

Na primeira etapa, a observación entre docentes do noso centro, contemplei a clase dun compañeiro que imparte a mesma materia, na que observei, por exemplo, como engancha aos alumn@s dende o principio cunha actividade introductoria sobre os contidos do día.

A min non me tocou viaxar a Verín, pero os compañeiros contáronos a experiencia vivida, sobre todo no caso da xestión dos Polos Creativos xa que son coordinadora dun grupo de traballo dentro do PFPP.

No momento de acoller aos compañeiros de Verín, entraron nunha clase na que teño o rol de profesora de apoio, é dicir, somos dous profesores traballando na aula ao mesmo tempo, e así observaron unha maneira que temos de atender mellor a diversidade.

Resumindo, foi unha experiencia beneficiosa para o meu desenvolvemento como docente.

R. A. (IES Xesús Taboada Chivite- Dpto de Relixión Evanxélica-Coordinadora Biblioteca)
Chegados á fase final e de reflexión no programa Observa-Acción podo concluír que a miña participación no mesmo foi totalmente satisfactoria, tanto na etapa Comparte como na etapa Acolle.

Na primeira, realicei dúas observacións e aprendín moito das miñas compañeiras, destacando a enerxía, dinamismo  e o “bo rollo” xerado nunha delas e  o conseguir que os alumnos e alumnas realicen as súas propias aprendizaxes, sen darlles todo “masticado”, na outra.

Na segunda etapa, cando acollemos ao IES de Rodeira, encargueime de explicarlles o funcionamento da Biblioteca e de dar a coñecer aquelas actividades máis motivadoras para o noso alumnado.

Na visita ao IES de Rodeira, observei: unha clase de matemáticas, na que puiden apreciar que o reforzo positivo funciona cos alumnos e alumnas, aos que lles custan máis as matemáticas, unha clase de lingua galega, na que o alumnado traballaba en grupos e cada un tiña un rol diferente, o que fomenta a súa autonomía e o traballo cooperativo e o proxecto competencial da biblioteca, da que me trouxen moitas cousas anotadas, xa que, ao levar moitos anos coordinando a Biblioteca, ás veces, as ideas esgótanse.  De feito, trataremos de mobilizar ao alumnado non só nos recreos se non tamén en horas lectivas para dinamizar a Biblioteca, tal e como nos fixeron ver nas súas observacións os docentes do IES de Rodeira.

En definitiva, unha experiencia totalmente positiva, tanto a nivel persoal como docente.

R. E. (IES Rodeira. Dpto. de Xeografía e Historia)
Participar no programa Observa-Acción supuxo para min unha forma novidosa de aprendizaxe. A colaboración entre colegas, a observación de prácticas docentes diferentes e o intercambio de ideas, abriume a novas posibilidades educativas que, de seguro, enriquecerán a miña práctica docente.

Como reflexión individual quería destacar algunhas cuestións:

-En primeiro lugar dicir que iniciei o programa con moitas dubidas e algún receo pero o resultado final foi moi satisfactorio tendo a intención de repetir outro ano máis.

-O programa resulta moi rendíbel polo fomento dunha aprendizaxe práctica e directa, moito máis interesante que a aprendizaxe teórica.

-A exposición do traballo a outros compañeiros do centro foi unha experiencia gratificante pero desfrutei mais coñecendo as súas metodoloxías e enfoques didácticos que me permitiron saír da miña zona de confort amosándome outras formas de abordar a práctica docente e o traballo na aula.

-O programa facilita o intercambio de experiencias, a innovación, o reto, a curiosidade... nun ámbito profesional que debe dar resposta ás necesidades dunha sociedade e dun alumnado cambiante ano a ano.

-Finalmente, o programa motiva para experimentar con novas posibilidades educativas, que seguramente non teríamos en conta a non ser porque as descubrimos grazas a extraordinarios compañeiros que nos acompañan nesta aventura de Observa-Acción.

R. V. (IES de Rodeira - Matemáticas)
A miña participación, na primeira fase, consistiu en observar e ser observado na aula. Na segunda fun observado por dúas profesoras dos IES Taboada Chivite nunha sesión na que me acompañaba na aula unha profesora de apoio. O obxectivo era que viran como facemos clases cunha profesora de apoio na aula. Espero que esta sesión lles fora de agrado ás profesoras do Instituto, pero obviamente, ao non ir eu alá a Verín, esta segunda fase pouco me aportou. É verdade que os meus compañeiros comentáronme aquelo que mais lles chamou a atención do centro, e ao escoitalos quedáronme ganas de ter ido. Da primeira fase, o certo é que como nos temos clases de reforzo no que entramos nas clases dos nosos compañeiros da mesma materia, xa estamos acostumados a ver as clases doutros profesores, e a verdade que é unha experiencia moi enriquecedora, e na miña opinión, moi recomendable.

D. G. (IES de Rodeira- Dpto de Xeografía e Historia)
Cando escoitei por primeira vez as características do programa observa-acción chamoume moito a atención o feito de que seríamos observados na nosa práctica docente e teño que confesar que sentín un pouco de inquedanza nese momento. Sen embargo, cando a miña compañeira de Lingua Castelá entrou na aula para observar a miña clase, sentinme moi cómoda e agradezo moitísimo as súas observacións e achegas sobre como mellorar os tempos, as tarefas e conseguir unha maior atención e implicación do alumnado. Pola miña parte, foi moi enriquecedor para min observar a súa clase de Linga Castelá con alumnado do programa de diversificación curricular, nunha clase moi dinámica e participativa, onde o alumnado tiña que comentar distintas fontes de información. En conclusión, penso que este intercambio de experiencias foi moi positivo para ambas, o que repercutirá favorablemente na nosa práctica diaria.

A. J. C. P. (IES Taboada Chivite -Docente de Filosofía)
Pese a certo temor inicial -nunca me expuxera na miña labor docente con outros colegas de profesión-, o proxecto resultou ser profundamente enriquecedor; non só fun capaz de superar certos medos persoais, senón que tiven a oportunidade de observar técnicas, recursos e modalidades de ensinanza que sen dúbida incorporarei as miñas clases.

Por outra banda, poder compartir vivencias co profesorado doutro centro deunos a oportunidade de pensar novos camiños docentes aínda non transitados polo noso centro.

Agora só resta asimilar e incorporar o aprendido.

I. R. (IES Xesús Taboada Chivite - Francés)
Para min esta foi a segunda experiencia no programa Observa_Acción, xa que puiden disfrutar dela hai dous anos na Escola de Idiomas de Pontevedra. Ó igual que aquel ano, valoro este programa como unha gran oportunidade de saír da túa zona de confort e coñecemento para enriquecerte co traballo dos demais compañeiros/as así como recibir consellos e puntos de vista diferentes de como realizar o teu traballo.

Na etapa comparte, emparelleime con dúas materias diferentes: lingua inglesa e educación física. Aínda que as linguas estranxeiras son o meu campo, hei de dicir que se aprende igualmente de materias diferentes porque tanto a metodoloxía, como o traballo en grupo como incluso as actividades son perfectamente aplicables a miña materia. Como exemplo, expoñer o caso de Miguel, o profesor de EF, que puntúa os exercicios mediante gamificación cunha gama moi ampla de posibilidades para obter puntuación. En canto ó alumnado debo dicir que si me sorprendeu gratamente, xa que normalizaron este preceso de observación e tiveron o mesmo comportamento que outro día calquera de clase.

Na segunda parte, a etapa acolle, o enriquecemento foi a nivel máis xeral, de centro. Pero igualmente interesante. Nesa xornada puidemos compartir experiencias do funcionamento do centro e descubrir estratexias e sistemas que, no meu caso, eran descoñecidas como o programa KiVa.

Como aspecto negativo e a mellorar destacaría a premura da primeira fase. Considero que foi moi apresurada, con poucas observacións e non se apreveitou na súa totalidade.

En resumo, estou satisfeito de formar parte deste programa xa que é un proxecto que suma tanto a nivel persoal coma de centro. Valoro moi positivamente que as aulas se abran a compañeiros/as e que se compartan coñecementos e experiencias que redundarán, sen dúbida, na mellora da calidade da ensinanza do alumnado.

B. P. (IES Taboada Chivite - Dpto. Filosofía)
O programa de intercambio de experiencias Observa_acción ten un sentido formativo. Como tal así o vivín. Desde o comezo da miña andaina como profesora tiven claro que este é un oficio que require unha formación constante. Pero esta formación para min ten moito que ver co diálogo. Cas conversas informais que teño con outros/as profesores/as, nas que cuestiono, reviso e reformulo a miña metodoloxía, os meus obxectivos, ou a relación co alumnado e o clima na aula. En canto souben deste programa quixen participar porque xera un espazo formal, no que non só se potencia o diálogo e o intercambio cos pares, senón que ademais podemos observar e ser observadas. Deste xeito o que pasa normalmente por unha discusión teórica tradúcese en experiencia. Falando cunha compañeira que non participou neste programa, explicábame que noutros países é frecuente que o profesorado entre nas aulas doutros/as profesores/as. Esta é a semente que deixa este programa. Abre un camiño a seguir.

Na etapa comparte observei a outra profesora cun grupo ao que lle imparto clase. Iso permitiume ver e entender como funcionaba o grupo con outro profesorado. Deste xeito, a imaxe que teño do grupo fíxose máis complexa e rica. Detectando detalles que pasaran desapercibidos, e permitíndome atender ao meu propio proceso de ensino-aprendizaxe desde outra óptica. Creo que non sempre entendemos todo o que facemos nin como o facemos. Hai cuestións que foxen da nosa análise porque para nós están normalizadas. É connatural a calquera tarefa humana que certos aspectos do noso desempeño pasen desapercibidos. E serve esta reflexión tamén para o momento en que fun observada. A observación e a retroalimentación serviron para detectar fortalezas das que non era consciente.

Na etapa acolle, ao recibir aos/ás compañeiros/as de Cangas falamos do que supón para un centro ter unha radio, as súas posibilidades e retos. A través da historia do proxecto de Radio Chivite eu mesma fun quen de ver como evolucionou, como se vai transformando e construíndo en cada etapa. Na visita a Cangas aproveitei moito as observacións. Entendendo enfoques distintos do programa Erasmus ou da Biblioteca, que son importables e así, aproveitables por nós.

En suma, a experiencia dótanos dunha formidable e polivalente caixa de ferramentas: novas formas de analizar e entender o noso traballo, que temos a man e imos implementando.

S. N. (IES de Rodeira)
Todo comezou cunha formación á que asistín como director sen moito entusiasmo. Mais cando fun escoitando as charlas de compañeiros e asesores, así como no intercambio de opinións informais durante a xornada deime de conta que era unha oportunidade para coñecernos e activarnos como Claustro. Pareceume unha oportunidade de facer equipo e traballar como equipo.

Á volta, sabendo que o grupo de formacion de aprendizaxe cooperativa xa facían observacións entre eles, propúxenllo como forma de recoñecer o que viñan facendo e poder observar outros centros. A Mila sorpresa veu cando, ao proporlle a idea ao Claustro, se anotou moita máis xente da que contaba. Así, dun proxecto para "os de cooperativo" volveuse nun proxecto de centro.

Na primeira etapa permitiunos coñecernos, aprender do que facemos e practicar esa ollada para aprender e mellorar, sen prexuízos. Serviu para valorar o traballo dos compañeiros, de ver que as máis das veces temos moito do que aprender de quen temos ao noso carón.

Xa na etapa acolle, ademais do excelente papel que os compañeiros do Xesús Taboada Chivite fixeron, serviunos para ver outras realidades, coñecer outras formas de facer os mesmos programas e mesmo para valorar fortalezas que non sabiamos.

Ao meu ver, é unha experiencia que debería ser obrigada para todo docente, na medida en que leva a un proceso de autorreflexión sobre o noso traballo, imprescindible para lograr melloras e avanzar.

F. P. (IES de Rodeira)
O meu interese por participar neste programa nace da experiencia positiva que tiven hai tempo compartindo aula con outros compañeiros. Pasei varios anos como docente noutro país onde é moi habitual que os profesores entren nas aulas dos seus colegas e mesmo que impartan aulas en común. Isto axudoume a habituarme axiña a outra forma de entender a práctica pedagóxica, e a entender que a posta en común da nosa experiencia na aula, lonxe de ser algo invasivo ou molesto, é unha ferramenta moi valiosa para mellorar como profesores, e mesmo algo divertido.

Aínda que non puiden implicarme tanto como quixera, o máis enriquecedor para min foi poder compartir a experiencia dos compañeiros de Verín na organización das mobilidades Erasmus, das que son coordenador. As ideas e as prácticas que me transmitiu a Vicedirectora do IES Taboada Chivite, con quen tiven o pracer de coincidir nunhas xornadas Erasmus fóronnos de moita utilidade na nosa organización. Pola miña banda, agardo que a presentación do noso programa Erasmus durante a visita que os compañeiros de Verín fixeron ao noso centro teña sido igualmente útil.