Tarefa módulo 6 by Ana Suarez

LIM(Libro Interactivo Multimedia)
Lim é unha ferramenta excelente tanto dende o punto de vista do aprendiz como do docente. Unha das súas vantaxes é o seu fácil manexo. Tamén é importante dicir que é gratuita, funciona como unha páxina web co cal non require instalación. Antes de crear o noso libro temos que configuralo. Funciona con contidos de todo tipo vídeo, texto, audio, imaxe. Podemos crear actividades moi variadas dende textos con imaxe a máis lúdicas como puzles, quizes, sopas de letras. Existen un total de 45 tipos de actividades autoavaliables!. Se estamos moi perdidos podemos botarlle un vistazo a libros xa creados e ata compartir os nosos libros con outros docentes ou aprendices. En conclusión cumple ben os 7 criterios que escollín: autoridade, propósito, utilización, organización, interactividade, multimedia, retroalimentación.

Padlet
Isto debería titularse "Metapadlet"! Un dos puntos fortes de padlet é que facilita moitísimo a interacción entre aprendices e docentes. A comunicación é moi rápida e directa co cal o feedback(retroalimentación) dunha tarefa tamén  o podería ser. Pódense facer comentarios, engadir un post con imaxes, vídeos, etc.Cumple perfectamente o criterio de multimedia. Tamén é sinxela de usar(acredito porque é a primeira vez que a uso!). Eu rexistreime co meu correo electrónico, elexín unha plantilla e a comezar. A versión gratuita deixache crear ata 3 padlets por usuario. Iso sí o número de posts que podes facer é ilimitado. Outro punto atractivo é que podes empregar un formato moi variado: texto, imaxe, hipervínculos e vídeos.

Mentimeter
Mentimeter tamén é unha ferramenta gratuita. Aínda que se pode usar en presentacións de calquer ámbito, emprégase moito para a ensinanza e aprendizaxe de linguas. Podemos rexistrarnos co noso correo electrónico. Como alumnos recibiríamos un código co que acceder a un mentimeter concreto feito por un docente. Non fai falla instalar nada o cal facilita o acceso en calquera ordenador con acceso á rede. Aínda non usei este recurso pero chamoume a atención sobre todo que ofrece un feedback en tempo real en cuestinonarios en enquisas. Paréceme que pode dar moi bos resultados . Por todo isto, recursos que representa moi ben os criterios de utilización, interactividade, multimedia e retroalimentación.

Genial.ly
Por criterio de "autoridade" parece que estamos ante un dos recursos máis empregados e recomendados sobre todo en educación. De novo temos que rexistrarnos, sirve empregar o noso correo como nos outros casos. Ten unha versión gratuita con creacións e visualizacións ilimitadas, e outra de versión de pago que pode ser interesante se empregamos moito esta ferramenta. O máis interesante desta última versión é que se pode ver sen conexión. Genial.ly cumpre moi ben o "propósito" pois está dirixido e pensado para atraer ao aprendiz. É un recurso fundamental se pensamos na autonomía: cada un vai descubrindo e traballando ao seu ritmo.  A "interactividade" é máxima, é unha canle directa.
Ofrece un total de 125 plantillas que pode resultar abrumador. Eu creo que o mellor será comezar empregando unha plantilla xa feita e a partir de aí modificala ao noso gusto. Tamén ten unha galería para inspirarse que seguro nos será de axuda aos novos usuarios.
Creo que é o recurso máis completo que atopei ata o momento porque permite facer presentacións con imaxes e iconas interactivas, tamén gamificación, etc. Creo vai  ser a primeira ferramenta que poña en práctica.

Por último  escollín esta ferramenta porque é unha das que máis me sirven a min como aprendiz da lingua meta:inglés. Creo que o criterio de autoridade se cumple completamente. É unha paxina moi recoñecida por todos. Non necesita rexistrarse aínda que podes facerlo. Moitos dos vídeos están en YouTube. Hai un congreso anual de conferencias que se chama Ted Conference pero despois  organizan un montón de charlas, as máis recoñecibles Ted Talks. O máis moitvador é a calidade e diversidade de temas e conferenciantes. Sexa cal sexa o noso interés, seguro que hai unha charla ao respecto. Penso que hai un material excelente para contidos CLIL. Ademáis TED-Ed facilita ferramentas a docentes ou estudiantes que queiran facer a súa aportación. Favorece a creatividade e democratiza a forma de poder chegar a unha gran audiencia cando a idea merece a pena. Cumpre o criterio de retroalimentación pois podes expresar a túa opinión sobre o vídeo. Como docentes podes crear e compartir as túas leccións con outros. As leccións sempre teñen a mesma estructura, co cal o criterio de organización da seguridade. A partir do primeiro visionado do vídeo, pódense facer unha variedade de actividades dende  un multiple choice a un debate. Despois pásase a unha parte onde se pode profundizar máis sobre o tema para finalmente chegar a unha conclusión. Unha pega que se lle pode poñer a esta fonte de contidos é o nivel de lingua, ás veces é moi demandante dependento do nivel do aprendiz. Moitos vídeos ofrece subtítulos en español ou en inglés. Para min como aprendiz é un formato moi motivador e sempre  atopo algo interesante. Outra vantaxe é que soe haber moitos vídeos curtos que sempre son máis adaptable ao ritmos da vida e da aula.